HUMOR GRANTECHEO: PARA QUE NON QUERE, TEÑO EU MOITO.

Cambados 17 de Xullo de 2010

EXPOSICIÓN DE PRATA NA ILLA DE AROUSA

Co titulo “Artesas Prata e Tapiz”, vaise inaugurar na Illa de Arousa o vindeiro 19 de xullo e ata ou día dá patria galega o 25 de xullo, no Auditorio Municipal dá Illa de Arousa. Polas mañás estará aberta de dez a catorce horas e polas tardes de 16.30 a 19.30 horas.
Escribiu o noso Poeta Uxío Novoneyra:  
"Fiandeiriña que fias
nas noites do longo inverno
as liñas mais delgadiñas
co fío do pensamento."

Con esas liñas e pensamentos ,fixeron estas obras que mostran o público, pezas rigorosamente artesanais,
pra que vexas …. as liñas que unen as mans eo pensamento
Xabier Rguez

&Josefina Sedes

Obradoiro de Tapices Galicia

Telf: 981/230/589

Móbil: 636/233/199

http://tapizgalicia.artelista.com/

e-mail: tapizgalicia@gmail.com

 

 

Cambados  17 de xullo de 2010

LUÍS VILLARES, XUÍZ: “UNHA SANCIÓN POR DESOBEDECER O DECRETO DO ENSINO PODERÍASE IMPUGNAR POR ILEGAL”

O MAXISTRADO DA FONSAGRADA PARTICIPARÁ NO V CONGRESO DE AGAPEMA

“Dou e darei as miñas clases en galego” dicía o texto do alegato asinado por máis de 4.500 profesores de toda Galicia que foi entregado no Rexistro Xeral da Xunta manifestando o seu compromiso de empregar a lingua galega no exercicio da súa docencia malia o que establecese o decreto do plurilingüismo que preparaba a Xunta. Ese decreto é hoxe unha realidade e nel figura, entre outras cuestións, que a materia de Matemáticas impartirase, por decisión do Goberno, en lingua castelá. A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, AGAPEMA, organiza en Ferrol os días 25 e 26 deste mes o seu V Congreso. Entre as comunicacións previstas para esa cita, figura unha moi acaída para saber o que pode acontecer no vindeiro curso escolar. É a que presentará o xuíz, Luís Villares, baixo o título “Podemos dar as clases en galego?”. En Radiofusiòn explicou que si: “Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente”.

Teimar en impartir as materias en idioma galego non é “rebeldía”, en todo caso unha “desobediencia”, precisa o xuíz titular d’A Fonsagrada. Requirido polo abeiro que a lei lles confire aos mestres que continúen a desenvolverse en clase como o facían baixo o decreto do ensino derrogado, Luís Villares explica: “A suxeción de todos ao ordenamento xurídico é ao seu conxunto, non unicamente ao decreto, que non convivé só, senón que está subordinado a leis que están por enriba como a de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”. O contido desas normas entra en contradición co decreto promovido pola Xunta dunha maneira que Villares cualifica como “aberta e groseira”. Xa que logo, lembra que “posto a escoller a que norma se somete un, as de rango superior teñen que ser observadas sobre as de rango inferiro cando estas contradicen ás outras, porque son nulas”.
“Teño reservas” avanza o xuíz sobre a posibilidade de que se lle abran expedientes sancionadores aos mestres que desobedezan o decreto. Non dubida en sinalar o decreto do plurilingüismo como “ilegal” e, así as cousas, “todos os actos que deriven de regulamentos ilegais son nulos de pleno dereito”. O maxistrado  prognostica que se cadra non se chega esa situación se prosperan antes do inicio do curso os recursos presentados por diversos sindicatos e plataformas contra a norma da Consellaría de Educación. Nese caso, adianta Villares, “supenderíase provisionalmente a súa aplicación e continuaría en vigor o anterior decreto. Os tribunais poderían deixar o novo sen efecto transitoriamente e, se o declaran ilegal, o Goberno tería que facer outro”.
Verbo do plan da Xunta para promover unha reforma legal que permita realizar consultas aos pais e nais en Primaria e Secundaria sobre o idioma das materias e outros aspectos do ensino, Luís Villares é tallante: “Calquera que lea a sentenza do Tribunal Constitucional 337/94 entende que non pode ser así. Esa sentenza acabou cun debate semellante en Cataluña nos anos 90”. “Non hai lei que poida facer abdicar ao Executivo autonómico do seu deber de decidir a configuración curricular a favor dunha suposta elección paterna ou materna”. “A regulación dese contido entraría no corazón mesmo do dereito a educación e debera ser regulado por lei orgánica.
A Xunta non ten competencia para iso”, resolve.

 

 

 

 

Cambados 17 de xullo de 2010

HUGO PEREIRA E MARIO SARABI NO CAFÉ REYMAR

Xa todos os cambadeses sabemos dá afección e promoción que o Café Reymar, sito na Rúa Vale Inclán de Cambados, está a facer pola arte en Cambados promocionando novos artistas ou consagrados nesta ocasión presentanos unha nova exposición de pintura, de dous artistas internacionais Hugo Pereira e Mario Sarabi, ambos de Uruguai, pero residentes no Gove. Pertencen á asociacion de pintura Artegrove. A mostra conxunta estará nas dependencias deste coñecido establecemento hostaleiro durante todo o mes de Xullo.
Contacto: Cafeteria: 627063637 , Pintor: 634843752

 

 

 

 

 

 

 

Cambados 15 de xullo de 2010

UN CURIOSO MERCADILLO MARIÑEIRO COPARÁ ESTE XOVES O PASEO DÁ CALZADA

 

 

O emblemático Paseo dá Calzada de Cambados estará copado hoxe por un curioso mercadillo mariñeiro. A cita, incluída nos actos do programa da Festa do Albariño, está fixada para as doce e media da mañá e prolongarase durante toda a xornada. Neste curioso evento haberá exposicións públicas de obxectos e utensilios relacionados co mundo do mar, fundamental para unha vila costeira como Cambados.

Serán sobre todo os turistas os que gozarán ao grande das curiosidades que van ofrecer as distintas casetas. De feito, ata van poder levar algún dos elementos, dado que moitos estarán á venda para todos aqueles interesados.

O certo é que coa celebración da festividade da o virxe do Carmen ao virar a esquina e co Albariño a apenas tres semanas vista, os cambadeses xa empezaron a quentar motores para vivir un dos veráns máis fiesteros da comarca saliniense.

A pesar de todo, o programa tamén está cargado para a xornada de mañá. A partir das dez e media da noite o Pazo de Torrado converterase nun cine ao aire libre coa proxección, para os máis pequenos da casa, da aplaudida película “Planet 51”.

Ademais, o centro sociocultural da Mercede e as casas da o cultura das distintas parroquias acollen durante toda esta semana actividades culturais para pequenos relacionados co mundo do mar. E é que, á marxe de que Cambados sexa a capital do albariño, tamén é un dos centros crave da vieira que se exalta precisamente este fin de semana.

 

 

 

Cambados 15 de xullo de 2010

O CLUB MARIÑO SALNES ORGANIZA A  I VARADA DE BARCOS TRADICIONAIS EN SANTO TOME

O VINDEIRO SÁBADO 17 DE XULLO.

 

 

Este sábado que ben, imos facer unha Varada de barcos tradicionais na praia de San Tomé, onde antigamente se varaban as tipoloxías máis abundantes no porto de Cambados: dornas mecas, dornas de tope, racús, lanchas do xeito e sobre todo Gamelas de Cambados.

 

 

Estas últimas eran unhas gamelas propias dun porto como Cambados situado no fondo da Ría, con moita seca e especializadas para o marisqueo a flote, se ben tamén se empregaban para a pesca con liña e as chamadas artes menores. Podían chegar até os 6,50m de eslora e aparellaban con vela latina con martelo.

A distribución de cuberta era semellante as dornas, con tilla e cadeira, moi cheas de proa e afiadas na popa, se ben, o espello variaba en función das preferencias do armador. Pero quizás a característica principal era o quillote pronunciado para aguantar pano e evitar a deriva.

 

 

Na programación estaba previsto facer a botadura da recuperación dunha destas gamelas desaparecidas dende os anos 50 do século pasado. Pero non vai ser posible, e teremos que agardar un pouco mais de tempo para rematar a construcción, que se fai baixo a dirección do carpinteiro de ribeira Pepe Garrido (Asteleiros Hijos de José Garrido_O Grove). De todolos xeitos é un proxecto en marcha e no que estamos moi ilusionados por devolver á vida unha tipoloxía de barco do que tan só temos a memoria, algunhas fotos antigas da Confraría e a referencia en maquetas realizadas por Oscar Otero.

 

 

A Varada, que quere recrear imaxes do século pasado cunha visión de futuro, vai ter unha programación sencilla pero combinada con outras actividades para ese día, escollido especialmente por ser o día de “San Antonio”, patrón da Confraría de Pescadores de Cambados e porque coincide moi ben coa marea.

A programación previa ten como referencia a tradicional Regata dos Faros do Grove, organizada polos compañeiros da Asociación Amigos da Dorna Meca.

Rematada a Regata vaise realizar a travesía O Grove-Cambados para entrar en San Tomé, dar unhas voltas no interior da dársena e de seguido varar os barcos na praia para ir comer as sardiñas donadas pola Confraría de Pescadores que asaremos alí mesmo nas grellas da Comisión de Festas de Santa Margarita. Os amigos da Escola de Teatro estan a preparar algunha sorpresa e tamén andarán por alí os membros do Obradoiro de Cultura Tradicional “A Volandeira”.

Xa despois os que queirades poderedes ir o concerto de TREIXADURA que vai a actuar con motivo da festividade de San Antonio.

Estades todos convidados a agardamos que o pasedes ben. Vémonos no Grove e despois en Cambados.

CLUB MARIÑO SALNÉS

 

 

 

Cambados 14 de xullo de 2010

PALAS DE REI INVADE CAMBADOS

NOVO ENFRONTAMENTO ENTRE A SELECCIÓN DE PALAS DE “XUGA” E A SELECCIÓN DE CAMBADOS.

 

Este fin de semana tan cheo de acontecementos en Cambados vense a sumar un novo, o cal é a invasión “pacífica” Palas de Rei (ou de Xuga) a Cambados. Será os vindeiros días venres e sábado.  O partido entre as dúas seleccións  vai ter lugar o vindeiro sábado  sobre as 18 horas aproximadamente no campo do Pombal 2. O Concello de Cambados colabora no evento facilitando a utilización  do Pavillón do Instituto Ramon Cabanillas para pernactor os palenses, asimismo vai facilitar 25 invitacións para participar na festa da vieira.  Benvidos os nosos visitantes e que o pasen ben entre nos.

 

 
 
Cambados 14 de maio de 2010

A XUNTA DO PP DE FEIJOO VAI  ELEMINAR A LAGOA FIANTEIRA

UN ATENTADO CONTRA A NATUREZA

SALVEMOS A LAGOA FIANTEIRA

 

  

 

HISTORIA  E SITUACIÓN ACTUAL DA LAGOA FIANTEIRA

Ante a inminente destrucción da lagoa, autorizada polo Servizo de Conservación da Natureza, queremos informar aos nosos socios da situación, importancia e historia desta lagoa.

1-A Consellería de Industria outorgou, o 26 de febreiro de 1993, concesión a D. Epifanio Campo Fernández para a extracción de arxilas en 26 cuadrículas mineiras coa denominación de VILLALONGA 1ª FRACCIÓN nº 2517.1, situada en Vilalonga, concello de Sanxenxo. Posteriormente os dereitos da concesión foron transmitidos a Nueva Cerámica Campo, en decembro  de 2002. Dentro da superficie desta concesión está situada a Lagoa Fianteira II, (tamén coñecida como barreira da Fianteira), a maior parte da cal está dentro do espazo protexido Complexo Intermareal Umia- O Grove. (Ver localización no informe anexo).

2-O Complexo Intermareal Umia- O Grove conta con múltiples figuras de protección, entre elas: Humidal Ramsar, ZEPA, LIC, ZEPVN, Zona Húmida Protexida. Varias destas figuras de protección foron adxudicadas con anterioridade á concesión mineira incial: Incluído na Listaxe de Humidais de Importancia Internacional (Humidal RAMSAR) dende o 5 de decembro de 1989. Asimesmo o Complexo intermareal foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ES0000087,2.813 ha.) o 2 de xaneiro de 1990. Tamén foi inventariado no Rexistro de Espazos Naturais en Réxime de Protección Xeral da Xunta de Galicia do ano 1989.

 

 

3-Trátase dunha antiga extracción feita por outra empresa, abandoada xa antes da concesión a Nueva Cerámica Campo no ano 1993 e naturalizada dende hai uns 20 anos. Durante todo este tempo foi recolonizándose con especies do humidal protexido e actualmente pasan por ela para repousar ou alimentarse máis de 100 especies de aves acuáticas. Tamén se converteu no lugar de mancada de centos de individuos da especie Anas platyrhynchos, que durante o verán pasan nesta lagoa tan delicada fase do seu ciclo vital.

4-Dende a concesión outorgada no ano 1993 a mencionada empresa non levou a cabo actividades extractivas no lugar, ata que no ano 2008 reencheu parte da lagoa facendo un dique central que a separou en dúas metades. No ano 2009, fixo sondeos e desbroces nas súas inmediacións, coa intención de desecar parte da lagoa para seguir extraendo arxila nela.

 

  

 

5-Xa que durante todo este tempo a consellería de medio ambiente non se preocupou de facer censos ou estudos para determinar a riqueza faunística que nós alegabamos, no ano 2009 elaboramos un informe feito por ornitólogos do Grupo de Anelamento Anduriña, SEO, SGO, e socios do CES. Dito informe foi enviado ao Concello de Sanxenxo e á Consellería de medio ambiente, e tamén como proba na denuncia que presentamos no Xulgado. Finalmente non houbo obras na lagoa o ano pasado, polo que a denuncia foi arquivada.

6-O concello de Sanxenxo, ante a nosa petición de que deneguen a licencia e paralicen as obras no ano 2009, lávase as mans dicindo que non é da súa competencia. Sen embargo a lagoa atópase en zona de Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais e de Protección de Costas, según o PXOM do Concello de Sanxenxo, sendo a finalidade deste tipo de solo a de “preserva-los valores naturais, ecolóxicos, ambientais, paisaxísticos, científicos ou recreativos que xustifican a súa protección.”

 

  

 

Na ordenanza reguladora deste tipo de solo, indícase que “As instalacións industriais e explotacións existentes á entrada en vigor do presente Plan Xeral poderán continua-la súa actividade sempre que, en dita data, estean amparadas por licencias, autorizacións ou concesións outorgadas polas Administracións Públicas competentes, nas que se faga constar como condicionado esencial das mesmas o conxunto de medidas que obrigan ós seus titulares a levar a cabo actuacións preservadoras do medio ambiente.”

Despois de examinar o Plan de Labores da empresa do ano 2010, e a autorización do Servizo de Conservación da Natureza, observamos que en dita autorización non se fan constar medidas que obriguen ao titular da concesión a levar a cabo actuacións preservadoras do medio ambiente nesta lagoa, senon todo o contrario, xa que consinten o valeirado, extracción de arxila e posterior recheo da devandita lagoa.

Polo iso vemos aquí un motivo suficientemente xustificado legalmente para que o concello paralice as obras, por incumprimento da normativa do PXOM, pois o solo rústico de Protección de Espazos Naturais non se está utilizando para preservar os valores naturais e ecolóxicos da zona, senon para destruílos.

7-O Servizo de Conservación da Natureza ven de autorizar o Plan de Labores de 2010. Nel indícase que a partir do 1 de xullo de 2010 a empresa concesionaria pode empezar as obras de desecado , extracción de arxilas e posterior recheo da metade leste da lagoa, toda ela situada dentro do espazo protexido. Con esto, a propia Administración está a incumprir varias directivas europeas e leis estatais e autonómicas de protección dos espazos naturais e da biodiversidade, así como da protección de flora e fauna ameazadas.

8-Despois de examinado o Plan de Labores, vemos que se trata dun documento moi xeral, no que falta documentación imprescindible por lei: Informe de Seguimento Ambiental (3.1), do modelo de Plan de Labores segundo a Resolución do 22 de decembro de 2008.

9- Tanto a Avaliación de Efectos Ambientais como o Plan de Restauración fixéronse hai 17 anos, cando a lagoa non fora colonizada por unha cantidade tan grande de especies como agora. Dubidamos de que dita Evaluación se adapte á normativa actual da A.I.A., pois dende entón elaboráronse e aprobáronse novas e máis completas leis ao respecto. Trátase ademáis dun estudo moi xeral, feito para as 26 cuadrículas mineiras, polo que non é fiel á realidade nin aplicable no caso concreto da lagoa Fianteira II.

10-Despois de examinado O Plan de Restauración, vemos que  a propia empresa se compromete a reencher os ocos das barreiras, excepto no seguinte caso: Aquelas zonas explotadas que polas dimensións da curta superouse a capa freática e ocasionouse a formación de lagoas artificiais, se non estivesen localizadas nas proximidades da liña de costa (algo máis de 100 metros) tamén será recuperado o terreo da forma anteriormente descrita. Pero se pola súa localización fose aconsellable darlle o destino de lagoa artificial, empezaríase por remodelar as marxes producindo irregularidades en forma de bahías, para que servisen de refuxio e descanso das aves acuáticas por esta zona intermareal Umia-O Grove, que está incluída no Convenio Ramnsar polo que se protexe e fomenta a súa poboación. Instalaranse canles de saída e entrada da auga da lagoa creada, de forma que se facilite a súa renovación e evitar problemas de eutrofización.”

Sen embargo no Plan de Labores 2010 indícase que trala extracción, a Lagoa Fianteira II será “restaurada” igual que as outras, é dicir, reenchida con materiais sólidos e revexetada.

11- Neste ano 2010, membros do Grupo de Anelamento Anduriña, SGO, SGHN e CES, elaboran un novo Informe faunístico actualizado con datos dos últimos meses, destacando a presenza constatada no lugar de máis de 30 especies de aves ameazadas, 10 especies ameazadas de anfibios e réptiles, 2 de peixes e 3 de insectos.  Dito informe revela, ademais, que o lugar da Fianteira se trata dun hotspot ou punto quente de biodiversidade debido á súa riqueza en odonatos, pois posúe máis de 20 especies, sendo un dos poucos lugares en Galicia con ditas características.

12- Dito informe acaba de ser enviado ás Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural, Industria e ao Concello de Sanxenxo, solicitando a paralización das obras na lagoa Fianteira II e revocación das autorizacións ou licenzas para esta zona en concreto,  xa que se están a incumprir Directivas europeas, leis estatais e autonómicas, referentes á protección dos espazos naturais e humidais, das especies en perigo e da biodiversidade, así como da Avaliación de Impacto Ambiental.

Nestes momentos estamos a recabar información de varias consellerías con competencias ou responsabilidades neste asunto, e non descartamos tomar medidas legais.

Ante todo esto preguntámonos:

¿De que serve tanta figura de protección?

¿Por que as propias consellerías incumpren a lexislación ambiental?

Máis información premendo AQUI.

COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS. (TODAS AS FOTOS FORON REALIZADAS NA LAGOA FIANTEIRA)

 

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s