Humor Grandecheo: O QUE PARTE E BEN REPARTE, PARA SI GARDA A MELLOR PARTE

Cambados 27 de Xuño de 2010

O NOVO DESPREGABLE XA ESTÁ NA RUA

CUNHA ENTREVISTA O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA  E BIOGRAFO DE CABANILLAS: “LUIS REI”

 

 

Con entrevistas a Luis Rei, autor da exhaustiva biografía de Ramón Cabanillas. Achegánnos ó estudio de deseño Nadadora, entrevistan a Los Justicieros, (garage surf’n’roll from the Death Coast!!!), e a Melissa Atkinson. Introducenos á Bienal de Pontevedra e os seus Utrópicos, atoparedes a crónica completa dos seus reporteiros no Festival do Norte, fan un pequeno homenaxe ó gran actor Andres Pazos co que tiñan unha entrevista pendente, e repasan o universo da banda Mudhoney. Ademáis moitas das suas seccións habituais, as Revelacións fotográficas, o boletín do SPJ, a Cara B, os comics de Newra e o GZ Canibal… e todo envolto no deseño de Joana Machado, do Estudio CÖLONIA de Porto.

E para os que vos fagades socios (lembrade 20€ anuais) levades o cd dobre do 8º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra…

 

 

 

Cambados 27 de Xuño de 2010

MAXIMINO CID FERRO REVOLUCIONA A PRAZA DE FEFIÑANS

ESTIVO A PUNTO DE CONSEGUIR O TAN ANSIADO POR DIVERSOS COLECTIVOS DA VILA “A PEONALIZACIÓN DA PRAZA”

O ALCALDE LUIS ARAGUNDE CEDEU EN PARTE, PERO NON EN TODO.

 

Maximino ha de rematar peonalizando a Praza de Fefiñans.

 

Se algún colectivo en Cambados sufriu un gran troco dende fai un tempo para acó foi a Policia Municipal de Cambados, o seu actual xefe Maximino Cid Ferro, está claro que está a revolucionar, para ben, este colectivo e está  a poñerlle as pilas tamén os dirixientes cambadeses. Cursos de formación, circulación na docencia, video de Esperanza Salnés,  “semipeonalización de Praza de Fefiñans”, e outros tantos logros son os que está a acadar Maximino.  Que non faria este home si os nosos teimudos dirixentes no tiveran “afastado inxustamente” do servizo durante oito anos.
 Maximino o final decideu que os peóns terán prioridade á hora de circular pola emblemática Praza de Fefiñáns. Así o determina a nova sinalización colocada onte polo Concello a suxerancia de Cid que limita a circulación dos vehículos pola zona a 30 quilómetros por hora.
O certo é que a peonalización da Praza de Fefiñáns é unha demanda histórica da cidadanía desde fai xa anos. Agora, grazas a Maximino o Concello dá un tímido paso adiante neste compromiso coa denominada Zona 30 que vén ser algo así como “zona compartida” xusto desde a entrada a Fefiñáns ata a saída da rúa Real.
Estamos seguros de que Maximino acabará convecendo a Alcalde Aragunde para peonalizar definitivamente a praza, é cousa de tempo.

 

 

 

Cambados 27 de xuño de 2010

A III FEIRA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS XA ESTÁ EN MARCHA

 
Por terceiro ano consecutivo, Pontearnelas atópase no circuíto de localidades onde se organiza unha festa medieval, como son as de Pontevedra, Baiona, Betanzos ou Ribadavia. A cita no Salnés é o fin de semana do 3 e o 4 de xullo, e foi presentada onte polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e polos alcaldes dos tres concellos que baña o río Umia nas proximidades de Pontearnelas, que son os de Ribadumia, Cambados e Vilanova.
Louzán destaca a importancia da festa deste ano por coincidir co Xacobeo, e recorda algunhas das connotacións históricas e etnográficas da ponte, xa que foi lugar de paso de peregrinos, e sobre el levaban a cabo os ritos de fecundidade grazas aos cales coñéceselle como "ponte dous padriños".
O programa deseñado para a festa inclúe talleres de artesáns que traballan en vivo ante o público; postos de venda de mercadores; e recreacións medievais, espectáculos de cetrería, tiro con arco e zancudos. Tamén están previstas actuacións musicais, a cargo das orquestras Latino e José Costas e Xerusalén, da formación folk Vaamonde, Lama  & Romero, e do grupo Os Lados.

 

Recreacións teatrais
A Feira Medieval de Pontearnelas empeza o día 3 ás seis da tarde, coas exhibicións gremiais e a apertura dos postos. Ese día a capela de Santa Marta convértese nun escenario teatral, pois hai unha obra do grupo Vale Innova, unha dramatización do "Rito dos padriños" e un monólogo medieval versificado. A xornada péchase coa cea medieval, á que os asistentes poden acudir coa comida traída das súas casas, ou comprala nos postos da festa. Unha das características da presente edición que máis se coidou é a organización de actividades en diversos lugares, como a ponte de Santa Marta, a ponte vella, ou o novo campo de festas.
As persoas interesadas en acudir á cea teñen que reservar mesa nos concellos de Vilanova, Ribadumia ou Cambados. Así mesmo, o público ten a posibilidade de alugar un traxe de época medieval, xa que a organización recomenda acudir eses días a Pontearnelas disfrazado, para dar maior realce ao evento. Pontearnelas foi unha importante vía de paso comercial entre a costa e o interior da provincia.
Un artigo de A. Martinez.

 

 

 

 

Cambados 25 de xuño de 2010

ENTREVISTA A MANSO
DIRECTOR DE “ VILAXOAN CANTA”

Fincado en Cambados pero vilaxoanés ata a medula, Salvador Cores, o Manso , é a alma máter dunha peculiar iniciativa con 30 anos de vida que con cada festa do Carme saca a cantar a case todos os seus veciños: Vilaxoán Canta . Este ano a cita será o 19 de xullo.
-Como naceu a idea de «Vilaxoán Canta»?
-Foi unha idea de Máximo Patiño, coa miña colaboración, no ano 1980. Daquela Patiño dirixía a coral de Vilaxoán, que é a que alimenta Vilaxoán Canta . Vilaxoán canta ao compás dás ondas do mar. É un pobo moi cantarín. As abrandares agardaban cantando no peirao os homes que viñan do mar cantando. A idea era recoller cancións que se estaban esquecendo, propias de Vilaxoán, e interpretalas todo o pobo o luns do Carme, logo dos actos relixiosos.
-Nos ensaios dirixe vostede a unhas cen persoas. Semella complicado…
-Todo é complicado, pero unha vez lle colles o asunto, faise doado. Para Vilaxoán Canta ensaiamos desde dous meses antes, os martes e venres de oito e media a dez dá noite na Confraría de Pescadores Virxe do Rosario. E non sempre repiten os mesmos en cada ensaio. Cantamos zarzuelas, cancións populares, e sobre todo habaneiras. Ou día dá actuación xuntámonos tranquilamente unhas 3.000 persoas, aínda que algunhas só para escoitar.
-Din que este ano haberá ademais algunha sorpresa…
-A que me queren dar a min. Eu non sei nada dela.
Unha entrevista de Pablo Penedo.

 

Cambados 27 de xuño de 2010

NOVO TITULO PARA A CAMBADESA ARACELI BUGALLO
CAMPIONA GALEGA DE ESPADA

A tiradora cambadesa do Compostela Esgrima, Araceli Bugallo, proclamouse o pasado sábado en Ferrol campiona galega de espada. E fíxoo ademais cunha notable suficiencia, cunha soa derrota ao longo dá cita autonómica.
A derrota en cuestión producíuse nas roldas previas que se fan para acceder ao cadro final, xa con eliminatorias directas nas que unha picada pon punto e final á participación no campionato. Nos cuartos de final Araceli Bugallo superou con suma facilidade a luguesa Lucía Seijas, para vingarse acto seguido na súa semifinal dá única rival que a superase ata entón, Rosa Cano, por 15-7.
Este mesmo foi ou marcador co que a cambadesa venceu no desbasto polo título a Olalla Neto, do Oliveira de Vigo. Araceli puxo así punto e final á tempada, ao renunciar a acudir ao Campionato de España desta fin de semana por organizar ou primeiro torneo de esgrima de Vilagarcía, onde dirixe a escola municipal dá especialidade

 

 

Cambados 27 de xuño de 2010

ACTO  CIVICO REIVINDICATIVO EN SANXENXO

ROSALIA DE CASTRO A ESTRELA.

Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro e pola reapertura do Panteón de Galegos Ilustres.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro xoves 15 de xullo, día do 125 aniversario do falecemento de Rosalía, un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), o cortexo cívico conta co apoio e a colaboración de diversos colectivos populares, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Alexandre Bóveda, Auriense, LugoPatrimonio, Maio Longo, Solfa e Fundacións como Rosalía de Castro, Manuel María e Bautista Álvarez, entre as máis de 150 organizacións culturais, veciñais, xuvenís, etc. que xa se sumaron a esta iniciativa ao longo destas semanas.
O programa (que se actualizará no web: http://www.aelg.org) desenvolverase do seguinte xeito:
16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina (Padrón): Presentación da iniciativa. Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.
17.45 Saída do tren, identificado co nome Follas Novas, cara a Santiago.
As persoas que queiran formar parte do cortexo facendo uso do tren, entre Padrón e Compostela, deberán anotarse, antes do vindeiro 8 de xullo no correo electrónico oficina@aelg.org ou no teléfono 981 133 233 (luns a xoves, de 08:00 a 14:30 e de 15:30 a 17:30; venres de 08:00 a 14:00). O prezo será de cinco euros por persoa, que se aboarán durante o traxecto. (A viaxe en tren é só de ida desde Padrón a Compostela).
18.00 Recepción do tren "Follas Novas" na estación de Santiago de Compostela onde estará agardando a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumará neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás. Recibimento musical. Saída pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural acompañados en todo momento de música.
18.45 Praza do Toural. Lectura de 3 poemas de Cantares Gallegos. Interpretación da peza “Cantigas e Agarimos” pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
19.15 Praza da Universidade. Audición do PietatSignore, de Stradella; lectura doutros tres poemas de Cantares Gallegos.
19.30 Praza de Cervantes. Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía. Lectura doutros tres poemas.
19.45 San Domingos de Bonaval. Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións dos grupos musicais e artistas participantes, lectura do comunicado/manifesto sobre os 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres. Canto do Himno Galego.

 

 

Cambados 27 de xuño de 2010

CONCENTRACIÓN DE APOIO A GALIZA NOVA

O DIA UN DE XULLO DIANTE DA SEDE DOS XULGADOS DE VIGO.

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN, POLO DEREITO A FALARMOS EN GALEGO!

  

1.- Iria Aboi . 2.- Gloria Lago

A secretaria xeral de Galiza Nova fixo onte a  mañá unha rolda de imprensa ás portas do instituto San Tomé de Freixeiro de Vigo -onde imparte aulas Gloria Lago- para avaliar a demanda interposta por Galicia Bilingüe. “É unha demanda claramente política, coa que Galicia Bilingüe non só está a denunciar a Galiza Nova, senón que está demandando aos miles de galegos e galegas que queremos galego e que defendemos o dereito máis elemental de calquera pobo do mundo, que é poder vivirmos na nosa lingua con normalidade”, sinalou Iria Aboi.
Iria Aboi expuxo, así, a posición da nosa organización, que foi citada a un acto de conciliación, logo da demanda presentada pola presidenta de Galicia Bilingüe contra Galiza Nova na que reclama 30.000 euros, polo presunto delito de facerse eco das queixas de estudantado e profesorado sobre o seu papel como docente e publicalas nun boletín repartido ás portas do IES San Tomé. “Neste boletín, Galiza Nova apelaba á inspección educativa a actuar e evitar agresións contra a lingua galega nas aulas que imparte a presidenta de Galicia Bilingüe”, explicou Iria Aboi. “En ningún momento se buscou danar a honra de ninguén, senón poñer en coñecemento da opinión pública as súas actitudes hostís contra a lingua galega nas aulas dun instituto de secundaria, no que se debería respectar, como docente, o idioma propio de Galiza”, dixo.
Para a secretaria xeral de Galiza Nova “ningunha das afirmacións contidas na publicación son falsas, son a opinión expresada libremente por membros da comunidade educativa do IES San Tomé, constitúen o máis puro exercicio de liberdade de expresión que é entendida por esta señora como un feito constitutivo de delito e como unha deshonra”. “Cremos que é unha reacción desproporcionada e inxusta, que tenta desvirtuar o dereito democrático que a nosa organización ten para criticar as ideas que, como presidenta dun colectivo, proclama contra a lingua galega”, destacou.
“A súa teima contra o galego parece que a cega ao non querer aceptar que existen opinións políticas diferentes ás dela e que temos todo o dereito a expresalas e defendelas”, engadiu a secretaria xeral de Galiza Nova. “A organización á que represento e á que representarei tamén no acto conciliatorio previo ao xuízo non mentiu no que se contén no artigo”, lembrou. Así, a secretaria xeral de Galiza Nova asistirá o 1 de xullo ao acto de conciliación no que está citados “aínda que sabemos que este acto non busca conciliar nada, máis ben todo o contrario”. “Esta citación tenta criminalizar a todos os defensores da lingua galega e ante isto Galiza Nova seguirá manifestando a súa posición frontal e crítica co proxecto anti-galego que representa Galiza Bilingüe e, polo tanto, tamén a súa presidenta”, afirmou.
“A señora Gloria Lago demanda a todos e todas os que temos o atrevemento de opoñernos ás súas ideas democraticamente a través da nosa voz, clara e enérxica, e da nosa mobilización por iso lle queremos anunciar que está a cometer un tremendo erro, porque o conxunto da sociedade defende a liberdade de expresión e non está de acordo coa súa forma de proceder”, destacou. “A señora Gloria Lago pensa que Galiza Nova vai claudicar na defensa do galego a través desta demanda, engánase pois imos combater aínda con máis forza a súa teima contra o galego e tamén a profunda xenreira que ten contra os que pensamos diferente a ela”, dixo. “Esta demanda dános máis folgos aínda para defender a nosa lingua e para defender a liberdade, o respecto e a tolerancia, valores que deben imperar nun centro de ensino”, engadiu.
“As mozas e mozos galegos de Galiza Nova sempre defendemos as causas xustas, esta é unha delas, e por iso facemos un chamamento á concentración de apoio que que celebrará diante dos xulgados novos de Vigo o vindeiro 1 de xullo, a partir das 10.00 da mañá, baixo o lema ‘Pola liberdade de expresión, polo dereito a falarmos en galego’ porque eses son os dereitos que se presenten atacar con esta demanda”, concluíu Iria Aboi.

 

 

 

 

Cambados 25 de xuño de 2010

ROLDA DE PRENSA DA SELECCIÓN DE CAMBADOS

NO CAFÉ CONTINENTAL O SÁBADO ÁS 19.30 HORAS.

 

Os denominados “26 de Holmfirth‏”, realizan unha rolda de prensa o vindeiro sábado 27 de xuño as 19.30 horas no Café Continental de Cambados, nesta rolda de prensa, polo pouco que sabemos, van presentar o equipo, o libro de ruta, os patrocinadores do evento e sobre todo o programa de actos dos catro días que van estar en Holmfirth – Inglaterra. Todo un reto para estes rapaces non sairan, todos xuntos, pouco máis aló de Palas de Rei. Esperan que todos asistades a rolda de prensa. Como non podia ser menos Unha Grande Chea ten representación nesta viaxe xa que un dos seus directivos Chon Jr. é dos seleccionados e ademáis vai ser o encargado de realizar oçunha reportaxe gráfica da viaxe.

 

 

Cambados  24 de xuño de 2010

ESPERANZA SALNES FINALISTA DO CONCURSO ESTATAL DE TEATRO.

TODO O MÉRITO É DOS MONITORES, DOS NENOS, DE MAXIMINO CID E SOBRE TODO DE OLGA GONZALEZ

QUE NINGÚEN MAIS SE COLGUE MEDALLAS PORQUE NON AS MERECE.

     

Esperanza Salnés cóase entre os finalistas do concurso nacional de teatro da DXT.
Cando existe ilusión e ganas de superarse, todo é posible. Polo menos iso é o que demostraron os nenos do centro cambadés Esperanza Salnés. Co seu bo facer, co seu talento e co seu esforzo conseguiron coarse entre os tres centros finalistas do concurso nacional sobre seguridade viaria organizado pola Dirección Xeral de Tráfico. E é todo un mérito. No certame participaron un total de 27 centros de todo territorio español e, ao final, o xurado só elixiu a tres entidades por consideralas as mellores entre todas as presentadas. E entre elas está Esperanza Salnés que coa peza teatral “O noso pobo é fermoso” creada por Olga González Vilas conseguiu chegar ao corazón dos xuíces.

O centro cambadés atópase agora no último chanzo dunha carreira de fondo que empezou fai xa varios meses. E é que os rapaces, sexa cal for o seu posto definitivo, xa teñen premio. As bases do concurso fixan o galardón en 8.000, 4.000 e 2.000 euros dependendo de se ao final quedan en primeiro, segundo ou terceiro lugar respectivamente. E toda axuda cae como chegada do ceo nas arcas do centro de axuda a persoas con discapacidade.
O que si é certo é que a representanción teatral de “Ou meu pobo é fermoso” é unha campaña pioneira na comunidade autónoma galega. Esta comezou fai xa uns meses coa implantación de xogos didácticos adaptados para as persoas con discapacidade para que estes poidan coñecer as reviravoltas da educación viaria e, ao mesmo tempo, aprender os mecanismos de prevención que poidan ter ao seu alcance.  A idea de facelo foi do actual Xefe da Policia Local de Cambados, Maximino Cid.

Ao redor de vinte rapaces asiduos ao centro cambadés foron os que participaron na gravación dunha representación teatral que, sen dúbida, traspasará as fronteiras do municipio cambadés.
Última representación:  A pesar de todo, os nenos de Esperanza Salnés aínda teñen que superar un último escollo para convencer do todo ao xurado. A organización fixa para a semana do 18 de outubro deste mesmo ano unha nova representación da peza dramática que se realizaría no municipio cambadés. A ela asistirían altos cargos da Dirección Xeral de Tráfico que son os que están exercendo como xuíces á hora de deliberar sobre o mellor anuncio de entre todos os centros que se presentaron ao concurso. A posta en escena terá lugar no salón de actos do instituto Francisco Asorey.
A iniciativa contou, desde un primeiro momento, coa axuda e a colaboración dos actores da agrupación de Teatro Caracol e sobre todo da súa directora Olga Gonzalez Vilas, participaron a titulo personal o presidente e secretario de Unha Grande Chea , Domin e Chon. A pesar de todo, nada sería posible sen o esforzo e os moitos ensaios que os monitores e nenos empregaron para sacar adiante esta proposta.
E de feito, a recompensa está ao virar a esquina. Este tipo de campañas son unha mostra de que todos os que queren poden conseguir grandes logros, sobre todo en temas de tanta sensibilidade social como é o da seguridade viaria.
A asociación cambadesa opta a un dos tres galardóns de ámbito nacional .
A obra de teatro realizada pola asociación cambadesa de atención a nenos con discapacidades Esperanza Salnés é unha das premiadas a nivel nacional. Oscar , Delegado dos monitores  de Esperanza Salnés, considera o galardón "un éxito sen precedentes" que "referenda o traballo" de "unha entidade pequena e modesta, aínda que referencial" a nivel comarcal. Os monitores  cren que este premio significa "un salto cualitativo enorme a nivel de prestixio", e asegura que un "evento de tal envergadura supón unha satisfacción enorme" para os membros de Esperanza Salnés.
A obra, titulada "O Noso pobo é fermoso", dispútase con outros dous centros de Zaragoza un primeiro premio .Esperanza Salnés atende actualmente a 26 nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, dos que ao redor de 20, acompañados por terapeutas e membros da compañía Teatro Caracol, participan nesta peza teatral.
A gravación en formato dixital da obra proxectarase ademais no curso de verán de educación viaria que o Concello de Cambados e a Policía Local teñen previsto celebrar o primeiro fin de semana de xullo.O guión de "Noso pobo é fermoso" foi escrito pola directora da compañía Teatro Caracol, Olga González Vilas, e ten como protagonistas a Doa Norma (de circulación) e a Doa Prudencia.
A peza destaca polo seu orixinal posta en escena, na que as vivas cores das indumentarias dos protagonistas brillan sobre un fondo negro.
Cada un dos nenos que participan na representación está acompañado por unha persoa de apoio, e os diálogos son interpretados por unha voz en off. 

 

 

Cambados 24 de xuño de 2010

II CURSO DE FOTOGRAFIA

ORGANIZADO POR QUICO ALVAREZ

    

Queda aberta a matrícula para o II Curso de Fotografía que organiza Quico Álvarez en Cambados.
Pensado para ofrecer unha introdución que permita sacar o maior partido da fotografía dixital, coñecer a súa forma de expresión para gozar coa práctica da fotografía e comunicar con imaxes.
Desde o 5 ata o 22 de xullo de 2010, de luns a xoves de 20 a 22 h., con prácticas en horarios libres.

O curso terá lugar no Centro Comarcal do Salnés de Praza da Calzada de Cambados.

 

 

 

Cambados 24 de xuño de 2010

RAMÓN CARIDE PRESENTA EN NOVA YORK A SÚA ÚLTIMA PUBLICACIÓN “CRIPTOGRAFÍAS” 

 

Que a literatura con cuño e orixe galega traspasa fronteiras é un feito, e boa proba diso son nomes recoñecidos como o do escritor e profesor Ramón Caride, fincado en Cambados desde fai xa varios anos.
Unha das súas últimas publicacións, “Criptografías”, viaxa a próxima semana á cidade de Nova York. Caride viaxará a unha das cidades máis importantes o mundo para dar a coñecer o contido dun libro baseado fundamentalmente nas viaxes e na pegada que estes deixaron nel.
A presentación oficial será o próximo día 2 de xullo ás oito da mañá local no salón principal da coñecida Spanish Benevolent Society, unha fundación que dá a coñecer a cultura española á sociedade norteamericana.
O artista fincado en Cambados e profesor desde fai anos no instituto Ramón Cabanillas da localidade presentará a súa obra, en galego e castelán, en primeira persoa e ante un público que seguramente xa coñece outros títulos anteriores do artista.
“Criptografías” é, segundo define o propio autor, un “viaxe poliédrico que se debate sempre entre a partida e o retorno, entre as paisaxes propias e os alleos”.
A obra é rica en contido dado que se completa con interesantes achegas teóricas de autores como o mexicano Leonardo dá Jandra e o galego Darío Gancedo que abren e pechan o poemario mostrando algunhas das súas claves e evidencias.
O libro de Caride recolle tamén poemas escritos con ocasión das súas cinco anteriores viaxes a distintos lugares de América, así como durante a súa estancia en Nova York no ano 1997 ou en Irlanda no 99 en compañía do seu amigo poeta Francisco Álvarez Koki.
O certo é que Ramón Caride é un dos escritores máis prolíficos da comarca do Salnés. A súa traxectoria literaria empezou como poeta, co libro “Poesía Accidental” no ano 1984 e “Paisaxe de verde chuvia” no 86. “Flor non deserto” e “Xeografías do sal”, ademais de “As máscaras de Cronos”.
De todos os xeitos, o artista fincado en Cambados cultivou tamén outros paus da literatura tocando xéneros para todos os públicos e idades.
Un artigo de Fatima Frieiro.

 

 

 

Cambados 23 de Xuño de 2010

PRESENTACIÓN DO LIBRO “AS COLAREIRAS DO GROVE”

DE PATRICIA ARIAS E ANTÓN MASCATO

NA AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS DE GONDOMAR.

 

Nun acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, o próximo venres, 25 de xuño, ás 20.30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira, 10 Gondomar) terá lugar a presentación do libro “As colareiras do Grove” de Patricia Arias e Antón Mascato, na que participaran os autores, o editor Miguel Muñíz, de Todogrove Edicions; Xosé Lois Vilar Pedreira, subdirector do IEM e os irmáns Serafín, Enrique e Amparo Lorenzo Fernández, que foron os propietarios de Industrias Nacamar de Sabarís, Baiona.

No libro inclúese un capítulo sobre a historia de Industrias Nacamar, fundada en 1946 en Sabarís por Serafín Lorenzo e Amparo Fernández. A partir dun negocio orixinario adicado á venda de xoias e reloxos, a familia Lorenzo Fernández creou unha fábrica de obxectos decorativos que usaba as cunchas como materia prima fundamental.

(+info: 608 21 69 67)

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s