Humor Grandecheo: O QUE NON TEN REMEDIO , MELLOR ESQUECEMOLO.

Cambados 9 de xullo de 2010

O ENÓLOGO JORGE HERVELLA PREMIADO NOVAMENTE.

NA XLVII FESTA DO VIÑO DO RIBEIRO.

 

A XLVII Feira do Viño do Ribeiro celebrouse os días 2, 3 e 4 de xullo no termo municipal de Ribadavia, na provincia de Ourense. A participación crece de ano en ano e este 2010 tampouco é unha excepción: máis de 30 adegas inscribironse para participar no evento.

A inauguración levouse a cabo no recinto feiral de Alameda de Ribadavia o día 2 de xullo a partir das 19:00 horas . Os actos de clausura tiveron  lugar o día 4 de xullo tras a entrega de premios.  Pois outra vez neste festa o  afamado enólogo cambadés-ribadaviense Jorge hervella voltou a acadar novos premios  e concretamente foron os seguintes , na categoría de adegas industriais obtuvo o segundo premio coa adega Castro Rei e o viño branco Divino Rei, asemate obtivo o terceiro premio en tintos coa mesma marcae además o primeiro premio na cata popular de tintos con identica marca.  Agora achégase para Jorge a gran proba de lume a Festa do Albariño, para a cal lle desexamos moita sorte.
 

 

 

Cambados 7 de xullo de 2010

O CAMBADÉS MARTIN REGUEIRO CAMPIÓN DE ESPAÑA

Martin Regueiro,  a dereita,  coa su parella  Eduardo Quintela

 

Martín Regueiro deixou a noticia da tempada para o Cambados TM. O xogador cambadés proclamouse campión de España na categoría alevín na cita que se celebrou o pasado fin de semana. Regueiro conseguiu o título formando parella con Eduardo Quintela, do Oroso.

Os galegos superaron na final ao xogador balear Carlos Carulla e ao burgalés Jesús Dehesa, nun partido moi intenso que Regueiro e Quintela tiveron que traballar ata o final. A actuación dos deportistas do Cambados TM e do Oroso foi tan espectacular como inesperada e ten un mérito enorme porque os seus clubs respectivos non contan cos medios da maioría dos seus rivais.

O certo é que Martín Regueiro demostrou estar no mellor momento de forma cando a situación máis o precisaba porque a súa actuación na proba individual tamén foi espectacular.

MAL SORTEO

Así, o xogador de Cambados foi eliminando xogadores nas primeiras roldas sen maiores problemas. Nos dezaseisavos de final venceu tras un gran partido ao cabeza de serie número tres da competición, Santiago Camanero (3-1). Tivo menos sorte no encontro de oitavos de final, onde se atopou ao granadino Esteban Cuesta . Este deportista é a súa particular besta negra, posto que o superou recentemente en Valladolid e agora repetiuse a historia.

Derrota de Martín Regueiro por 3-1, pero que non pode embazar a extraordinaria actuación do cambadés no Campionato de España. Desde o propio club recoñecen que soamente a mala fortuna no sorteo privou ao representante do Cambados TM de conseguir un mellor resultado nun campionato ao que chegou nun estado de forma extraordinario e que coroou cun fito que pasará á historia do club.

 

 

 

Cambados 7 de xullo de 2010

NUEVA YORK ESCOITA VERSOS EN GALEGO DA MAN DO ESCRITOR CAMBADÉS RAMÓN CARIDE

Ramón Caride coa súa filla, Sara, na presentación en Nueva York.

 

Nueva York escoitou forte e ben alto a lingua de Rosalía. O escritor e profesor afincado en Cambados, Ramón Caride, presentou na cidade norteamericana a súa última publicación “Criptografías” que tamén se deixou escoitar en inglés e español.

Qué mellor que unha viaxe a unha das cidades más incribles do mundo para dar a coñecer un libro que fala precisamente diso, das viaxes realizadas polo autor durante os últimos anos por distintos puntos do planeta.

De feito, o libro de Caride ten tamén un espazo destinado ao propio Nueva York, concretamente ao barrio pobre de Harlem “Tan cerca de la quinta y tan lejos de todo”, segundo o propio contido de “Criptografías”.

O acto tivo lugar no tradicional Centro Español-La Nacional de Manhattan e o autor estivo acompañado do tamén poeta e escritor Francisco Álvarez Koki que resaltou que “hoy hacemos historia, leyendo versos en gallego en Nueva York dado que hace muchos años no sucedía en este local y es significativo el hecho de estar reunidos en la Nacional, centro que albergó generaciones enteras de emigrantes y que está recuperando su inicial carácter cultural”. A propia filla do autor, Sara, leu versos de Ramón Caride.

 

 

 

 

Cambados 6 de Xullo de 2010

UNHA GRANDE CHEA PROPÓN O TROCO DO NOME DA RÚA ISABEL II POLA DE "RÚA BENITO SILVA"

 

                X               

Hai moita xente en Cambados dende fai moitos anos que lle preguntas pola Rua Isabel II  e din que non saben onde está, pero si lle dis que é donde está o Bar Silva xa todo omundo a localiza “in mente” o momento tanto os maiores como os novos. Ven esto a colación xa que esta Asociación en homenaxe a un home que fixo moito pola música e o Albariño en Cambados que non é outro que Benito Silva, ven a solicitar por medio deste espazo web que o Concello troque a denominación da Rúa Isabel II pola RUA BENITO SILVA (podedes ver a continuación unha biografia resumida do mesmo) . Os que xa peinamos canas lembramos perfectamente o antiguo Bar Silva, no que a comparsa Unha Grande Chea facia as súas paradas técnicas porque era un bar moi espacioso, quen non se lembra da riqiuísima empanada de Julia ou do bo albariño que xa daquela vendia Benito, un bo dia xubilado xa decideu pechar o bar , e esa rúa pareceu morrer, hoxe grazas a un dos seus fillos Xoan Silva , volveu a recuperar esa ambiente san, frescura e diversión que sempre tivo esa rua.

 

BENITO SILVA LOSADA (Cambados 1911-2003)

Nado en Cambados  e máis concretamente na rúa Isabel II o 31 de xuño  de 1911, os seus pais foron Manuel Silva e Elvira Losada, o seu primeiro mestre músical foi o director da Banda de Castrelo Rogelio Alvar, pero quen lle marcou  un forte impulso nas artes musicais, quen lle ensinou solfeo e iniciono no violín foi o mestre Ramón Ulloa, pianista aventaxado, home cego , de quen Benito sempre falaba e o lembraba  con inmenso cariño e agracemento. A primeira orquestra da que Benito formou parte  foi a denominada “Orquestra Silva”, integrada por uns seis ou sete músicos, ten o atrevemento de incoprporar a mesma o seu mestre Ramón e actúa na Cultural con notable éxito. Alistado no exército, co gallo da guerra civil estivo destinado en Lanjarón (Granada), ali formou parte do coro da igrexa acompañado  dun tal Henares con moi boa voz, Ramón, un catalán, o órgano  e Benito co seu inseparabel violín. Unha vez remata a guerra estivo na mili en Madrid, cos músicos linotispistas do ABC forma parte da Orquestra Krazzy-Kray, cuxo significado ningún llo supo dicir a Benito.

 

Benito Silva foi o fundador da orquestra Krazzy Kray

 

O seu regreso a Cambados crea unha orquesta con este mismo nome, formandoa cuns once músicos entre os que figuraban  xunto o primeiro pianista Suso Magariños, tres saxos, 2 trompetas, guitarras e violíns, e empeza a extenderse a súa fama coas suás actuacións, non había aldea, vila ou cidade da zona que non gozara dos seus boleiros, cancións de moda e melodías. Así os casinos ,  sociedades. e festas populares de Vilagarcia, Padrón, Noia, Caldas. Ribeira, A Poboa. O Grove, Santiago etc. e non digamos no propio Cambados, foron testemuñas do bon facer da orquestra, Benito fixo máis grande e coñecido o nome de Cambados. Posteriormente esta orquestra fraccionouse e se constitueu a “Nova Krazzy” e a “Grazzy Kray”, anos máis tarde refundariase co antiguo nome .  Casou  con Julia Núñez Garcia , nada en Ribadumia  o 7 de xaneiro de 1919, pouco a pouco empeazaron a vir os fillos.

 

Julia e Benito inseparables ata na morte

 

A vena poética músical de noso puxante e inefabel cambadés Benito, queda casi inmortalizada , entre outras moitas composicións musicais orixinais no pasodobre  “A porcona” e o valls “A monequiña”. Outra manifestación  do bo humor, xenio alegre e caralleiro, inxenioso por demais, atopamolo nas rondallas que o  noso paisano crea e anima. Foron famosos as que xurden nos anos 40  co gallo do Entroido, figuras das mesmas son Moncho o Roquiño e Pepito o Luruxo. Como tampouco  hai que esquecer  as xurdidas co gallo do funcionamento  do Bar Silva, donde xunto o selecto albariño sobresairon  os sons  da banda de Diosiño e a orquestra Poceiro, no ano 1987 reaparece no Entroido cambadés sendo o director da Rondalla “Salnes” 87, o mesmo tempo que  o compositor das letras  e da que formaba parte tamén o seu fillo Xoan, Monchiño Vieites, o seu amigo Moncho o Roquiño e Ramón Rodriguez entre outros, gañando o primeiro premio do concurso que organizou ese ano o Concello, quedando de segundo a comparsa Unha Grande Chea.

Benito formando parte da Rondalla "Salnes 87"

 

No ano 1957  gañou o primeiro premio do Viño Albariño e despois pasaria  máis de 40 anos, destrás dun mostrador despachando albariño o lado da súa dona Julia quen preparaba unha empanada de carne riquísima, ata a veces dubidamos se a xente ia o bar   polo Albariño ou pola empadana. Esta bar foi mítico en Cambados, estaba enclavado en plena Rúa Isabel II, hoxe é taller do consagrado pintor Lino Silva fillo de Benito. Outro dos seus fillos Xoan, cantautor  moi coñecido nos derradeiros anos da ditadura franquista e hoxe membro de “Manso e Amigos” , guitarrista consumado, inaugurou non fai algúns anos o lado do anterior outro local que tamén  o denominou Bar Silva e que é  a sede oficiosa de Unha Grande Chea. Benito e a súa dona eran deses matrimonios que non podia vivir un sin o outro e levaron está máxima a tal extremo que Julia finou o 19 de xuño de 2003 e tres días despois morria Benito.

 

Saue a nova publicada na Voz de Galicia, preme AQUI para vela.

 

 

 

Cambados 5 de xullo de 2010

A SELECCIÓN DE CAMBADOS XA VOLTOU DE HOLMFIRTH

APARTE DE GAÑAR 2-0 O ENCONTRO GAÑARON MOITOS AMIGOS.

A selección oficiosa de Cambados de futbol que viaxou a Holmfirth, voltou onte  da súa viaxe de tres días a localidade inglesa, xa demos conta do resultado do encontro, que  eso en definitiva é o menos importante, o mellor que gañaron moitos amigos, coñeceron o berce dos Beatles, e as sedes do Liverpool e do Manchester United, entre outras cousas, en fin unha viaxe de camaraderia  que tardaran en esquecer. En “AS NOSOS FOTOS” podes ver unhas cuantas da viaxe, seguramente iremos engadindo algunhas máis co paso do dias, así que entra de vez en cando para ver as novas que vaiamos colgando.

NOVA PATROCINADA POR

 

 

 

Cambados 5 de xullo de 2010

MONCHO BOTANA PARTICIPOU NA PELICULA “MARCHA O MUERE”

NAMENTRAS ESTIVO FACENDA A MILI POR AVIACIÓN

  

A veces en tertulia de bares enteraste de cousas moi curiosas como por exemplo que Moncho Botana participou na melicula “Marcha o Muere”, que se rodou no ano 1962 en España, Bélgica, Italia e Alemania, de xénero bélico e o director foi Frank Wisbar, foi rodada en Almeria en blanco e negro e a súa duracción é de 101 minutos.. Entre os principais actores estaban  Stewart Granger, Dorian Grey, Carlos Casaravilla, Ivo Garrani e Alfredo Maio, entre outros. A pelicula vai que durante a guerrar de Alxeria, o alto mándo francés encarga o Capitán Leblanc unha dificil misión , capturar o caudillo rebelde para que sea xulgado e fusilado. Moncho actuo como figurante, dado a súa condición de soldado de aviación, xa que nunha das esceas veses varios dos seus compañeiros que estaba na súa compañía salnta dun avión entre eles obviamente Moncho.

 

 

 

Cambados 4 de xullo de 2010

UN CURIOSO BILLETE

CORRESPONDENTE A GUERRA CIVIL EN CAMBADOS

ANVERSO

REVERSO

 

Recentemente chegou o noso poder un curioso billete e polo que consta no mesmo corresponde a Guerra Civil Española . Nel podese ler nunha especie de xeroglifico “La Casa del Pueblo – 60 Céntimos – Cambados/Galicia”. No seu reverso podese ver a uns milicianos desfilando e unha inscripción que reza “Con disiciplina gana la República".  A persona que nos fixo chegar este  documento  manifestounos que o mercou  o mesmo nunha subasta en e-bay , e que non poñia nada nin sobre a súa procedencia nin habia  ningunha información sobre o mesmo, nos poñemolo no voso coñecemento por se algún afeccionado a historia o quere gardar para a súa colección como curiosidade.

 

 
 
Cambados 3 de xullo de 2010.

A ARMADA CAMBADESA INVADE CON ÉXITO INGLATERRA

SELECCIÓN DE HOLMFIRTH 0 – SELECCIÓN DE CAMBADOS 2

 

Dende Holmfirth os nosos enviados especias. A Selección de Cambados disputou hoxe a tarde no Campo Municipal de Holmfirth o partido que os enfrontaba a Selección local, cun resultado favorable para os nosos intereses. A selección de Cambados fixo un gran encontro e Blas Daniel  foi a figura do mesmo o marcar dous golazos. É de destacar que o compromiso deportivo está solventado con creces, agora falta o compromiso social e cultural do cal nos darán conta mediante reportaxe fotográfica os nosos enviados especiais.

NOVA PATROCINADA POR:

 

 

 

Cambados 2 de xulllo de 2010

MAXIMINO CID SEGUE A REVOLUCIONAR A POLICIA LOCAL DE CAMBADOS 
OS AXENTES  XA PATRULLAN EN “BICI”

 
Cambados converteuse, grazas o seu actual xefe de Policia Local Maximino Cid, no primeiro municipio de Galicia en apostar decididamente por unha patrulla de control do centro urbano e histórico dá vila. Seis axentes dá Policía Local recibiron formación específica dos técnicos municipais de Turismo e encargaranse de velar pola seguridade, promover a proximidade cos cidadáns e os turistas e mellorar a imaxe do corpo e tamén dá localidade.
Na mañá de onte púñase en marcha esta nova división policial. Patrullarán en bicicletas debidamente identificadas durante todo o verán, as festas e prolongarán a súa estadía diaria durante os próximos meses. A intención é que esta cobertura sexa continuada mentres o permitan as condicións climatolóxicas, xa que haberá uns catro meses nos que estes axentes regresen ás roldas de vixilancia en coche e abandonen as quendas sobre dúas rodas.
Ademais, desde a dirección deste proxecto estimar que Cambados reúne máis aspectos positivos para implantar este servizo, como as escasas costas dá súa orografía, o bo clima reinante ou o hábito de moitos dos seus veciños de desprazarse neste medio de transporte. Precisamente esa é unha dás calidades que máis exaltaron desde a Policía Local, que é un medio plenamente ecolóxico e que o seu único gasto foi ou inicial dá compra, posto que non ten que encher.
A maiores, cabe resaltar que a mobilidade e a cobertura policial coa que contará a vila a partir de agora será maior, posto que a bordo dá bicicleta pódense peitear todos os lugares do centro histórico e a diferenza dás patrullas a pé, as distancias percorridas polas parellas de axentes serán visiblemente superiores.
Os seis axentes que se presentaron voluntarios para desenvolver estes labores están especialmente preparados para atender as necesidades dos viandantes e para resolver os visitantes e turistas todas as dúbidas e preguntas que lle poidan xurdir durante as súas estadías na capital do albariño. Do mesmo xeito, este corpo interno dá Policía Local cambadesa está perfectamente autorizado, como o resto dos seus compañeiros, a impor sancións non caso de que os feitos así ou requiran.

  

Imaxe de modernidade
Maximino Cid Ferro, o inspector xefe dá Policía Local, encomiou este proxecto e defendeu que «estes axentes poderán abranguer moito máis territorio non mesmo servizo e mesmo sorprender moito máis en caso de posibles infraccións xa que é un medio de locomoción silencioso e que conta cun ángulo de visión enorme». Para rematar resumiu o servizo tachándoo de «ecolóxico, fresco, san e pedagóxico».
A Policía Local busca reducir as emisións de gases contaminantes e non se esquece dás motos eléctricas
A bicicleta presenta o usuario como un medio de locomoción barato, san e marcadamente ecolóxico porque non emite ningún tipo de contaminación, nin de gases tóxicos nin de ruídos. Baixo esa bandeira presentar esta nova división policial no que se converteu na segunda aposta decidida por manter limpo o aire de Cambados tras a proba, durante un período de quince días, dás motos eléctricas que tampouco lanzaban ao ambiente gases e que foron do gusto dos responsables técnicos do corpo. Tendo en conta que ou parque móbil cambadés supera a barreira dos 10.000 vehículos, toda colaboración neste sentido é pouca para minimizar os ruídos e as emisións.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s