Humor Grandecheo: NA CASA DO ABADE, COMEDE, BEBEDE, LEVADE.

 Cambados 2 de Agosto de 2010
O ENOLOGO JORGE DOMINGUEZ "HERBELLA", GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO DO ALBARIÑO
É UN DOS MAIS LAUREADOS NA FESTA.
ESTE ANO GAÑOU COA ADEGA "SEÑORIO DE RUBIÓS"

Jorge Hervella posando con varios amigos e membros de UnhaGrande Chea
O albariño Señorío de Rubiós, da adega das Neves Coto Redondo, obtivo a medalla de ouro desta edición da Festa do Albariño de Cambados. O caldo xa fora recoñecido co primeiro premio en 2008, e o ano pasado recibira o bronce.
O colleiteiro responsable desta marca, Antonio Méndez, mostrouse satisfeito polos recoñecementos que o seu viño mereceu nos catro anos que leva presentándose ao certame cambadés. O adegueiro explicou que, “ademais de facer un bo albariño”, Coto Redondo quere “apostar firmemente” polos tintos das Rías Baixas e impulsar un viño branco da subzona do río Tea. Engadiu ademáis que ten o mellor enólogo hoxe por hoxe en Galicia, o ribadaviense afincado en Cambados Jorge Dominguez “Hervella” que segundo Ménde é o verdadeiro artífice deste premio. Jorge xa é o cuarto primeiro premio que consegue na Festa  do albariño, un record o alcance de moi poucos.
A medalla de prata foi outorgada ao viño Pioneiro, de Portas, e O Casal, de Ribadumia, obtivo a de bronce.
A entrega destes premios foi a culminación dun día no que centos de persoas saíron á rúa para presenciar a tradicional marcha do Capítulo Serenísimo do Albariño e para ver de cerca á actriz María Castro, que foi recibida con berros de recoñecemento polo seu último traballo televisivo.

 

RAJOY RECIBIDO EN CAMBADOS  CON MÁIS ASUBÍOS QUE APLAUSOS

 

  

Rajoy evita falar do cinto de seguridade na Festa do Albariño
O líder do PP acudiu á Festa do Albariño, na localidade pontevedresa de Cambados, onde atopou un recibimento non demasiado afagador: apupos e asubíos. Aínda que tamén se escoitaron algúns aplausos. Rajoy evitou falar do cinto de seguridade.
Como todos os anos, o líder do Partido Popular acudiu á localidade de Cambados, en Galicia. Nestas datas celébrase a Festa do Albariño, típico viño da terra, e Rajoy quería celebrar o inicio das vacacións con esta tradicional cita.
Pero á súa chegada, os asistentes á celebración recibiron ao xefe da oposición con asubíos e apupos. Escóitase como lle increpan, e ínstanlle a marcharse: "¡Fóra, Fóra!". Mentres, escoitábanse levemente algúns aplausos.
Nova recollida de “Liberdade Dixital”, páxina nada sospeitosa de ser de esquerdas.

 

CONCURSO  DE CAMISETAS:

Os gañadores do concurso.

Finalmente, a camiseta gañadora do primeiro premio, que se levou 600 euros, era de cor vermella e foi ideada por un grupo de 45 persoas. Nela podíase ler «Paul escolleu con que brindar pola vitoria non Mundial» e no debuxo central víase como o polbo elixía unha botella de viño tinto. Pola parte de atrás rematábase a mensaxe. «¿E que carallo saberá un polbo de viño…? Pero acompañar, acompáñao de PM… I love Paul-Bo a Feira». O grupo gañador do segundo premio, 300 euros, elixira a cor amarela, combinado co verde, para o seu deseño. Neste caso a parte frontal dicía «Inisiándose na fe» ( coa imaxe dun home na cruz cunha botella de albariño na man). Nas costas levaban escrito «Eu traijo viño dá casa que nos casetas cravan a Cristo». Este grupo, formado por 25 amigos, aínda non sabe que fará co diñeiro do premio, pero teñen claro que o empregarán en «facer algo todos xuntos».

A PEÑA MÁIS NUMEROSA: OS COMEPIPAS

Os "Comepipas" chegaron a facer más de 80 camisetas este ano.

Sen dúbida algunha a peña máis numerosa este ano no Albariño, foi a dos “Comepipas” composta por máis de 80 membros, os cales lucian unha camiseta moi orixinal de catro cores.

Preme AQUI para ver un video resumo da festa.

 
 
 
Cambados 31 de xullo de 2010

ACTOS PARA HOXE E PARA MAÑAN NO ALBARIÑO

TODOS PREPARADOS XA PARA “RECIBIR” A TODA CORTE DO PARTIDO POPULAR MAÑÁN DOMINGO

Sábado 31 de xullo

LVIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO

Alborada a cargo de grupos de gaitas .

11:00 h No Parador de Turismo CATA PRIMA.

12:00 h “III Regata Calmoseira” de embarcacións tradicionais. O Campo de regata estará comprendido entre o peirao de Santomé, boias do Galiñeiro e peirao de Tragove.

13:00 h Apertura dos Stands de degustación.

13:15 h No Pazo de Torrado solemne acto de irmandamento entre o Viño Albariño e os Viños de Cangas de Narcea. O acto será oficiado polos máximos representantes do Capítulo Serenísimo e os da Confraría dos Viños de Cangas de Narcea.

13:30 h e 21:30 h “Músicas do Mundo” percusión e ritmos no Paseo de Calzada DEGGO-SENEGAL e PERQTORES-GALICIA.

22:30 h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras COSTA BLANCA e SOBROSITO.

23:00 h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coa actuación en directo de KATE RYAN

Domingo 01 de agosto

Alborada a cargo de grupos de gaitas

11:00 h No complexo Polideportivo de O Pombal XXIV Campionato de Chave do Albariño

11:15 h No Parador de Turismo CATA DERRADEIRA.

13:00 h Apertura dos Stands de degustación.

13:00 h Na Casa do Concello RECEPCIÓN DE AUTORIDADES.

13:20 h Saída do desfile do CAPíTULO SERENíSIMO DO ALBARIÑO, das diversas Confrarías e das Autoridades cara Fefiñáns acompañados dos grupos folclóricos de Cambados.

14:00 h e 18:00 h “Músicas do Mundo” percusión e ritmos no Paseo de Calzada PERQTORESGALICIA.

13:45 h No Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns Solemne Acto de INVESTIDURA DAS DAMAS E CABALEIROS DO ALBARIÑO, no que se fará entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata.

14:30 h Xantar Oficial do Albariño coa lectura do Pregón, apertura polo Sr. Notario do sobre que contén os nomes dos viños premiados na LVIII Festa do Albariño e actuación dos Danzantes de Cobas cos Carballeiras.

22:00 h Na Praza do concello verbena popular coa actuación da Orquestra LEMBRANZA

22:30 h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coa actuación de BLACK STONES e REINA MALA.

24:00 h No peirao de Cambados, como colofón de LVIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO, GRAN

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO.

 

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s