Humor Grandecheo: PARA O QUE NON QUERE CALDO, SETE TAZAS.

Cambados 13 de xullo de 2010

UNHA GRANDE CHEA MOSTRA A SÚA ADHESIÓN AO ACTO CÍVICO E REIVINDICATIVO EN LEMBRANZA DO TRASLADO DOS RESTOS MORTAIS DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.

Organizado pola AELG, o cortexo cívico conta co apoio e colaboración de diversos colectivos, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Auriense, Maio Longo, Solfa e a Asociación Cultural de Meira ou Unha Grande Chea (mira  premendo AQUÍ  as asociación adheridas), e fundacións como Manuel María e Bautista Álvarez, entre outras organizacións culturais que se irán sumando ao longo destas semanas.

Un tren, identificado como Follas Novas, partirá da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 17.45 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Unha hora antes, ás 16.45, haberá unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informará do sentido dos actos, á vez que se lerá un poema de Rosalía de Castro.

Na estación de Compostela agardará a comitiva restante, actuando a banda municipal. Xa en Santiago, o cortexo sairá pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde haberá unha lectura de poemas deCantares Gallegos, para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se lerán outros poemas de Rosalía.

Mira premendo AQUÍ o programa de actos.

 

 

 

Cambados 13 de Xullo de 2010
ENTREVISTA A OLE THORSON PRESIDENTE DE TODOS OS “PEÓNS DO MUNDO”
“A PRAZA DE FEFIÑANS DEBERIA PEONALIZARSE"

 
Con ironía e cun eterno sorriso, Ole Thorson presume de ser o presidente de “todos os peóns do mundo”. No seu relatorio en Cambados resaltou a importancia de que as administracións implíquense para conseguir melloras para o cidadán do montón.

1.- Como xorde a idea de crear unha asociación de peóns” Existía esa necesidade”
Ole Thorson .- Noutras partes de Europa xa existen organizacións similares desde os anos 60 que traballan desde aquel entón moi activamente para buscar mecanismos que impidan que os peóns sexan vítimas nos accidentes de tráfico. Xa nos 90, tras unha conversación cuns amigos, animáronme para que crease un colectivo similar en España. E aí foi cando empezou todo e desde aquel entón vimos traballando en diferentes cidades e con distintas asociacións de cidadáns do país.
2.- Existen claves básicas que sirvan para mellorar a seguridade dos peóns en calquera cidade?
¬Non hai regras universais, porque cada cidade é diferente e o comportamento do tráfico en cada unha delas é o que podería determinar ata que punto hai que incidir en normas en beneficio dos peóns. O que si está claro é que de forma internacional, todos os pasos de peóns están pintados na calzada pola que circula o condutor e iso faille pensar que é seu o espazo, que ten prioridade sobre el e iso non é certo. Terían que repartirse as prioridades de forma equitativa para que exista un equilibrio entre os condutores e o peón porque, á fin e ao cabo, teñen que convivir. De todos os xeitos, son dos que pensa que as normas deben adaptarse en todo caso ao primeiro instinto do ser humano desde que nace que é o de levantarse e andar e a partir de aí configurar a mobilidade do espazo.
3.- Estivo en Cambados xa unhas horas… como ve a vila en materia de seguridade para os peóns?
O.T. -O certo é que me levei unha sorpresa moi agradable porque todo o casco histórico está moi ben protexido, excepto a Praza de Fefiñans, e nel  ainda  unha prioridade destacada para os peóns, está claro que aínda queda moito por facer e, de feito, creo que por exemplo na estrada que une directamente coa Praza de Fefiñáns debería apostarse pola peonalización sen ningun xénero de dúbida.
4.-Entón pode dicirse que Cambados aproba cún fartura en materia de peóns…
O.T.-Se, coa mellora que antes dixen. É importante concienciarse sobre a redistribución de espazos, sobre todo cando falamos de tráfico pesado polo centro da vila e demais. Pero todo iso require tempo e sei que as administracións están concienciadas respecto diso para sacar adiante lestes proxectos.
5.- Fefiñáns é agora Zona 30, aínda que moitos seguen esixindo a peonalización total da emblemática praza…
O.T.- Eu son unha persoa que aposta máis pola convivencia que pola exclusividade de usos dun ou outro lado.Ainda que no caso  da Praza de  Fefiñáns como dixen antes debe peonalizarse na súa totalidade aínda que con esta nova medida gañou moito e tamén os seus cidadáns. Está moi ben que toda a fachada do pazo estea limpa de vehículos. É un paso adiante que debemos valorar, pero ainda hai que dar outro pasiño máis.

 

 

 

Cambados 13 de maio de 2010
INAUGURADA EN PONTEVEDRA A MOSTRA “FRANCISCO LEIRO. CELEBRANDO O CÓDICE CALIXTINO”

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, inaugurou fai poucos dias en Pontevedra a exposición do cambadés  Francisco Leiro. Celebrando ou Códice Calixtino, que estará aberta ao público na sala de exposicións do Padroado de Turismo Rías Baixas ata o 17 de agosto. En palabras do director xeral, esta reinterpretación do Códice Calixtino por parte do coñecido escultor galego “envíanos mensaxes comprensibles para todas as mentes abertas e dispostas a avanzar nun camiño de entendemento e aceptación da diversidade, como a gran riqueza que deixa o paso das xeracións, afasto ao paso do tempo e do espazo”. Na inauguración tamén estivo presente o comisario de exposicións da S. a. de Xestión do Plan Xacobe.

Así quedan expostas as creacións que Francisco Leiro ideou para l nova edición do Códice Calixtino. Trátase de 34 letras capitulares e seis portadas realizadas sobre papel e técnica mixta, ademais de dúas esculturas en madeira, que representan as letras B e T. As portadas ilustran o principio do volume e o inicio de cadea un dos cinco libros que forman o Códice Calixtino, e as letras inician cada un dos capítulos.

 

 

Cambados 13 de xullo de 2010

GRAN ÉXITO DO CLUB PIRAGUISMO CAMBADOS

 BOA ACTUACIÓN NA COMPETICIÓN DE KAIAK DE MAR CELEBRADA EN DENIA

 

Fai uns os padeeiros do Piragüismo Cambados tiveron unha boa actuación na competición de kaiak de mar que se celebrou o pasado fin de semana en Denia. Os cambadeses conseguiron concluír na sexta praza da xeneral nunha cita na que participaron vinte e seis clubs de toda España.

Dentro do bo facer de todo o grupo de padeeiros do club cambadés que acudiron a terras alacantinas destacou, con todo, a actuación de Paula Pérez, que foi segunda en K-1 sénior muller sub 23 sprinter. Laura Lesmes (K-1 cadete muller sprinter) e Pablo Fernández (K-1 júnior sprinter) foron quintos nas súas respectivas probas e entre os dez primeiros tamén se conseguiu clasificar Juventino Pérez, que foi sétimo en K-1 veterano sprinter.

Ademais, José Ramón Gondar foi décimo en K-1 cadete sprinter e Fernando Estévez (K-1 sénior home sprinter) e Esteban Gondar (K-1 sénior home tradicional) acabaron no posto once das súas respectivas probas

 

Cambados 9 de xullo de 2010

MAÑÁ TODOS A TORRADO

FUTBOL 3X3 , SERÁN E MOITO XANTAR

AXUDA O CAMBADOS, E NON FALTAS.

Este sábado 10 de xullo, vai ter lugar no Pazo de Torrado en Cambados o III Serán Ramón Cabanillas e o Campionato de Futbol 3×3 que organizan conxuntamente o Club Juventud Cambados e a Asociación Cultural Unha Grande Chea., coa colaboración inestimabel do Concello de Cambados e da Cooperativa Vitivinocola Terras de Asorei.

Pola máña  e partires das 10.00 h. e parte da tarde terá lugar o Campionato de Futbol 3×3 no que  participan 31 equipos  , un total de 114 participantes.  No páxina do Club Juventud Cambados www.clubjuventudcambados.es pódense ver os equipos participantes, os enfrontamentos e hora dos encontros.

O mediodía xantar popular a base de sardiñas, empanada , polvo e churrasco todo elo  regado con viño Albariño e a prezos moi populares, agás as sardiñas que son gratis. No marco incomparabel  do Pazo de Torrado e a sombra das súas árbores.

A partir das 21.30 horas comeza o que é o Serán en si, coa participación dos seguintes grupos Volandeira de Cambados, Ventiños de Oubiña, Noite Fechada de Oubiña, Xironsa de Corvillón, Os Xeitosiños de Cambados, Os Carballeiras de Vilariño, Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa e Asociación Cultural Nós de Vilaxoan. O remate seguirá o son das gaitas ata altas horas da madrugada.

Pola noite , se tamén queres cear o aire libre están tamén a disposición os mesmos productos que o mediodía.

Todo elo é en beneficio do Club Juventud Cambados, que organiza o que é a parte deportiva encargándose Unha Grande Chea da parte Cultural.

 

 

 

 

Cambados 9 de xullo de 2010

O FACEBOOK DE CHOURIZO FILMS COLGA O PRIMEIRO VIDEO DE HOLMFIRTH

Os que esteades registrados no facebook xa podedes ver o primeiro video da viaxe a Holmfirth da Selección de Cambados, según nos di Rodesio é un peno adianto e unha mopntaxe para abrir boca posto que conta con moito máis material. Para ver este rpimeiro video preme AQUÍ ( si estás rexistrado no facebook, insistimos). Xa vos iremos informando.

NOVA PATROCINADA POR:

 
 
 
Cambados 10 de xullo de 2010
SAN BENITO CEDEU PERANTE A PRESIÓN FUTBOLISTICA
O PARRACO ALDAO, ADELANTOU UNHA HORA A PROCESIÓN ATENDENDO A CRITERIOS RACIONAIS E ECONÓMICOS.

   
O fútbol non entende de ideoloxías, nin de marcas, nin de culturas nin de relixións e é unha das poucas cousas que consegue unir a miles de persoas aínda que só sexa durante os 90 minutos que dura un partido. Así o entendeu o Párroco Aldao de Cambados, un municipio que este domingo celebra durante toda a xornada a festividade en torno ao santo máis milagrero da comarca do Salnés, San Benito. A tradición marcou desde fai varias décadas que a procesión que percorre a Praza de Fefiñans, Rua Real, Rua Principe, Paseo de Calzada, Avda. de Vilariño , Avda de Madrid, Rúa Real e novamente Praza de Fefiñans, este ano a cousa cambiou. O párroco de Cambados, José Aldao, manifestaba onte que ?San Benito é un santo comprensivo que entende destas cousas? ou é que máis ben Aldao preveía un descenso económico moi grande  a hora das dádivas o santo e poxa posterior , dun xeito ou doutro Aldao   anunciaba que este ano a comitiva encabezada pola popular imaxe sairá do templo de Fefiñáns ao fío das sete e media da tarde, xusto unha hora antes do que marca a tradición.
O resto da programación mantense inmutable. Do que non cabe dúbida é de que a romaría de San Benito de Cambados é unha das máis multitudinarias da comarca do Salnés xunto coa de Lores, en Meaño.
Esta era onte unha das grandes preocupacións en Cambados, posto que a cidadanía estaba inqueda por saber como poder compatibilizar contidos e horarios. Poucas horas despois atopábase a solución e este ano pasará á historia por ser o único en que o fútbol desprazou a San Benito.

Aínda que se cambie o horario de inicio da que se espera volva ser unha procesión multitudinaria, a esencia dos festexos permanecerá intacta. O fervor popular que sempre acompaña esta celebración mesturarase nesta ocasión coas quinielas deportivas e os nervios por asistir a un evento histórico.

 

 
 

Cambados 10 de xullo de 2010

UNHA GRANDE CHEA SUMASE A INICIATIVA DE CAMBADOS TK
QUE FACER COS CARTOS QUE SE AFORREN DO XANTAR? UNHA PROPOSTA: CONVENIO ESTÁBEL PARA ESPERANZA 

      

Cada certo tempo lemos nos xornais que a asociación Esperanza Salnés, que cumpre cun importantísimo labor de atención a nenos discapacitados, necesita fondos para poder superar a crise económica permantente na que vive. Permanente porque subsiste grazas ás aportacións dos pais e nais e colaboradores (inclúanse aquí fermosas iniciativas como a do calendario benéfico de hai un tempo) e de subvencións de institucións públicas. Depende absolutamente destas, e cando non chegan salta a alarma e a carencia económica traducir en ameaza de peche. Vímolo xa unhas cantas veces, e sempre acaban saíndo tanto Louzán coma Tourís/Aragunde ás palestras públicas como rescatadores dá asociación.
Desde Esperanza xa ou reclamaron algunha vez: ou que precisa a asociación é un convenio económico estábel que lle permita vivir sen estar dependendo de se Louzán decide dar a subvención ou non. Pero xa sábese que iso só xeraría unha nova cada moitos anos e ir poñendo en situación crítica e ao mesmo tempo saír ao rescate de Esperanza Salnés cada ano mantén na prensa a idea de que ou Partido Popular é un firme defensor dous servizos sociais.
Pero que pasa en Cambados? En 2008 desde o Concello adicóuselle a Esperanza unha partida de 8.000 euros. Pero vimos recentemente que se o goberno local deixara de convidar a comer gratis a cargos do Partido Popular no Albariño poderíanse aforrar case 30.000 euros. É o Partido Popular garante duns servizos sociais de calidade? E por que entón en lugar de gastar os cartos nese xantar non asina xa o Concello un acordo estábel con Esperanza por un valor, por exemplo e polo menos, de 20.000 euros anuais? Desde logo que o cidadán entenderíao moito mellor que que se gasten en pagarlle a comida a alguén por motivo ideolóxico!
O QUE OPINAN OS LECTORES DE CTK
A través dá páxina de Cambados(tk) na rede social Facebook preguntóuselle aos lectores que opinan dá proposta do Bloque de eliminar ou Xantar e aforrar os cartos. Todos os que responderon ou fixeron afirmativamente, algúns con matices, como Manuel, que opina que non debe eliminarse pero cadaquén debería pagar ou seu menú, ou mesmo que opina Milo. Sandra propón organizar unha cea alternativa e popular, pero popular do pobo e sen ideoloxías polo medio, xa que ou Xantar Oficial "cheira a PP que bota para atrás".
E TI, QUE FARÍAS COS 27.000 EUROS?
Os lectores propuxeron algunhas alternativas interesantes. Na vertente máis lúdica suxírese a creación dun xantar pero para todo o mundo, xa que eses miles de euros darían para mercarlle aos cidadáns bastantes tortillas e empanadas, mexillóns e chourizos. Carolina avoga por facer unha actividade lúdica pero para todo Cambados, non xo "para vos amigos do PP" ou aforrar os cartos para cando fagan máis falla.
Nunha vertente máis social Isma suxire comezar o centro de día con esa partida, Esther lanza varias ideas aínda que recoñece que vai máis alá de 27.000 euros; como mellorar o transporte público, crear unha oferta cultural decente, mellora do tratamento de residuos, menciona gardería e tamén fala do centro de maiores.
Como se pode ver, hai moitas iniciativas máis importantes onde investir esa cantidade de cartos, queda por comprobar se o goberno local toma nota delas ou continúa unha Festa do Albariño oficial cada vez máis alonxada do cidadán e achegada ao Partido Popular.

NOVA RECOLLIDA INTEGRAMA DE www.cambados.tk

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s