Humor Grandecheo: FESTA DUN DIA, POUCA RUINA CRIA, SI DURA MÁIS, QUIZAIS, QUIZAIS.

Cambados 2 de xullo de 2010

RIF ROCK NON PARA

 

Hoxe exactamente, Venres 2 de Xullo, cúmprense 11 anos dende aquel 1999 que  abriron as suas portas. E dende mañan mesmo comezan a celebralo con todos vós.
Sábado 3 de Xullo 23:30h.
O día seguinte de cumprir 11 anos, festa por todo ou alto cunha sesión dobre en directo, cos FILLOS BASTARDOS DE PETER LORRE  acompañados dunha banda sorpresa como teloneiros
BILLY .

 

 

 

Cambados 2 de xullo de 2010

TON TROVADOR VOLVE A GALICIA

QUERE UN COCHE PARA IR DE XIRA

“Alguén ten un cochiño ou sabe de alguén que me poida deixar ou alugar baratiño un coche que ande para facerlle uns 2000 km en 10 días? É que o que me ían a deixar ao final non pode ser. Non necesito que sexa grande nin que corra nin nada diso.Con que caibamos a guitarra, o caixón e eu e non nos deixe tirados vou que chuto. Moitas grazas! Tom “

 

 

 

Cambados 2 de xullo de 2010

O BNG DE CAMBADOS PROPÓN A UNHA GRANDE CHEA CANDIDATA O PREMIO DA CULTURA DE 2010 NO ALBARIÑO

O BNG de Cambados ven a propoñer a Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande Chea de Cambados o premio da Cultura que cada ano se otorgan na Festa do Albariño de Cambados. Unha asociación que leva 25 anos facendo cousas para a xente de Cambados pasar un anaco alegre ben merecen esa distinción no seu 25 aniversario. Non é hora de destacar aqui as cualidades desta Asociación que todos coñecemos e están as hemerotecas para amosarnos que nestes 25 anos foron un referente en Cambados. O Antroido este vivo grazas a eles durante moitos anos, senón que seria deste festa en Cambados. Animadores sen dubida do Albariño fixeron que o nome de Cambados destacara por cousas alegres e sobre todo lícitas. Sabemos que o propoñelo nos igual non nos fagan nin p… caso, pero seria unha inxustiza non darlle este premio. Todos que estades engadidos neste espazo debedes apoiar esta iniciativa os grandecheos son merecedores dela.

Nova sacada do facebook de do BNG de Cambados, preme AQUI para vela.

 

NOTA DE UNHA GRANDE CHEA.,- Moitas grazas o BNG por esta iniciativa, pero non somos ilusos, máis ben somos lusos, e sabemos que o que non pertence a órbita do PP en Cambados non ten nada que facer publicamente. Non sabemos  se somos merecentes desta distinción, pero si é certo que este premio o  recibiron outras entidades con moitos menos méritos que nos.  Grazas e unha aperta os instantes.

 

 

 

Cambados 2 de xullo de 2010

MARIA ELENA PRIEGUE EXPÓN EN EXPOSALNÉS

Exposición de Mª Elena Priegue Padín, natural de Padrón, descendente de artistas, bisavó escultor e tallistas (taller aberto en “O Hórreo de Santiago” en 1840 e a súa avoa pintora). Elena Priegue (nome artístico) presenta esta vez un traballo novo. Baixorelieves con motivo do Xacobeo, Xilografías (unha mostra dás que están na Exposición permanente nel Toboso (Museo Cervantino) e outras sobre Mª Pita e ou seu contorna realizadas pola artista sobre a heroína da Coruña non tempo de Felipe II (pertencente a Orde de Cabaleiros de Mª Pita). Acuarelas , e outras xilografías de distintos temas (ou cine por exemplo), baixorelieves en DM e algún óleo. É un mostra completa. — Centro de Desenvolvemento Comarcal do SalnésPaseo dá Calzada s/n36630 Cambados (Pontevedra)Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

 

 

 

 

Cambados 2 de xullo de 2010

CASA MARIÑEIRA LOURDES, CAMBADOS  “O MAR NUNHA CASA RURAL”

– Descrición da Casa. Avenida A Pastora 97-95B, Cambados , 36630
A Casa Mariñeira Lourdes de Cambados, situada na zona das Rías Baixas de Galicia, é unha granxa reformada. Conta con conexión inalámbrica a internet gratuíta e cun parking gratuíto.
As habitacións da Casa Mariñeira Lourdes dispón de TV e de mobiliario de estilo rústico. Moitas ofrecen vistas ao mar, aos xardíns do hotel e ao campo dos arredores.
O hotel ten uns xardíns con parras de uva Albariña e tamén dispón dunha terraza. No seu interior hai un salón cun piano. O hotel pode organizar excursións en barco privado pola próxima Ría Arousa.
A Casa Mariñeira tamén ten un bar cafetería e un comedor onde se serven almorzos e ceas. Tamén se ofrece viño Albariño dos viñedos do casa.

A Casa Mariñeira Lourdes está situada nunha rúa peonil, a 50 m do museo do viño e das ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo. O centro de Cambados e a costa atópanse a 5 minutos a pé.
Actividades: Pesca, Solárium, Biblioteca, Campo de golf (a menos de 3 km), Carreiros.
Xeneral: Terraza, Habitacións para non fumadores, Calefacción, Prohibido fumar en todo o recinto do hotel, Bar, Parking , Parking gratuíto.
Servizos: Servizos de internet, Conexión inalámbrica a internet gratis, Conexión inalámbrica a internet , Información turística.

Casa Mariñeira Lourdes, Cambados – Condiciones do hotel
Atención As condicións xerais poden variar segundo o tipo de habitación, data e tarifa seleccionada. Consulta a información das habitacións antes de reservar.
Entrada: 15:00 – 23:00 horas
Saída: 12:00 horas
Cartóns de crédito aceptadas polo hotel:
Visa, MasterCard
Depósito: O hotel cargará o 40 % do importe total no momento de efectuar a reserva. Importe reembolsable .
Internet: Internet wi-fi dispoñible en todo o hotel. Gratis.
Animais: Non se admiten.

Parking: Parking gratis público dispoñible no hotel..
Suplementos: 7.00 % IVE incluído(s). Suplemento por servizo non aplicable. Impostos municipais / turísticos non aplicables .
Condicións sobre nenos e camas supletorias: Admítense nenos de todas as idades. Os menores de 1 ano gratis utilizando as camas existentes Os menores de 2 anos gratis en berce nenos maiores desa idade ou adultos pagan 19,18 EUR por persoa e noite en camas supletorias Número máximo de camas supletorias en habitación dobre 1. Número máximo de berces na habitación: 0.
Cancelacións: Se cancelas ata 7 día(s) antes da data de chegada: a casa non efectuará cargos. Se cancelas fóra de prazo ou se non te presentas: cargarase a estancia completa.

Mais información premendo AQUI

 

 

Cambados 1 de Xullo de 2010

UN GRUPO DE SALVATERRA VISITA CAMBADOS

 

A Asociación “Tempo Gañado” de Salvaterra visitou recentemente  a nosa vila, da cal levaron unha maravillosa impresión, só  criticaron que a Praza de Fefiñans non sexa peonil.  O grupo fixo a ruta das adegas, visitaron o casco histórico, as ruinas de Santa Mariña, a adega de Fefiñans, e xantaron nun coñecido restaurante da villa. Despois pola tarde visitaron a ruta dos Muiños de Meis mais coñecida como a “ruta de Pedra e da Auga”

 

 

 

 

Cambados 30 de Xuño de 2010

PANTEÓN DA MEMORIA DA GALEGUIDADE

UN ARTIGO DE FRANCISCO FERNANDEZ REI

 

     

 

A finais da década de 1960 acudín por primeira vez á igrexa de San Domingos de Bonaval para visitar no Panteón de Galegos Ilustres a tumba á que trasladaran os restos do poeta Ramón Cabanillas. Despois de tantos anos desa primeira visita aínda lembro a sensación de tristeza que me producira o verdello das paredes e a escasa luz do Panteón, e lembro tamén un certo aquel de desilusión, porque inxenuamente coidaba que serían moitos os galegos ilustres que ía achar, cando só había catro (Rosalía de Castro e Alfredo Brañas en cadanseu mausoleo, Francisco Asorey e Cabanillas soterrados baixo lousas), e os catro xa me eran coñecidos por diversos motivos. Creo que non volvín a Bonaval ata que trouxeron a Castelao en 1984. Agora xa non había verdello, o Panteón estaba iluminado e parecía integrado no Museo do Pobo Galego, que se ocupaba de mantelo limpo e digno, aínda que non era obriga súa facelo.
Bonaval converteuse nun simbólico lugar da memoria da galeguidade desde que o 25 de maio de 1891 se inaugurou o coñecido como Panteón de Galegos Ilustres co traslado desde Padrón dos restos de Rosalía. A Bonaval acudiu Curros en 1904 para facerlle a ofrenda á muller que con Cantares gallegos fundou a literatura galega contemporánea, a muller que nunha situación moi adversa soubo reivindicar a lingua galega e asemade a dignidade das galegas e dos galegos como pobo. A Bonaval acudiron galeguistas e nacionalistas no franquismo para honraren as figuras da Patria alí presentes, como o seguiron a facer na xeira autonómica. A Bonaval acudiron (e acoden) os gobernos autonómicos para realizar diversos actos. E os escritores acudiron para velar no Panteón forxadores da Patria da Lingua como Uxío Novoneyra ou Manuel María.
A sentenza xudicial que hai uns anos lle outorgou ó Arcebispado compostelán a propiedade da igrexa de Bonaval, fechada desde mediados do pasado maio, non pode acabar con esa tradición e converter o edificio, tal como recolle a prensa, nunha igrexa parroquial, onde unha vez que se estableza o horario de misas, “xa se poderá contratar persoal ou organizar algún tipo de voluntariado para vixiar o acceso. Mentres tanto, quen o queira visitar non ten máis que solicitalo”. Gustaríame saber se nesa futura igrexa parroquial o Arcebispado compostelán vai asumir o innegable valor simbólico do lugar e desenvolver o culto unicamente en lingua galega.
Á marxe de quen sexa o propietario, cómpre desbloquear a situación do Panteón, que debería ser tutelado polo Parlamento de Galicia. Cómpre crear un padroado (ou órgano similar) do Panteón onde estean representadas, entre outras institucións, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego, xunto con fundacións como a Rosalía de Castro, Brañas e Castelao e personalidades de diversos eidos científicos. Un dos labores urxentes dese padroado debería ser a redacción dun regulamento protocolario para establecer os valores cívicos, artísticos ou científicos que teñen que cumprir as mulleres e os homes que poden estar en Bonaval.
Tamén terían que establecerse criterios para o traslado dos restos ou do enterramento directo. O Panteón creouse para albergar os restos de Rosalía e uns anos despois acolleu os do xurista e político galeguista Brañas, promotor da idea, fechándose a partir de entón. Cando o 2 de xullo de 1961 morreu o escultor Asorey, o arcebispo Quiroga Palacios autorizou que se soterrase directamente en Bonaval, despois de llo solicitaren o Reitor da USC, o Alcalde de Santiago e o Comisario do Patrimonio Artístico; e cando no 1988 se trasladaron os restos do xeógrafo e matemático Domingo Fontán, foi preceptivo un acordo do Consello de Cultura Galega, que abriu un expediente para declarar a Fontán galego ilustre, con dereito a ser soterrado en Bonaval.

 

O vindeiro 15 de xullo, data do 125 cabodano de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega vai facer un cortexo cívico co mesmo percorrido do traslado da escritora desde o cemiterio padronés de Adina ata Bonaval. Con este acto quérese reivindicar que o Panteón de Bonaval sexa un espazo “laico e aberto”, porque hoxe non o é, porque “está secuestrado á vontade popular, e calquera pobo que non esixa respecto para os seus propios símbolos fundacionais non terá senón sombra sobre o seu futuro. Ningunha nación pode renunciar a iso”.
Moitos arelamos ir un día a Bonaval para gozar dun auténtico Panteón da Memoria da Galeguidade, que non precisa traslado de restos mortais, porque, como ben sinalou Xosé Ramón Barreiro, a memoria non necesita sepulturas; pero nese espazo tan simbólico si cómpre que haxa monumentos, cenotafios ou memoriais que recollan actos meritorios e trazos fisionómicos da xente homenaxeada, porque a memoria quere imaxe.
Aínda que a igrexa e o panteón de San Domingos hoxe están fechados, desde o claustro do Museo do Pobo Galego pode subirse ata o fermoso coro da igrexa para contemplar a grandiosidade gótica de Bonaval e ver a entrada da capela da Visitación (onde están Rosalía, Brañas, Asorey, Cabanillas e Fontán) e parte do sarcófago de Castelao na capela onde estivera o Cristo de Ferreiro. Logo, poden fecharse os ollos e imaxinar a Alba de Gloria pintada nunha parede e por toda a igrexa memoriais alusivos á xente que entregou o mellor da súa vida pola dignificación de Galicia e da súa lingua; pode imaxinarse unha intervención escultórica na capela onde está Rosalía, para que os que xacen baixo lousa nunca máis volvan ser invisibles cando alí se vele alguén; e tamén se pode imaxinar que a tumba de Cabanillas xa ten o seu epitafio-encomenda: 
Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten aas: POETA
e esta palabra que ten luz: GALLEGO

Estes versos –moi posiblemente as primeiras palabras en galego que lin na miña vida– están gravados nun rústico panteón do cimeterio de Fefiñáns onde enterraran o autor de Vento mareiro a finais do 1959; pero desde que o 12 de agosto de 1967 o trasladaron a Bonaval, a lousa que lle dá sosego aínda non ten a encomenda que lle fixera á súa muller.

Un artigo de Francisco Fernández Rei.

 

 

 

Cambados 29 de xuño de 2010

VOLANDEIRA, AFIANZASE NO SERÁN

A ASOCIACIÓN CAMBADESA PARTICIPA EN TRES APARTADOS.

 

Tiñamos claro dende un principio que a Asociación Obradoiro Volandeira non ia fallar neste III Serán Ramón Cabanillas, Volandeira están a ser un referente en Cambados na recuparación dos elementos tradicionais tanto referidos a traxes, recuperación de tradición (xigantes de San Bieito) como no referente o aspecto músical. Neste serán Volandeira vai participar no Serán , primeiramente cun grupo xuvenil, logo un grupo de pandereteiras (maiores) e para rematar co seu grupo de música. Temolle que dar as grazas especialmente a este grupo xa que o dia seguinte do Serán  é o seu dia grande o dia de San Bieito donde participan de xeito preferente co concurso de xigantes,  e cun protaganismo especial tanto a maña como a tarde no que se refire os actos procesionais..

 

 

 

Cambados 28 de xuño de 2010

PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE DOS “XEITOSIÑOS”

A SUA PROXIMO ACTUACIÓN NO III SERÁN RAMÓN CABANILLAS

"OS XEITOSIÑOS"

 

Onte as 20.30 horas tivo lugar no Auditorio de Cambados o concerto dos alumnos de Dª Pitusa Losada. Actuaron Carmen Chaves Charlin, Manuela Chaves Pérez, Noa Rivas Martinez, Julia Baulo Martinez, Roi Xesteira Serrano, Anxo Xesteira Serrano, Roberto Gesteira Miñarro, Rebeca Chaves Pérez, Jessica Sánchez Rebollido a profesora de canto Beatriz Riobó Agulla, tamén se recitaron poesias por parte dalgún dos alumnos compostas por Mucha Durán. Amén de ser un concerto ameno e entretido e que xa anunciaramos neste espazo, donde poidemos apreciar o progeso que están a facer os alumnos de Pitusa, o final do mesmo deparounos a sorpresa da noite, nada máis e nada menos que a presentación en Sociedade do Grupo de Gaitas “Xeitosiños” de Cambados . O quinteto formado por Anxo, Roi, Miguel, Roberto e Victor sorprendeu a todos os presentes , o mais vello non levanta un palmo do chan, e ali os vias no escenario desenvolvéndose con soltura, o mellor de todo é que os podemos ver no vindeiro Serán do dez de xullo que organiza o Club Juventud Cambados e Unha Grande Chea. Pero ir abrindovos boca, aquí vos deixamos un video dos mesmos interprentado “A rumba dos cinco mariñeiros”.

 

             

 

 

 

Cambados 27 de xuño de 2010

PRESENTACIÓN OFICIAL DO VIAXE A HOLMFIRTH

 

Onte sábado as 19.30 horas tivo lugar no Café Continental de Cambados, a presentación da viaxe da oficiosa Selección Cambadesa a  Holmfirth en West Yorksire, a poucos quiulometros de Manchester.

Todo xurdiu grazas a amizade entre o xogador e capitán do C.J. de Cambados, Edu Charlin, cun inglés chamado Julián, quen comprou unha vivenda para veranear en Vilanova de Arousa fai uns anos. O inglés soubo das viaxes cada verán a Palas de Rei, Lugo, dunha non oficial selección cambadesa de fútbol para xogar contra outra non oficial selección palense un interesante encontro a confraternizar posteriormente , Julián propúxolle a Edu ir a Inglaterra a facer o mesmo, e o que empezou como unha coña estase a punto de converter en realidade con 26 cambadeses rumbo a Holmfirth.

Programa:

Xoves 1 de Xullo: Sáida dende Porto ás 12.10, chegada ó auroporto de Liverpool e traslado a Holmfirth.

Venres 2 de xullo: Partido ás 15 horas contra a selección de Holmfirth. Despois meranda de confraternidade no campo e vista ó pobo.

Sábado 3 de xullo: Visita o campo de Old Trafford do Manchester United e tour pola cidade. Traslado a Liverpool e visita os estadios do Everton e do Liverpool FC. Pola tarde ruta dos Beatles.

Domingo 4 de xullo: Regreso a Cambados via Porto.

Patrocinadores: Asesoria Asede Vilanova, Efectos Navales Arroás, Café Continental, Gimnasio Vital Sport, Naútica Vidal, Albariño Mar de Ouro, Construcciones Hermanos Prado Tirrado, Autocares Nuiéz Barros.

Agradecementos: Sportman e Gráficas Articolor.

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s