Cambados 29 de xullo de 2010
MAÑA “HOMBRES G” EN CAMBADOS.
ACTOS PREVISTO PARA MAÑAN VENRES 30 DE XULLO
Os presidentes das peñas máis veteranas de Cambados, Eduardo Dolado de "Chejar e Encher" e Chon de "Unha Grande Chea", inauguraron a Festa do Albariño a súa maneira pese o desprezo do Concello hacia das mesmas, Egidio acompañaos na foto.
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
10:00 h-11:30h e de 11:30 h-13:00 h No Centro Sociocultural a Merced en colaboración coa Cruz Vermella talleres e xogos sobre cooperación, compartir, ser solidario etc.
13:00 h Apertura dos Stands de degustación.
13:30 h e 22:00 h “Músicas do Mundo” percusión e ritmos na rúa a cargo de DEGGO-SENEGAL
16:00 h No Museo Etnográfico e do Viño Xornadas Técnicas do Albariño. Participación de expertos en tramites administrativos, no cultivo, elaboración e comercialización do viño.
20:30 h Praza do concello “O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS”
Concurso de cata saudable e motivación sensorial para os máis pequenos.
21:00 h Na praza do Concello CONCERTO-SHOW DOS DEBUXOS
DA TELE CON BOB ESPONJA, POCOYÓ, SHIN CHAN, LOS SIMPSON, HELLO KITTY…”
22:30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación da orquestra RIA DE AROSA Y NARANJA
23:00h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coa actuación en directo de HOMBRES G.
Lembramoche que xa podes ver as fotos do mércores do Albariño en “As Nosas fotos”.
Cambados 28 de xullo de 2010
ADELA LEIRO ESTRENA PÁXINA WEB
Esta páxina está pensada para recoller o seu traballo de case coarenta anos e poñelo a disposición das persoas que poidan estar interesadas. Viaxes, rutas, experiencias, investigacións, traballos didácticos, con Galiza como eixo temático e, ocasionalmente, outros lugares e países. Tentou combinar traballos onde relata as suas impresións e experiencias sobre os moitos lugares visitados, á vez que amosar a riqueza e a variedade do grande e a inapreciable calidade do próximo, do pequeno e do cotián que podemos atopar neste noso país.
Este traballo débelle moito a todas as persoas, empresas e institucións que foi buscando ou atopando nos moitos percorridos realizados e á información que outras persoas puxeron na rede. E, sobre todo, aos colaboradores e colaboradoras cos que compartíu proxectos.
Cambados 28 de xullo de 2010
HOXE INAGUROUSE O ALBARIÑO
LOUZAN, MOI TARDON RETRASOU A INAUGURACIÓN
OS VIKINGOS FIXERONSE NOTAR E UNHA GRANDE CHEA ESTIVO CON ELES.
LVIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
José Maria en representación de Unha Grande Chea, cos vikingos que estiveron con Cambados.
Hoxe tivo lugar a inauguración da festa con bastante retraso xa que o Sr. Louzán fixose de rogar e chegou as duas da tarde, cando a inuguración estaba previstas para as 13 horas, cunha calor de xustiza, sobre todo para os nenos de Xironxa que tiñan que tocar. Louzan non tivo piedade de ningén.
ACTOS PARA MAÑA XOVES:
Alborada con grupos de gaitas, animación e charanga Apeles.
13:00 h Apertura dos Stands de degustación.
21:00 h “Músicas do Mundo” percusión e ritmos na rúa a cargo de DEGGO-SENEGAL.
22:00 h na Praza do Concello actuación das orquestras ORQUESTRA INTERNACIONAL D TACÓN E DÚO PERLAS
22:30 h Na Praza de Fefiñáns XIII GALA DO ALBARIÑO onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismo e Comunicación Social. A continuación en concerto actuación en directo de M3, PASTORA SOLER, MIKEL ERENTXUN E ALEX UBAGO.
DIARIO DE AROUSA TIVO NO SEU ESPECIAL COMO PROTAGONISTA A UNHA GRANDECHEA, PREME NO SEGUINTE ARQUIVO PARA VER A REPORTAXE:
Cambados 28 de xullo de 2010
MANOLO PAZ NOVAMENTE NO CANDELEIRO
O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA PODEMOLO VER CON OUTROS ARTISTAS NO PAZO DE TORRADO.
Manolo Paz , cos xenuinos membros de Unha Grande Chea.
O Pazo Torrado de Cambados, acolle desde onte unha exposición con obras que invitan a reflexionar sobre o ámbito artístico internacional con referencias emocionais, simbólicas ou físicas en Galicia.
A mostra, inaugurada hoxe, exhibe fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e inclúe obras como as do fotógrafo e os escultores pontevedreses Virgilio Viéitez, Francisco Leiro e Manolo Paz, respectivamente.
O espectador atopa en ‘Xeografías contemporáneas. Obras da colección do CGAC’ creacións nas que se aprecia a ironía e a disposición á crítica sobre temas como a identidade, o illamento do ser humano e fenómenos de mestizaxe cultural, entre outros.
A exposición cumpre o compromiso de achegar a arte contemporánea galego aos concellos e comarcas galegas, sendo importante a iniciativa do CGAC de "sacar parte" da colección dos seus depósitos" e deseñar unha exposición "atractiva".
A mostra recolle a "territorialidad" e a "identidade única" de Galicia, e exposicións deste tipo quedan patentes as "grandes metáforas do home e da muller" de Galicia.
Á inauguración asistiron o director do CGAC, Miguel von Hafe; e a comisaria da exposición, Christina Ferreira.
Cambados 27 de xullo de 2010
¡¡¡PREPARADOS!!!, ¡¡¡LISTOS!!!, ¡¡¡XA!!!
MAÑÁ EMPEZA A FESTA MÁIS GRANDE DO MUNDO
ACTOS PARA MAÑÁ MÉRCORES 28 DE XULLO
LVIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
10:00 h-11:00 h 17:00 h-21:00 h na praia de SanTomé Torneo de Volei Praia.
13:00 h No Paseo da Calzada inauguración da LVIII EDICIÓN DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO a cargo do Conselleiro do Medio Rural, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Delegado Territorial da Xunta e o Alcalde de Cambados.
13:15 h Apertura dos Stands de degustación.
19:00 h No parque de Torrado festa infantil con inchables, Taller de xoiería con semillas, animación e agasallos patrocinada por Gas Natural.
21:00 h“Músicas do Mundo” percusión e ritmos na rúa a cargo de DEGGO-SENEGAL
22:00 h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación de POCEIRO.
22:30 h Na praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coa actuación en directo do grupos UNDERTOWN, NOISE PROJECT e LOVE OF LESBIAN.
Cambados 27 de xullo de 2010
“COAS FESTAS INTENTO ANIMAR A XENTE QUE NON DISFRACE SÓ NO ENTROIDO”
BEA MOARES PROPIETARIA DO BAR ESCUMA, EN CAMBADOS
Bea Moares leva case un ano rexentando ou bar Escuma, un dous máis coñecidos de Cambados, pero é unha experta no mundo dá hostalería. Leva xa once neste mundo e seis deles traballando no bar co seu antigo doo.
1.-Que fixo que collese ou bar?
Bea Mores.–Apareceu a oportunidade e aproveiteina. Levaba xa seis anos traballando aquí, polo que era un sitio coñecido e xa sabía como era o ambiente e a forma de traballo.
2.-De onde saen as ideas desas festas que fai no bar?
B.M.-Son ideas miñas, pero tamén polo que me di a xente na páxina do bar en Facebook ou Tuenti. Xa fixemos a festa do estudante» ou a dous «prezos anticrisis». Intento animar a todos a que non só disfrácen en Entroido, é unha forma de que o pasen ben sen gastar moito. Ademais encántame decorar o local, xa o facía antes cando traballaba como empregada, pero agora que o bar é meu faime aínda máis ilusión.
3-A difusión nas redes sociais axuda o negocio?
BM.-A verdade é que si, pero tamén o boca a boca. Ata hai xente de fóra que vén a bar pola curiosidade dá festa e pásano xenial. Sempre acaban preguntando cando será a seguinte.
4.-Haberá algunha novidade de face ao Albariño?
BM.- Se, temos pensado abrir a cociña desde as 13 horas ata peche e manter os prezos de todo o ano.
Unha entrevista de Carolina Laya.
Cambados 27 de xullo de 2010
OLIVIA GUTIÉRREZ E ALICIA ROMERO, ELIXIDAS RAÍÑAS DA LVIII FESTA DO ALBARIÑO
A cincuenta e oito edición da Festa do Albariño xa ten ás súas dúas raíñas, a infantil, que será a nena de Fefiñáns de seis anos de idade Olivia Gutiérrez Oboukhova, e a maior, a veciña de Santo Tome, Alicia Romeu Prado, de 17 anos.
Elas foron elixidas polo xurado deste ano como as dúas guapas entre as guapas cambadesas que aspiraron a lograr este prestixioso recoñecemento, que lles permitirá protagonizar, desde o seu papel de raíñas, parte dos actos públicos da Festa do Albariño.
Na categoría infantil, xunto a Olivia partició a súa irmá Elia e outras tres mozas. A nai da protagonista, Olga, afirma que a nena, que comezará o ano que vén os estudos de Primaria, está “contenta, pero moi sorprendida”, pois esperaba que fose a súa irmá, un ano maior, a que gañase. Antes que ela, unha amiga súa xa lograra o título de raíña infantil en 2009. Este ano tocoulle á anterior vencedora axudar a Olivia a sucedela no trono.
Alicia Romero será quen acompañe á pequena gañadora como primeira das catro mozas que se presentaron na categoría de maiores. aos seus 17 anos, Alicia está a un ano de terminar Secundaria e espera poder dar o salto á Universidade para estudar Criminoloxía, pois se recoñece unha fan da serie televisiva CSI e de todo este mundo que, a moitos outros, resultaralles truculento, pero a ela non tanto.
E como nas notas as cousas non van mal, só suspendeu Lingua Castelá, espero aprobar en setembro, prevee, a nai de Alicia pensou en apuntar á súa filla no certame de beleza do Albariño.
Aínda que ao principio á moza de Santo Tome non lle fixo moita graza o asunto, debido ao seu temor a falar en público, finalmente decidiuse a competir polo título e, agora que xa é seu, promete facelo o mellor posible, sen esquecer pasarllo ben como unha cambadesa máis cando a responsabilidade do seu cargo permítallo. A primeira delas será mañá ao mediodía, cando Alicia e Olivia acompañarán ao alcalde, Luís Aragunde, na inauguración oficial das festas.
Cambados 27 de xullo de 2010
O ABERTO “POLVO PAULIÑO" DE BILLARDA, INFORMANOS ONDE XANTAR.
Como xa informabamos fai uns días o vindeiro día 31 de xullo ás 17 horas en Adina-Portonovo na pista de quick, ao lado do comaposanto vai ter lugar o Primeiro Aberto de Billarda “Polvo Pauliño”, organizado pola LNB (Liga Nacional de Billarda). Con tal motivo os organizadoress fixeronnos saber o lugar onde se vai xantar para información xeral dos que se queiran achegar ali, podes acceder a toda información sobre do mesmo premendo AQUÍ, o prezo do ménú é de 12 €, podes acadar maís información chamandi directamente o telefono 986 69 15 71.
Cambados 26 de xullo de 2010
UN POLICÍA AMEAZA A UNHA ANDALUZA POR USAR O GALEGO
¡¡¡MANDA CARALLO !!! (expresión de U.G.CH. o ler a nova-)
O PAÍS – Santiago – 26/07/2010
Estaba na Alameda de Compostela e quería chegar á praza de Pescadería Vella. Ao cruzar no semáforo da entrada ao casco histórico na noite do sábado, en plenas festas do Apóstolo, unha xornalista do PAÍS, andaluza, preguntou a unha señora por onde tiña que ir usando o nome oficial do lugar, en galego. Fíxoo á beira dun grupo de independentistas que se concentraban pacíficamente, rodeados por decenas de axentes da Policía Nacional. Un antidisturbio agarrouna do brazo: "Aquí no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tu, que eres de fuera, deberías saberlo", reprendeulle. Acto seguido espetoulle: "Corre, no vaya ser que te demos unas hostias". Foi antes de que os antidisturbios comezasen a cargar contra os concentrados.
O policia pode ler a noticia en castelán premendo AQUÍ.
Cambados 26 de xullo de 2010
UNHA CAMBADESA DE “10”
TETE MARTINEZ ARENAZ CONSIGUE ESA NOTA NO SEU PROXECTO DE FIN DE CARREIRA.
EN INXENERIA TECNICA DE OBRAS PÚBLICAS
Tete no centro escoltada pola asúa aboa, a súa irmá e os seus pais.
A Cambadesa Tete Martinez Arenaz ven de conseguir un dez no seu proxecto de fin de carreira presentado na Universidade de A Coruña, na facultade de Inxeneria Ténica en obras Públicas, entre as funcións deste inxenieros destacan a de participar en proxectos que teñan por obxecto a contrucción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe e explotación de ben inmobles sendo os sectores donde ten máis saída as obas públicas, a administración pública, ministerios de Fomento, Medio Ambiente, de Defensa, de Educación, Cultura e Deporte, centros de estudio e experimentación de obras públicas, INI, etc. Seguramente , e coido que non nos equivocamos o dicilo que este “afección” pola inxenieria tecnica de obras públicas ven a Tete por parte do su pai oicontratrista cambadés Chiño. Parabéns a Tete e de seguro que non vai pasar poito tempo en atopar “chollo”.
Cambados 25 de xullo de 2010
CAMPIONATO DE VOLEI 3X3
ORGANIZADO POLO XAV CAMBADOS
Co patrocinio do Concello de Cambados, o Clube Voleibol XAV Cambados organiza para o próximo mércores 28 de Xullo unha xornada recreativa-deportiva co Torneo de Volei-Praia a celebrar na praia de San Tomé.
O torneo xogarase no formato 3×3 aínda que os equipos deberán estar compostos por catro membros e ademáis deberán ser mixtos ( en idade e sexo).
A competición que comenzará ás dez da mañá, abarcará a xornada matinal e continuará ás cinco da tarde ata o remate de tódolos partidos.
Animamos a comunidade deportiva de Cambados e arredores a participar nesta nova edición do torneo.
Haberá trofeos para os mellores equipos, aínda que gañar neste caso non é o máis importante.
A inscripción é gratuita chamando ó teléfono 648 090795.
Cambados 25 de xullo de 2010
SOBRE O XANTAR DO ALBARIÑO
Creo que é preciso insistir unha vez máis sobre o tema. O goberno municipal parece disposto a non tomar en consideración a proposta da oposición de destinar os cartos da comida do albariño a Esperanza Salnés, hoxe aparece unha nova proposta na prensa que quizais tampouco sexa tida en conta, ao mellor simplemente porque ven da oposición, podes vela aquí.
A miúdo os políticos que gobernan esquecen que representan a toda a cidadanía e que teñen que gobernar polo interese de toda ela, anque gobernen grazas aos votos dunha parte dela. Tamén esquecen que son representantes do pobo, tal como di a dotrina da Soberanía popular enunciada por Rousseau e que é a base do noso sistema político; o poder é do pobo que o delega provisionalmente non representantes elixidos, que teñen a obriga de gobernar en beneficio de toda a comunidade. Esquecen igualmente que os cartos que xestionan son nosos e proveñen dos nosos impostos, que eses cartos son de todos e non de ninguén como a miúdo pensan.
Que poden facer os cidadáns cando non se goberna en beneficio de tod@s?, de momento protestar, e neste día reivindicativo do 25 de xullo gustaríame decirlles aos nosos gobernantes que ao mellor chega un día en que a cidadanía se farta e cae na conta de dúas cousas: de que non necesitamos aos políticos e de que nós somos máis. Imaxínense un 14 de xullo de 1789 en París coas novas tecnoloxías, "quedamos na Bastilla ás oito horas, levade paus, pásao". En fin non é unha amenaza, só historia-ficción, para que a nosa clase política reflexione e caia na conta de que non pode gobernar de costas á cidadanía e ao sentido común.
E volvo ao xantar do Albariño, intentemos protestar unha vez máis, xa que Aragunde non nos fai caso vamos probar co seu xefe, escríbelle a Feijóo, que acaba de anunciar uns presupostos moi restrictivos para o ano 2011 e que non lle pode pagar ao Estado os cartos que lle debe, anque seguramente non faltará á comida o próximo domingo. Eu xa lle escribín máis ou menos esto:
"Estimado Sr. Feijóo, como está denunciando na prensa estes días a deteriorada situación das arcas públicas galegas quixera pedirlle que faga entrar en razón ao alcalde do noso pobo de Cambados, o Sr. Aragunde. A oposición municipal fíxolle unha proposta: que os cartos da comida do Albariño se destinaran a unha asociación de nenos discapacitados que a miúdo pasa por dificultades, pero este non a considerou porque dí que o noso Concello ten cartos dabondo para invitar a 600 persoas (x 50 euros persoa=30.000 euros) e que a comida é tradición e se vai a seguir facendo coma nos últimos 57 anos. A miña proposta é de que non é preciso suspender a comida, inclusive que o pobo de Cambados os invita gustosamente a vostede, ao noso alcalde e aos homenaxeados a comer, simplemente os restantes 500 e pico invitados teñen que pagar o seu prato e ese diñeiro será destinado á Asociación Esperanza Salnés, creo que nos tempos de dificultades que atravesamos é unha proposta razoable, Reciba un cordial saúdo".
Un artigo de Maribel Iglesias Baldonedo.