Humor Grandecheo: O QUE DE MOZO NON TRABALLA, DE VELLO DORME NA PALLA

Cambados 25 de xullo de 2010

EXPOSICIÓN COLECTIVA DE VERÁN

NA GALERIA BORRÓN 4 DE CAMBADOS

 

Dende o 23 de xullo e ate o 14 de Agosto a Galeria Borrón 4 de Cambados, ten o precer de ofrecer a todo o púliboco en xeral a “Exposición Colectiva de Verán”, a cargo dos artistas  Celestino Monteiro, Antón Sobral, Baldo Ramos, maria Isabel Pintado, Luis F. Vila e Adonis Escudero. A exposión estará aberta o público de martes a sábado de 11.30 a 14 horas e de 18.30 a 21.30 horas. A Galeria Borrón está situada na Avda. de Galicia Nº 39 de Cambados , o seu teléfono eo 986520122 e o seu e-mail borron4@terra.es

 

 

Cambados 23 de xullo de 2010

VANESA ROMERO SERÁ A MESTRA DE CERIMONIAS O PRÓXIMO 1 DE AGOSTO
 O POLEMICO CONSELLEIRO ROBERTO VARELA SERÁ PREGOEIRO E NOVO CABALEIRO NAS FESTAS DO ALBARIÑO DE CAMBADOS

UN “BO PREMIO” PARA TAN ESCASO VAGAXE, OUTRO DOS PREMIADOS O “CONSELLEIRO IMPUTADO” AGUSTIN HERNÁNDEZ.

O RESTO DOS MORTAIS QUEDAMOS UN ANO MÁIS SEN PREGÓN.

  

Os dous conselleiros máis polemicos desta lexislatura Roberto Varela e Agustin Hernández, van ser nomeados cabaleiros.

O Concello de Cambados deu a coñecer esta mañá o nome das damas e cabaleiros que entrarán este ano a formar parte do Serenísimo Capítulo da Orde do Albariño. Así o próximo día un de agosto serán investidos no patio de armas do Pazo de Fefiñáns, catro cabaleiros e dúas damas, como comentou o alcalde de Cambados, Luís Aragunde: "Cabaleiros, temos a Roberto Varela, concelleiro de Cultura da Xunta, -famoso pola sua incompatencia segundo a firmaron as mellores plumas do noso pais cando pediron a súa dimisión polo desprezo hacia a cultura galega- ; tamén de cabaleiro, ao propietario de Adegas La Val, José Limeres Guille; temos de dama do Albariño a María Castro, a famosa actriz; a Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente imputado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por un presunto delito de falsidade documental. Doutra banda temos a Soledad Puértolas, a famosa escritora (máis información en www.soledadpuertolas.com ), e para rematar temos a Ricardo García Borregón Millán, propietario do pazo Torrado, onde empezou a festa do Albariño, precisamente", pero ese non é o seu mérito principal, senón que é Deputado Provincial da Deputación da Coruña polo PP.

   

Tamén van ser nomeados damas e cabaleiros Maria Castro, Ricardo Garcia, Soledad Puértolas e José Limeres

Ademais, tamén se coñece xa quen exercerá de pregoeiro o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, como recoñecemento á celebración neste 2010 ao Ano Xacobeo , tendo como demérito entre outras cousas o ben que traduce os nomes galegos o castelan caso de “Desván de los Monjes” por Sobrado dos Monxes (Preme AQUÍ para velo), e novamente o restos dos mortais quedamos sen pregón , xa que como todos sabedes o Albariño é única festa na que o pregón é privado.

A actriz Vanesa Romero

 

Engadir que exercerá de madriña de cerimonia a modelo e actriz Vanesa Romero quen

 comezou a súa andaina no mundo da Tv ao presentar o programa “Noite de Impacto”, para pasar despues a presentar “Os 40 principais”, onde conseguiu certo éxito, aínda que sen dúbida onde Vanessa a alcanzado a fama foi ao participar no serie “Aquí non hai quen Viva”.

 

 

 

Cambados 23 de xullo de 2010

ACTOS PARA  O VENRES 23 DE XULLO EN CAMBADOS

O MAIS IMPORTANTE:  A FESTA DANCE MÁXIMA

 

10:00-14:00 h e 16:00-20:00 h XII Escola de Verán de Vela no peirao de Tragove.

10:15 h Dende a Praza do Concello excursión ao Club Hípico

Amazonas e a praia fluvial de Pontecaldelas para nenos a partir de 8 anos.

11:00 h Dende o peirao de Rianxo XXVI Remonte da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla polas embarcacións que desexen participar das vilas integrantes do Camiño. Nos actos participarán os integrantes da Ruta QUETZAL e Miguel de la Cuadra Salcedo.

12:30 h No salón de Congresos e Exposicións J. Peña Festa da Xuventude organizada pola Asociación Xuvenil “Retranca”.

17:00 h Campionato de futbolín no Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

23:00 h Na Illa das Goritas- porto deportivo de Cambados FESTA DANCE MÁXIMA FM con DJ ARTURO GRAO, DJ MIGUEL VIZCAINO EDJ DANI MORENO. Misys Bea &Pablo Méndez performances – Gogo´s – Live Act – Visuales… Actuación dos DJ´S da emisora virtual Conexión Dance.

 

 

 

Cambados 22 de xullo de 2010

I ABERTO DE BILLARDA “POLVO PAULIÑO”

O vindeiro día 31 de xullo ás 17 horas en Adina-Portonovo na pista de quick, ao lado do comaposanto vai ter lugar o Primeiro Aberto de Billarda “Polvo Pauliño”, organizado pola LNB  (Liga Nacional de Billarda).

Está nacendo unha franquicia no Salnés para participar na LNB. Se estades interesados, acudiede a este Aberto, e asi terán a ocasión de coñcervos. A “alma mater” é Xan Rodiño, e con varios compañeiros de Sanxenxo queren defundir a práctica deste deporte. Esperanvos en Adina.

 

 

 

Cambados 22 de xullo de 2010

O RIF EN CONCERTO

Este fin de semana poñemos fin a todo o programa do noso XIº Aniversario, para ir quentando, o Venres 23 sesión que enfrontará a  BITO vs COMOMEPOS e o Sábado 24 dende as 23:30h. teremos en concerto a PARTiCULAS INESTABLES presentado o seu exclusivo show "***der!!!"

 

Cambados 22 de julio de 2010

OS SOLICITANTES DAS BECAS TEÑEN UN MES MAIS PARA PEDILAS

O prazo para que os estudantes universitarios ou de ciclos superiores, residentes fose do termo municipal de Cambados soliciten as bolsas do curso 2009- 2010, acaba o próximo 25 de agosto.

Aqueles que presenten o impreso de solicitude teñen que aprobar como mínimo a metade das materias nas que se matricularon. A contía das axudas é de 6.000 euros.

Os interesados poden recoller a solicitude, de 10 a 14 horas, no centro sociocultural da Merced. Unha vez cubertas, deben entregarse no rexistro xeral do Concello.

 

 

 

Cambados 22 de xullo de 2010
NACE A COMISIÓN PROMOTORA DE “GALIZA CO GALEGO”

 
Con motivo de ter que desenvolver unha chea de actividades cara a poder poñer en marcha a organización que faga posíbel a rede popular de ensino en Galego, unha rede de iniciativa social e popular, teñen organizado unha Comisión promotora de “Galiza co Galego” para a cal precisan do teu apoio como soci@.
A cota de soci@ é de 10 euros anuais, que lles é precisa para desenvolver o traballo, facer campañas divulgativas, organización de actos….
Así achegan un arquivo FollafiliciaciónCGG.pdf (preme AQUÍ para velo) para que ou imprimas,ou cubras, e llo fagas chegar a sede dá Asociación, para darche de alta.
O pago dá cota debe de ser feito por ingreso ou transferencia a conta bancaria en:
Caixa Galicia nº 2091-0806-19-3040613027. Cando realices ou ingreso fai constar non concepto “cota anual CGG”, no caso de que poidas mandalle un email de confirmación.

 

 

 

Cambados 22 de xullo do 2010

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN DO 25 DE XULLO NO CORTEXO DO SALNÉS

“Somos unha nación” é o lema que levará a faixa da nosa comarca o 25 na manifestación, ademais de combativa queremos que un ano máis a manifestación sexa alegre de xeito que todas as persoas que participemos  poidamos combinar va reivindicación política co orgullo de pertencer a unha patria que se chama Galiza.

Animamos a todas as persoas da comarca que asistan a que leven instrumentos musicais e bandeiras para enchermos a marcha de música e cor.

A cita para as persoas que queiran ir detrás da faixa da comarca do Salnés é o domingo ás 11:40h. diante do café Azul que está ao entrar na zona vella desde a Alameda no inicio da rúa do Franco á dereita (a uns 50 metros do lugar no que se sitúa a cabeceira)

 

 

 

Cambados 21 de xullo de 2010

CONCURSO DE CAMISETAS DE ALBARIÑO

ORGANIZADO POR CAMBADOS ZONA CENTRO

A Asociación de Cambados Zona Centro ven de organizar, como xa fixera noutras edicións o concurso de camisetas do Albariño, para proceder a inscribirse e recoller as bases acudir as oficinas de Cambados Zona Centro en horario de 9 a 14 horas na rúa Ourense Nº 8. O concursante deberá deixar depositada unha camiseta. E derradeiro dia de inscripción é o vindeiro 30 de xullo. Para máis información chamar o telefono 986520902 (ext.742). O primeiro premio está dotado con 600 € e o segundo premio con 300 €.

 

Actividades  para mañá Xoves 22 de xullo

10:00-14:00 h e 16:00-20.00 h XII Escola de Verán de Vela no peirao de Tragove.

22:30 h Na Praza da Escalinata de San Tome Ciclo “Música de Adros e Prazas” coa interpretación a cargo do grupo folk ATAMAIS

 

 

 

Cambados 21 de xullo de 2010

CONFERENCIA NAS ADEGAS MARTIN CODAX

“VALLE INCLÁN E A II REPUBLICA”

A CARGO DE EMILIO GRANDIO SEOANE

 

O vindeiro venres 23 de xullo ás 20 horas terá lugar unha interesante conferencia  a cargo do Profesor de Historia Contemporanea da Universidade de Santiago D. Emilio Grandio Seoane. O acto terá lugar no Salón da Adega Martín Codax en Burgáns-Vilariño. Posteriormente  haberá unha actuación de música clásica (violonchelo e violín) a cargo de Manuel e Sara Lorenzo Valentin.

 

 

 

Cambados 21 de xullo de 2010

IMPRESIONANTE A ACTUACIÓN DE “TREIXADURA”

O  DVD DO CONCERTO SERÁ REGALADO  COA SAIDA DO SU VINDEIRO CD

O SEU TITULO SERÁ “ESA SI QUE É MUIÑADA”

O sabádo os que estivemos na praza do Concello de Cambados  poidemos gozar dunha fenomenal actuación de Treixadura. O concerto foi gravado pola produtora Casa de Tolos e será regalado na saida do seu vindeiro CD que levará por titulo “Esa si que é muiñada”, pechando así a catroloxia “Unha Noite no Muiño”, “Unha noite non é nada” e “Unha Semaniña enteira”.  Este ano además é XX aniversario desta lexendaria agrupación e a mellor de Galicia, sen dúbida, no seu estilo.

Máis info: www.treixadura.com, http://www.casadetolos.com/diario/

TONIÑO: 609805837

XAQUÍN: 609048450

AQUÍ PODES VER AS FOTOS DA ACTUACIÓN DE TREIXADURA O SÁBADO PASADO:

ACTUACION DE TREIXADURA EN CAMBADOS 17/07/2010

 

 
 
 
Cambados 21 de xullo de 2010

UNHA GRANDE CHEA FAILLE UNHA PROPOSTA O CONCELLO

QUE AS PEÑAS “CHEGAR E ENCHER” E “UNHA GRANDE CHEA” SEXAN PROTAGONISTAS ESTE ANO NA INAUGURACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO.

A PRIMEIRA CUMPRE 20 E ANOS E A SEGUNDA 25 NESTE ALBARIÑO

 

No ano 2008 na Cea de Hermanamento , Unha Grande Chea e Chejar e Encher , intercambiaron agasallos

 

“Chejar e Encher” e “Unha Grande Chea”, están este ano de aniversario, a primeira cumple 20 anos e a segunda 25 anos, con tal motivo , Unha Grande Chea propuxolle o concello por medio da súa web que estas teñan un protagonismo especial  na inauguración da festa con motivo de tal efemeride, coidamos que son as peñas decanas na festa do Albariño e as que este ano por obriga teñen que inaugurar a festa. Esperemos que a nosa solitude non caira en saco roto. Unha Grande Chea hermanouse oficialmente con “Chejar e Encher” no ano 2008 nunha cea que tivo lugar no Pazo de Ulloa.

 

Este o e-mail, enviado o Concello

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s