Cambados 2 de Xuño de 2010
ATOPAN UNHA PERLA NUNHA AMEIXA
PROCEDÍAN DA DEPURADORA "JOSE MARÍA DAPORTA E HIJOS".
NUNHA CEA NO BAR XEITO DE FEFIÑANS.
A perla atopada nunha ameixa da depuradora "José María Daporta e Hijos".
No Bar Xeito de Cambados teñen lugar todos os xoves do ano unha cea levada a cabo pola Peña Xeito, na que os “cociñeiros”Carlos e Nolo fan as delicias dos que alí asistimos cear. O xoves último había como menú cigalas, ameixas e Abadexo con patacas e unha hallada. Pois ben un dos comensais atopou nunha das ameixas unha pequena perla que podedes ver na fotografía. Todos cambadeses sabemos da calidade das ameixas da Depuradora "José María Daporta e Hijos" e non nos estraña este achado, se hai algún incrédulo entre os lectores deste artigo chamar o telefono 657958909 que é o actual posuidor da perla. Doutra banda dicir que as ceas son totalmente masculinas, agás unha vez o ano en que son invitadas as mulleres dos comensais, sinalada nesta ocasión para o vindeiro 17 de xuño, onde será sorteada a perla debidamente aderezada cun pouco de ouro entre as mulleres asistentes a cea.
As perlas son o produto dunha reacción de enquistamento dunha partícula estraña dentro do corpo brando dos moluscos, especialmente nos bivalvos. As perlas máis coñecidas son as consideradas como xemas ou pedras preciosas, pola súa simetría e o seu particular lustre. As perlas preciosas son producidas na súa inmensa maioría polas ostras pertencentes á familia Pteriidae.
Carlos e Nolo deleitanos todos os xoves con riquísimos e económicos menús.
As perlas naturais fórmanse cando un corpo estraño penetra ao interior do corpo do molusco, o cal reacciona cubrindo lentamente a partícula cunha mestura de cristais de carbonato de calcio (CACO3) e unha proteína chamada conchiolina, formando a sustancia coñecida como nácar, que é a sustancia que forra a cavidade paleal do animal (as paredes interiores das valvas). Ao cabo dun período variable a partícula termina cuberta por unha ou máis capas de nácar, formando unha perla.
As perlas son de tamaño, cor e forma variables. O valor da perla determínase en función de criterios varios pero pode dicirse que se centran en tres: unha forma desexable (por exemplo, as esferas perfectas ou as "bágoas"), a rareza da súa cor (case toda a gama entre o branco e o negro) e naturalmente a talla. Aínda que as características estéticas e de tamaño son fundamentais na valoración dunha perla, o prezo final depende en gran medida das tendencias da moda do momento.
A perla máis grande atopouse en 1934 en Filipinas no interior dunha ameixa xigante, e se lle deu o nome de perla de Alá, tamén lla coñece como Lao-tze. Pesaba 6,37 Kg e medía 22,5 x 12,5 cm.
Cambados 2 de xuño de 2010
EXPOSICIÓN NA “TABERNA DO TRASNO” DE CAMBADOS
A CARGO DE ANGELES MUIÑOS
Angeles Muíños transmítenos unha ledicia de vivir moi especial, quizais motivada por esa cor intensa e brillante que desprenden as súas personaxes. Individuos, homes, mulleres, que senten, viven, non tanto reais como tenros, traéndonos a máis de un, marabillosas lembranzas da nosa infancia.
Sinxela, fora de calqueira norma espontánea, son características que definen a súa arte. Inxenuidade sen dúbida. Unha trazos de nena travesa que é capaz de contarnos máis do que somos capaces de ver. Os seus cadros falan en presente sen pretender converterse nunha efixie para o futuro, por iso permanecen na retina de quen os contempla. Unha poesía infantil e chea de vida, de cor. Unha axilidade e graza que inundan os seus cadros de luz.
Os seus cadros amosan unha gran ma estría á hora da creación de liñas, da delimitación da figura…Son ledos e vitalistas. Un agasallo de producir pracer e os cadros de Angeles son agasallos para todos os ollos que se abran diante deles.
Estes días expón na “Taberna do Trasno” na rúa Príncipe de Cambados, paga a pena achegarse alí a tomar un viño e recrear a vista nos cadros de Angeles.
Cambados 2 de Xuño de 2010
ENTREVISTA A IRENE CACABELOS VIEITES
PRESENTADORA DE CRONICA 1 NOTICIARIO DO MEDIODIA DE CADEA ESTATAL INTERECONOMIA.
“VOTO MOITO DE MENOS CAMBADOS, E SOBRE TODO CASTRELO”.
Irene cunha das comparsas que fixeron historia no Antroido cambadés , a do Colexio de Castrelo.
Unha vez soubemos do éxito da nosa paisana Irene Cacabelos na canle Intereconomia, puxemonos en contacto con ela mediante o Facebook para facerlle a presente entrevista, Irene atendeunos o momento e contestou as nosas preguntas no mesmo día, o cal lle agredecemos de xeito especial.
Unha Grande Chea.- Porque te decidiches polo periodismo e en que cidade cursaches os estudos.
Irene Cacabelos.-Creo que dende que estudaba no Ramón Cabanillas e fixemos aquela mítica páxina dos domingos na Voz de Galicia ( O Canistrel…seguro que algún se lembra), non quixen ser outra cousa que xornalista. Pero aínda din un par de voltas antes de chegar á meta. Rematei Pedagoxía, funme lonxe un par de anos e á volta cursei un master xornalismo de radio e televisión.
U.G.CH.- Cal é o teu "curriculum" dentro da profesión.
I.C..- Antes de rematar o master comecei as prácticas nunha pequena e descoñecida Radio Intereconomia. Primero nos informativos de fin de semana, logo de luns a venres no informativo "Mercado Contínuo". Despois duns meses e coincidindo co nacemento de Intereconomia TV , pasei a ser redactora de informativos na canle. De ahí a copresentadora do Informativo da noite, de ahí ó informativo do mediodía, logo a ser a directora e presentadora en solitario e dende Setembro coa compaña de Manuel Gomez. (5 anos dan para moito)
Duas grandes do periodismo en Cambados e grandes amigas: Martina Miser e Irene Cacabelos.
U.G.CH.- Como chegas a Intereconomia.
I.C.– Cheguei a Intereconomia porque daquela eran as prácticas que ninguén quería. FIn de semana e nunha radio descoñecida. .Quen o pensaría entón….!!!Pero eu sempre digo que nas empresas pequenas e donde podes ter máis oportunidade de aprender e de que te deixen demostrar que podes facer. É o consello que me deron a mín e é o consello que me gusta darlle ós novos que chegan cada ano.
U.G.CH.-Votas de menos Cambados.
I.C.-Voto moito de menos Cambados, sobre todo castrelo. Espertar escoitando as galiñas. Recibir o saúdo do meu can de palleiro e pasear debaixo das parras coa miña nai a ver se a "jomarisa" medra ou non. Da comida nin falamos pero o meu prato favorito sigue sendo un bo xurelo asado na lareira. De tódolos xeitos procuro ir a miúdo.
U.G.CH.- Intereconomia é unha cadea que cada vez vai a mais, coidas que se alizerza este incremento porque vos atrevedes a denunciar o que ningún denuncia.
I.C.-O éxito de INtereconomia básase en dúas cousas: O boca a boca e o feito de que non deixa a ninguén indiferente. Sexa porque ós espectadores lles encanta ou sexa por todo o contrario. Tamén é certo que denuncia cousas que outros non se atreven a denunciar e que asume posturas que, sendo compartidas por moitos cidadáns, poucos ou ningun medio de comunicación se atreve a abandeirar.
Irene dando as novas dende Londres con motivo das Eleccións Británicas.
U.G.CH.- Eres consciente de que algunha xente tacha a vosa canle como unha cadea moi de dereitas.
I.C.-Imaxino que os xefes son conscientes cando o lema da propia canle é "orgullosos de ser de derechas". Pódese estar a favor ou non pero dende logo ambiguos non son. Ó final o mando a distancia é o que decide. Pero se facemos números, e os empresarios sempre os fan , é lóxico pensar que se un 47% da poboación vota á dereita, quere dicir que son potenciais espectadores dunha canle coma esta. A audiencia sempre manda.
U.G.CH.-Polo teu Facebook enteramonos de que pensas estar na Festa do Albariño de esta ano, que pensas da nosa festa por excelencia.
I.C. -Nunca falto á festa do Albariño. Aínda estamos sen lema este ano…se non a facemos collerei a dos de castrelo que me encanta ( Pa beber hai xente o carallo e pa dar sulfato). Sempre traio xente de fora e aínda non coñezo a ninguén que non marchara encantado coa nosa festa. Presumo de Festa, presumo de cambados e por suposto presumo de viño cada vez que podo. (de feito , como coperativista de COndes de Albarei , fixen chegar unha botella de Enxebre e outra de Pazo de bayon ao programa El gato al agua que sempre presentan un viño e quedaron encantados)
Co xefe dos servicos informativos da canle en pleno traballo.
U.G.CH.- Oiches falar algunha vez de Unha Grande Chea.
I.C.-Cambados , o entroido e as festas non se entenden sen Unha Grande Chea. Quizais a primeira referencia que tiven foi a través do voso chalequeiro Carlos Rábade, director do meu querido colexio de Castrelo . (por certo souben dunha chalequeira que se chama coma mín ¿teño unha dobre? ¿quén é?)
Gracias polo voso interese. Sempre é agradable sentir preto ós teus veciños. Viva Castrelo, Viva Cambados e o ano que ven quero ver a Rafaela Carrá nas festas do Albariño !!! Apertas chalequeiros.
Estando ou non dacordo coa filosfía da cadea na que traballa Irene, estaredes con nos que esta rapaza de Castrelo leva unha marcha meteórica, do cal nos congratulamos, porque ademais presume de Cambados e de Castrelo , a lo por donde vai. Sorte Irene e desexamosche moitos éxitos.
Cambados 1 de xuño de 2010
O COLEXIO DE CASTRELO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN
SOBRE FERRAMENTAS DA COSTA E DO INTERIOR
Froito da colaboración co colexio ourensán de Nogueira de Ramuín, Luintra, a dirección do colexio cambadés de Castrelo pon en marcha unha exposición coa que se pretende dar a coñecer as diferenzas entre as ferramentas do campo e das zonas máis costeiras.
A mostra pode visitarse no salón de actos do centro educativo cambadés e foi posible grazas á colaboración dos pais dos alumnos dos dous colexios que, de forma desinteresada, achegaron aveños persoais para dotar de contido a unha exposición que estará no colexio cambadés durante as próximas semanas.
Desde a dirección do centro de Castrelo explican que esta iniciativa é unha forma de ilustrar aos alumnos dos dous colexios sobre as diferenzas concretas de vivir nun pobo de interior a facelo nun costeiro como é a capital do albariño.
Non é a única actividade que o centro realiza co colexio ourensán, senón unha actividade máis que enmárcase dentro dun intercambio que se veu xestando desde principios do presente curso académico.
Unha crónica de Fatima Frieiro.
Cambados 31 de maio de 2010
UNHA CAMBADESA QUE TRIUNFA EN MADRID
IRENE CACABELOS, PRESENTA CRÓNICA 1 NA CANLE INTERECONOMIA.
É AMIGA DENDE FAI TEMPO NO FACEBOOK DE UNHA GRANDE CHEA.
Arriba Irene cos demáis compañeiros de informativos da canle e Abaixo no pograma en directo "Cronica 1" co compañeiro co que comparte o mesmo.
Irene Cacabelos Vieites e unha cambadesa, máis concretamente de Castrelo que triunfa en Madrid. Esta periodista que naceu en Cambados e a piques de cumprir os 30 anos traballa como presentadora redactora en Intereconomia TV en Madrid e ademáis é a encargada da área de RSC da cadea , contribución activa e voluntaria ó melloramento social, económico e ambiental. Podemola ver todos os días de luns a venres nas novas das 2 da tarde da cadea no programa “Cronica 1”. Irene é amiga dende fai tempo de fecebook de Unha Grande Chea. Parabéns a Irene e sorte cara o seu futuro.
Cambados 31 de Maio de 2010
A FESTA DO TINTO COPIA A IDEA DO CHALECO A UNHA GRANDE CHEA
NOS IMOS DEMANDAR POR PLAXIO
A HONORABLE ORDE DO TINTO DO SALNÉS NOMEA A 70 SOCIOS NUN EMOTIVO ACTO
1.- Membros da nova orde.- 2.- Unha Grande Chea, con boina e chaleco na festa do Albariño do 1998.
Sen ánimo de criticar senón mais todo o contrario alegranos que unha orde tan seria nos copiara a idea dos chalecos e da boina para a festa do viño tinto.
A Honorable Orde do Viño Tinto do Salnés celebrou na xornada do sábado pasado un emotivo acto no que a recentemente creada agrupación levou a cabo o nomeamento dun total de setenta socios numerarios. A Honorable Orde do Tinto do Salnés nace co obxectivo de render homenaxe ao caldo tradicional no municipio, á gran festa que celebran ano tras ano e aos impulsores deste evento durante máis de tres décadas. Así, este colectivo será un reflexo da sociedade ribadumiense, que sempre apostou pola festa do tinto, que este ano celebrará a súa edición número 38. Rafael Vázquez, presidente da nova orde, explicou fai uns días que contarán con representantes do mundo da cultura, do da restauración e do da xustiza, entre outros.
Cambados 31 de Maio de 2010
ENTREVISTA A OSCAR PARDO PLANAS
CO GALLO CO QUINTO ANIVERSARIO DE www.cambados.tk
A periodista Fátima Frieiro asina este Domingo unha entrevista a Óscar Pardo-Planas no Diario de Arousa. Na entrevista repásanse os cinco anos de historia de Cambados(tk) e analízase tamén a posíbel influencia que pode ter internet nos futuros comicios locais de 2011.A páxina non foi subida ao Diario online pero premendo AQUÍ podedes vela integramente, por xentileza de http://www.cambados.tk
Cambados 31 de maio de 2010
“QUEREMOS GALEGO” INCREMENTA A RECOLLIDA DE SINATURAS.
REBAIXASE O PREZO DAS CAMISETAS A 5 €
Como sabedes vén de ser publicado no DOG o decretazo contra o galego no ensino.
Lembramos que Queremos Galego continúa a recoller sinaturas de apoio á Iniciativa Popular de garantía dos dereitos lingüísticos de cara ao seu debate parlamentario.
Agora máis que nunca hai que incrementar o esforzo para dar a coñecer a inciativa e recollermos o maior número posíbel de sinaturas.
Cómpre notificar antes do día 1 de xuño o número de sinaturas recollidas en cada comarca e facermos un seguimento dos pregos distribuídos. Caso de facervos falta máis avisade. A partir do luns 31 comezaremos a colgar na páxina http://www.queremosgalego.org os puntos fixos de recollida de sinaturas polo que os agradeceriamos que nos fixerades chegar canto antes os enderezos deste lugares.
Noutro orde de cousas informámosvos de que se decidíu rebaixar o prezo das camisetas para tentar deste xeito ampliar o máximo a súa difusión. O prezo desde hoxe será de 5€, e se precisades máis cantidade non hai problema.
Pregámosvos que ingresedes antes de que remate este mes de maio todo o diñeiro que xa se recadara da venda de material, bonos ou doazóns.
Quenes teñades pregos, lembrade que o prazo inicial de recollida é este 20 de Xuño, e quenes precisedes pregos non deixedes de pedirnoslos, ben o traverso deste correo ou dos teléfonos:
693421476, 986565059, 986505323.
Cambados 31 de Maio de 2010
O 11 E 12 DE XUÑO FORO DO ALBARIÑO RÍAS BAIXAS EN CAMBADOS
ENTREVISTA A XOSÉ RAMÓN DURÁN PRESIDENTE DE TERRA DE ASOREI E COORDINADOR DO FORO DO ALBARIÑO RÍAS BAIXAS
“O SECTOR DO ALBARIÑO TEN QUE SAÍR REFORZADO DESTA CRISE ECONÓMICA”
Cambados vai acoller o 11 e 12 de xuño ou Foro do Albariño Rías Baixas. Os organizadores están convencidos de que a actual situación económica debe actuar como un revulsivo para ou sector vitivinícola e abrir novas posibilidades. «O sector do albariño ten que saír reforzado desta crise económica», segundo explica ou coordinador do foro, Xosé Ramón Durán.
-Van xa pola terceira edición e parece que a iniciativa consolidar…
-Cremos que a iniciativa privada e civil ten que impulsar este tipo de cousas porque é importante reflexionar. Queremos, con toda humildade, pensar en clave positiva como saír desta situación de crise. Nós somos un sector pegado á realidade cotiá e hai que dar un paso adiante. O albariño non está a pasar por mala situación. Mantén un equilibrio non mercado e non hai excesos de stock, aínda que hai que sinalar que a demanda tampouco crece e esta situación non permite que aumente ou prezo do viño.
-¿Que pretenden achegar con esta iniciativa?
-Queremos apostar pola unión dás empresas na procura de novos mercados, a internacionalización pode ser unha solución para este sector. Estamos falando de economía real. Cremos que hai que obter máis eficacia na organización dás empresas para abaratar custes e mellorar a preparación dous viticultores, xa que aquí non hai un centro de formación profesional específico.
Unha entrevista de Bea Costa.
OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.
RAMON R. NOGUEIRA
http://ramonogueira.wordpress.com/page/2/
“ALCATRÁN”
A derradeira ollada o alcatrán
Voume Lonxe
a un monte, quizais
a un monte cun rio
a un monte cun rio e moitos salgueiros onde
descansar tranquilo
escoitando a fermosa canción das ninfas das augas
sentadiño espreitándoas e deixándome ir
e vou
voume máis lonxe
a un mundo de felpa, suave
onde se poida gardar a luz nos petos
onde esconder a auga na carteira sexa hábito
onde as verbas camiñen contentas e libres
e se sente no parque e parolen connosco como
semellantes
e deixarme ir
e vou
voume máis lonxe
a onde os camiños sexan feitos por versos
en onde as casas teñan portas de tiles e ventás de
exclamación
onde as tapas dos sumidouros sexan puntos e aparte
onde me deixe ir por recitais feitos por páxaron
e voume…
e comeza a cheirar, de novo, a alcatrán…
XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR
Jeff, malpocado, un día bebiches todo o wolf river mentres soaba “Whole Lotta Love” e a vida desaugóuseche polo piercing do embigo, era un maio candente coma este, e segues a pensar que o teu pai che falaba, alguén se revirou un intre para subir o volume dos laios de Robert Plant e a roupa enchoupouse de blues – jeans, tal vez apareciches corrente abaixo en Beale Street, fodido cabrón! ninguén soupo que fixeches aqueles cinco días afogando, ninsequera os ouleos do leito río podían acougar a fondura da túa voz: Lord of Song, Lord of song, Hallelujah, Hallelujah!!!! a igrexa, scottie, estaba chea de xente que calaba, mesmo aquel cabrón irlandés, por unha vez, estaba calado, estaba máis morto ca ti mais era por respecto, por eso te metiches vestido na auga, por eso a túa voz estaba espida dende moi lonxe.