Humor Grandecheo: QUEN FAI UN CESTO, FAI CENTOS

Cambados 28 de maio de 2010.

A MÍTICA BANDA MADRILEÑA “HOMBRES G” ACTUARÁ NAS FESTAS DO ALBARIÑO 2010.

O cartel das festas do Albariño 2010 vén este ano completo e con nomes cos que a organización pretende satisfacer a todos os públicos. Se fai uns días grazas a nova en exclusiva dada por Unha Grande Chea,  coñecíase que serán os cataláns de “Love of Lesbian” os encargados de inaugurar a serie de concertos o mércores día 28, o cartel continúa completándose coa mítica banda madrileña “Hombres G” na noite do 29.

Arroupados polo feito de que este ano se celebra o Xacobeo, os cambadeses ven beneficiados polo programa cultural da Xunta que decidiu apostar fortemente por unha das festas gastronómicas máis populares de todo o territorio español.

E o calendario de actuacións aínda promete máis e mellor, aínda que os grandes nomes que aínda quedan iranse desvelando paulatinamente.

A pesar da crise, o concello cambadés quere ofrecer a turistas e veciños o mellor cartel posible para este ano. Deste xeito, e axudado pola Xunta, prevé actuacións estelares aínda por desvelar e que sorprenderán a máis dun. A iso úneselle o programa musical da gala oficial, aínda por desvelar.

Unha reportaxe de Fatima FRIEIRO.

 

 

Cambados 27 de maio de 2010

XA HAI 159 INSCRITOS PARA A II CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS

 

A falta de 18 días,  xa hai159 inscritos, a cousa pinta ben para a organización a cal pregalle  aos atletas que se inscribisen con antelación para facilitarlle o traballo á mesma, a cal ademais  espera que non pase como o ano pasado e asistan a gran maioría dos inscritos que se non sobra moito avituallamiento e camisetas pois  non están os tempos para malgastar.
Alfredo Oliveira.

 

 

 

Cambados 27 de maio de 2010.

UN PAVO REAL PERDIDO

PASOU UNHAS HORAS NA CASA DE RAMÓN MARTINEZ NA RÚA SEVILLA

 

Casa de Ramón Martinez e Primeiro plano doutro pavo real que lle fixo compaña o perdido.

Non ten nome, pero ben podería converterse en breve na mascota de Protección Civil de Ribadumia, ou ata ser o emblema das festas do Albariño deste ano. Un pavo real macho, de cor azul e verde e duns catro quilos de peso converteuse onte no tema de conversación non só en Cambados, senón tamén en distintas redes sociais como Twitter ou Facebook. E non é para menos. 
Sen saber como nin de onde procedía, o animaliño paseouse durante toda a mañá de onte polo centro de Cambados, coma se dun turista máis se tratase. Esquivando como puido aos coches non dubidou en penetrar nalgúns garaxes onde os veciños que alertaron á Policía Local sobre a súa presenza sorprendérono “picoteando” algunha que outra carrocería. E aí a súa aventura non fixo máis que empezar.
Dun lado a outro.-  Non sen certa dificultade, os axentes da Policía Local recolleron ao colorido paxaro que permaneceu máis dunha hora nas dependencias das oficinas municipais. A súa estancia no lugar durou pouco. Os policías chamaron de inmediato á rexente do Refuxio de Animais de Cambados, Olga Costa, que utilizou todas as ferramentas posibles para atopar ao dono do animal e, mentres que este non dese sinais de vida, atoparlle un fogar cómodo no que asentarse de forma provisional.
O mecanismo utilizado por Olga Costa foi sinxelo e, tendo en conta a aceptación das redes sociais na comarca, tivo un gran éxito. Colgou dúas fotos en Facebook e esperou reaccións. Estas, de feito non tardaron en chegar. O propietario non apareceu, polo menos polo momento, pero decenas de persoas empezaron a interesarse polo bicho e ata chegaron a ofrecerse para coidalo nas súas casas mentres os seus donos non aparecesen. 
Con todo, tanto desde o Refuxio de Animais como na Policía Local xa moveran os fíos para que o pavo máis popular da capital do albariño puidese durmir baixo teito seguro. 
O seu segundo destino elixido foi a casa de Ramón, un veciño da rúa Sevilla que posúe especímenes similares ao achado onte e que se recoñece amante dos animais exóticos.
O ave asentouse no curral da súa casa a media mañá, onde tamén habitan, ademais de varios cans, faisanes, patos de distintas especies e outros pavos de cores e tamaño moi similar ao “paseante” cambadés.
Máis viaxes .-  Pero ao pavo real non lle deu nin tempo a asentarse na rúa Sevilla e, moito menos, a relacionarse cos seus compañeiros de gaiola. Á primeira hora da tarde tanto no Refuxio de Animais como na sede de Protección Civil de Cambados recibían unha chamada desde a agrupación de voluntarios de Ribadumia. Un dos compoñentes interesábase por levar á súa casa de Sisán ao animal porque se declaraba amante deste tipo de mascotas.
O certo é que o pavo real tivo onte unha xornada en grao sumo movidita. Ás cinco da tarde os voluntarios de Protección Civil de Cambados e de Ribadumia chegaron en multitude á vivenda da rúa Sevilla para levar ao animal. Alí esperábaos Ramón que se mostraba preocupado polo futuro do animal que, de feito, perdera varias plumas da cola e estaba moi delgado, quizá debido a que levaba varios días abandonado na rúa.

O novo dono, polo menos de forma temporal, do pavo viaxante non dubidou en meterse no galiñeiro e, intentando evitar os fortes aletazos do asustado paxaro, conseguiu agarralo para volver cambialo de localización. E é que poucas veces un animal deu tanto que falar.
Desde o Refuxio de Animais sinalaban onte que é a primeira vez que un animal destas características aparece abandonado en Cambados. Olga Costa recordaba que fai anos apareceron dous burros e unha iguana, pero que estes paxaros non son moi habituais.
Este segue buscando ao seu dono, aínda que candidatos sobran. 
Unha reportaxe de Fátima Frieiro.

 

 

Cambados 26 de maio de 2010

UNHA SELECCIÓN DE FUTBOL DE CAMBADOS TRASLADASE A XOGAR A HOLMFIRTH (INGLATERRA)

 O POBO QUEDA A 34 KILOMETROS DE MANCHESTER E 80 DE LIVERPOOL.

Holmfirth é unha pequena vila na área Kirklees de West Yorkshire, Inglaterra.

 

Xa estábamos acostumados a que a Selección de Fúbol oficiosa de Cambados viaxara todos os anos a Palas de Rei a disputar un encontro amigable contra o equipo da localidade e de paso pasar un fin de semana divertido, pero desta vez os rapaces da Selección de Cambados, dan un gran salto e trasladanse a Holmfirth a disputar un encontró tamén amigable contra un equipo da citada localidade os días 1,2,3 e 4 de xullo, por suposto non se descartan visitas a Manchester e Liverpool onde seguramente visitarán os seus famosos campos de futbol e de seguro que visitarán “A Cova” donde naceron os famosos Beatles, nin que decir ten que visitarán tamén os seus concurridos pubs. 

 

Este é o campo de fútbol de Homlfirth onde probablmente se dispute o encontro.

 

Xa está confeccionada a lista, feitas as reservas tanto de avión como de hotel, dos que componen a expedición e son os seguintes: Edu Charlín, Pablo Gonzalez Chaves (Pueblo), Juan Chatarra, Quique Barreiro, Eulogio Romero, Beni Pomares, Machu, Xaco Domi, Borja Botana Fernando Perez Baulo (Fergulo), Valentin Abelenda , Roberto Perez Sineiro (Willy), Carmelo Galiñanes,  Xaquín Charlín (Chon Jr) , Jesús Quintáns (Quechi), Manuel Fariña, Iago Aragunde, Alexandre Montero , Gregorio Agra Poza (Goyo), Alexis Agra Poza, Manuel Silva Rey (Chechu), Blas Charlín, Alberto Domin, Ramón Daporta (Pigüi), Jorge Horro e Rodrigo Piñeiro (Rodesio/Chourizo films).

 

"Os 26 de Holmfirth"

 

Holmfirth é unha pequena vila na área Kirklees de West Yorkshire, Inglaterra atópase a 34 qms de Manchester e a 80 de Liverpool. A vila ten unha poboación de 1.980 habitantes.
Situado no corazón do fermoso Val de Holme, Holmfirth é unha pequena vila que se atopa xusto ao norte do Distrito dos Picos de West Yorkshire.

A vila é máis coñecida como o lugar da popular  serie de televisión da BBC “Last of the Summer Wine” (Os Ultimos viños do verán),  a onde viaxen  miles de xiareiros da serie cada ano para visitar lugares como o Café de Sid e a Praza Nora Batty, tan coñecidos na tv.  Aínda que “Last of the Summer Wine” é unha atracción turística importante, certamente non é a única razón que fai que a xente queira visitar Holmfirth. Coa súa impresionante paisaxe a través do Val Holme, Holmfirth é tamén popular entre os excursionistas e amantes da natureza por igual, e se iso non é suficiente hai algunhas marabillosas atraccións por ver na propia cidade. 

 

Este é o centro da vila de Homlfirth

 

Co Teatro CragRats e Bar Café situado en Dunford Road, e o popular Cine Picturedrome mostrando todo tipo de actos en vivo e películas contemporáneas, sempre hai algo para ver e facer nas tardes. Holmfirth é tamén un lugar donde existe unha ampla gama de lugares para comer, incluíndo restaurantes, bares, pubs comida para levar que se adaptan a unha variedade de gustos. O máis popular entre os visitantes e o  Hervey’s Bar en Norridge Inferior, Carnicería A Praza Vitoria, e o Hotel Ponte Vella á beira do río. 

Para este evento colaboran os seguintes establecementos: ARROAS, VITAL SPORT, ASEDE VILANOVA, CONTINENTAL, MAR DE OURO, NAUTICA VIDAL, NUÑEZ BARROS AUTOCARES e CONST. PRADO TIRADO HNOS.

 

 

 

Cambados 26 de maio de 2010

SOBRE A CRISE (III). FUNCIONARIOS

A semana pasada recibimos a nova do recorte dun 5% (de media) no soldo dos funcionarios públicos e os aínda máis incomprensibles recortes en pensións e persoas dependentes. Como funcionaria que son asumo este recorte como un favor que me pide a miña empresa que é o Estado ante unha situación difícil, e probablemente non vaia á folga convocada polos sindicatos, pero teño que mostrar o meu descontento.

O que se di dos funcionarios e funcionarias:

Que temos un traballo fixo. A esencia mesma do posto de funcionario esixe precisamente eso, que os funcionarios accedan ao seu posto de traballo a través dun proceso de selección, en moitos casos moi esixente, e que non estén a merced do goberno de turno que poña ou quite persoal da administración do Estado segundo o seu interese político. O actual modelo non é bo? e a súa alternativa si?

Que cobramos moito, eso habería que discutilo porque cando eu chamo a un electricista e me cobra 60 euros por un pequeno arranxo, ou levo o meu coche ao taller e a hora de traballo debe andar cerca de 30 euros ou a miña perruqueira me cobra 18 euros por media hora de traballo empezo a pensar si realmente é así. E xa non falemos de profesionais liberais como dentistas, avogados, arquitectos etc (que por certo case nunca dan factura, anque do noso soldo se desconta sempre o 20% de impostos ). Y en todo caso cobremos moito ou pouco cobramos sempre o mesmo, independentemente de que as cousas vaian ben ou mal, e cando o Estado ten superávit ninguén se lle ocurre subirnos o soldo, pero si ten déficit somos os primeiros en pagalo.

Que somos moitos, somos os que ocupamos as prazas que convocou a administración do Estado, nin máis nin menos, supoño porque se precisaban neste Estado do Benestar (?) no que vivimos e no que o Estado presta unha gran cantidade de servizos aos cidadáns.

Que non traballamos, nós facemos o que se nos pide, se algún funcionario ou funcionaria non cumpre probablemente o culpable sexa o seu xefe superior que non controla o que debería. Pero para ser realista si pode ser certo que hai unha porcentaxe, non creo que moi grande, de funcionariado que podería facer mellor o seu traballo, pero cando se di que non traballamos se está falando de máis de 2,6 millóns de traballadores entre os que están: os médicos e enfermeiras dos hospitais que atenden desbordados as urxencias e ás veces sufren agresións, os funcionarios de prisións, os profesores que atenden a alumnado inmigrante con problemas de integración ou con dificultades de aprendizaxe, policías e garda civís que se xogan a vida, xuíces e funcionarios de xulgados saturados, bombeiros etc, etc, etc.

En fín eu asumo o recorte, non me queda outra, pero co compromiso de que non sexamos nós só os que fagamos o sacrificio:

– Vaise facer algo coas SICAV que tributan ao 1%, cando os intereses de calquer conta bancaria teñen unha retención do 19%?

 

– Vai a UE, esa que tanto se congratula das medidas de axuste do goberno español, facer algo en relación a paraísos fiscais na propia Unión como Luxemburgo ou fóra dela como Suiza, Andorra ou Mónaco? a onde saben de certo que vai diñeiro non declarado a facenda ou de actividades ilícitas.

Vaise facer algo para simplificar a estrutura política do Estado Español, na que temos 4 administracións: a estatal, a autonómica , a provincial e a local? Saben que esto supón 1 presidente do goberno, X ministros, 17 presidentes autonómicos, X conselleiros x 17, X directores xerais, X subdirectores xerais, X altos cargos, 8112 alcaldes, 65896 concejales, 1206 parlamentarios autonómicos, 1031 diputados provinciales, 650 diputados y senadores… multiplicade esto por soldos, dietas e coche oficial,chófer e proteción policial en moitos casos.

 

Hoxe aparecen nos xornais algúns titulares interesantes:


Zapatero demora el impuesto de los ricos

Sus fechorías salen gratis: paga el ciudadano.” “Directivos y políticos que sumieron al mundo en la crisis quedan impunes –“ “ Preocupa la tolerancia con la irresponsabilidad”

 

Un artigo recollido do http://oumia.blogspot.com/ de Maribel Iglesias Baldonedo.

 

 

 

Cambados 26 de maio de 2010

INFORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE COMBUSTIBLES

Estación de Servizo da Cabana.

Entra nesta páxina e pos o municipio de residencia, sairache as 2 gasolineiras máis próximas e máis baratas así como as máis caras. é moi bo,   e infórmanche do prezo..
Entra en http://gas.encooche.com/   

 

 

Cambados 25 de Maio de 2010

ACORDOS DO PLENARIO NACIONAL DA PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO

1.     O Plenario aproba por asentimento o informe de actividades desenvolvido pola plataforma desde o pasado mes de febreiro achegado pola Comisión xestora, pondo en destaque a capacidade de mobilización social e de axilidade na resposta reivindicativa perante o calendario de desmantelamentos do goberno da Xunta, así como o moi positivo resultado do macrofestival contra o decretazo celebrado en Pontevedra o 17 de abril. Tamén se poñen en valor a campaña desenvolvida no ámbito do ensino (Dou e darei as miñas aulas en galego), con 4.530 compromisos recollidos entre o profesorado afectado polo decretazo, ou a viaxe dunha delegación de QG a Bruxelas para denunciar a situación de desprotección do galego perante diversas instancias internacionais.

2.     Preséntouse o lema e os materiais gráficos para chamar a sociedade a participar da manifestación en defensa do idioma que xa o anterior Plenario de febreiro acordara convocar con ocasión do 17 de maio, para facer do Día das Letras unha xornada fortemente reivindicativa. O Plenario acordou facer un especial esforzo de cara a mobilizar a máis ampla base social posíbel, ao nivel das últimas convocatorias, tentando asemade sumar novos apoios, sempre que posíbel. Acórdouse difundir un texto chamando á mobilización entre as estruturas locais e comarcais da plataforma e entre colectivos sociais ou culturais de todo o tipo para ser lido en actos vinculados á lingua que se celebraron  nos pasados días. Acórdouse tamén a convocatoria de conferencias de imprensa en todas as comarcas para chamar a unha gran participación na manifestación o 17 e dirixírmonos formalmente a concellos e deputacións para que poñan medios de transporte ao dispor da súa veciñanza, con grande éxito da manifestación.

3.     Asúmese como imprescindíbel facer un esforzo final na campaña de difusión da ILP pola garantía dos dereitos lingüísticos, conseguindo o máximo número de apoios posíbeis. A estes efectos a manifestación  do 17 de maio sirveu para  recoller sinaturas, mais o traballo debe ser continuado con posterioridade, como mínimo até a data inicialmente estimada do 20 de xuño. Paralelamente, o grupo parlamentar do BNG rexistrará o texto da ILP como Proposición de Lei para garantir que poida iniciarse a tramitación correspondente e que poida chegar cando menos a ser debatida en Pleno a súa toma en consideración.

Como ámbito de especial potencialidade no que queda de curso para a recollida de sinaturas sinálase o do ensino, independentemente de continuar cos actos na rúa, sendo necesario facer chegar aos centros tanto os numerados como os especiais dirixidos a menores de idade e persoas non censuadas en Galiza.

4.     No plano organizativo explícase que por cuestións legais e fiscais foi necesario proceder á inscrición da Plataforma Queremos Galego como entidade cívico-cultural sen ánimo de lucro, o que facilitará a partir de agora moitas tarefas de xestión que agora se tiñan que vir facendo a nome de persoas particulares ou tiñan que vir asumindo entidades concretas da plataforma, especialmente A Mesa, ao ser a organización coordinadora de QG. 

No plano económico, dáse conta do estado financeiro xeral de QG: séguese a evidenciar a necesidade de autofinanciamento como único xeito de obter ingresos económicos. A única vía real de autofinanciamento son as achegas económicas das entidades integrantes da plataforma, tanto a nivel nacional como comarcal e local, segundo o acordado no momento da nosa constitución, así como outros ingresos que se poidan obter por doazóns voluntarias ou contributos de institucións. Tamén se editou distinto material co obxectivo de xerar algún ingreso e ao mesmo tempo axudar a visibilizar a imaxe de QG.

O Plenario asume como unha necesidade urxente a corresponsabilidade de todas as organizacións no sostemento económico da plataforma, sendo necesario que todas asuman o seu compromiso económico á maior brevidade e que se reforce o seguimento a esta cuestión.

5.     O Plenario nacional de Queremos Galego asume diferentes propostas de traballo para aplicar o antes posíbel:

          Pular polo alargamento da estrutura territorial da plataforma, non só a nivel comarcal, senón tamén a nivel local.

          Estudar a reforma ou mellora da páxina web nacional, tentando que sexa o máis atractiva e operativa posíbel para os obxectivos que debe cumprir.

          Estudar a elaboración de materiais audiovisuais propios que permitan compilar e visualizar o traballo que está a realizar QG, dirixido tanto á súa venda como para o traballo en centros de ensino como material didáctico.

          Continuar no camiño das denuncias internacionais por vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos.

 

 

Cambados 25 de maio de 20010

O DOMINGO “FESTA DO LABREGO”

A comisión organizadora da popular “Festa do Labrego” en Vilariño, Cambados, fixo público xa o programa de eventos previstos para a edición deste ano no que destacan os incentivos á participación en concursos así como o número de actuacións musicais. Nesta XXIX edición da celebración, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de maio, os promotores do festexo repartirán 690 euros en premios para os mellor clasificados no habitual concurso de carros e tractores engalanados.
Está previsto que os participantes salgan desde A Modia, Sameiro e Covas de Lobos pola estrada principal. A comitiva estará acompañada, como manda a tradición, por diversos grupos folclóricos. Os actos comezarán sobre as 10 da mañá co inicio da peculiar marcha. Unha vez todos concentrados, desfilarán nesta carros do país, tractores, cabalos e carrozas que sairán de Cruceiro, pola estrada xeral, ata o recinto situado en Burgáns, fronte ao campo de fútbol.

 

1.- Bou de Bou.- 2.- Os Carballeiras

A música porana o Cuarteto Tradicional “Bou de Bou”, Gaiteiros de Corvillón, Os Carballeiras de Vilariño, Os Cruceiros de Tremoedo e a Banda de Música de Ribadumia. Durante a xornada, celebrarase, ademais, a homenaxe aos labradores, con misa solemne no recinto, actuacións folclóricas, repartición de chourizos e pan de millo. Haberá tamén concertos, exposición e poxa de produtos agrarios para dar paso, pola tarde, aos concursos populares.
A comisión pretende nesta edición lograr unha maior colaboración dos veciños na exposición de produtos agrarios “para demostrar realmente a riqueza agrícola dá nosa parroquia”. Tamén na participación nos concursos, polo que este ano, no apartado de premios, haberá novidades.
Ofrecerase unha cesta de produtos típicos ao grupo máis numeroso que se xunte na comida. Ademais, daranse 190 euros en metálico, máis trofeo, ao tractor mellor engalanado. O segundo recibirá 130 euros e 70 o terceiro, ambos tamén con trofeo.
O mellor “carricao” percibirá 130 euros, o segundo 70 e o terceiro 40, ademais do correspondente galardón. Para rematar, o mellor carro do país, opción ao que cada ano concorren menos aspirantes, obterá 60 euros e trofeo.
A maiores, recompensarase a empanada e o pan máis grandes, os gañadores da carreira de sacos, os de tiro de corda e chave ou os da exposición de produtos. Tamén aos da exhibición de cabalos e grupos folclóricos. Pola noite haberá verbena coa orquestra “Marbella”.

 

Orquestra Marbella

 

 

 

Cambados 24 de maio de 2010

OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.

RAMON R. NOGUEIRA

http://ramonogueira.wordpress.com/page/2/

“INDELÉBEL”

Cadaquén é libre de pensar, falar, incluso recitar, como lle pete. Non son quen para facer uso malintencionado da verba. Non son quen de pronunciar un único verso, un só, cando o meu corazón non latexa á vez que o augado corazón de mar. Se me deixara levar polas ondas, no seu  berce mollado, co seu axóuxere de vaivén, co seu axóuxere, coa súa man líquida acariñándome o cabelo mollado. Durmindo no seu regazo, afundíndome o cabelo mollado. Durmindo mo seu regazo, afundindome no soño de auga versada, xordas octosilabas, xurelos metafóricos, sardiñas de arte maior nadando veloces o carón dunha cabala de rima asonante despistada…Ningún lance que faga un barco será capaz de pescar tan poéticos peixiños. Nadarán libres e felices coma min cando soño con eles.

 

 

XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR

 

Vaite asasinar, vai facer un nó na gorxa do teu aire, vai acougar nos límites do corpo, nun salaio fiel de polpa vai deixar as carabuñas dos teus ollos , e nos gumes das apertas vai destilar o metal dos licores afroitados, e co engado dos peitos irá tecendo a seda, a arañeira da roupa interior, o encaixe dunha labazada, logo, sen tregoa, ciscará cos dentes a mordedela na aorta de tódalas túas estatuas e da túa estancia, e soterrarache co seu corpo nunha cama baleira, nun teito solar de arames e roupa despoboada, farache sufrir co xerme dos seus nomes, e latexará o látego contra o peito, ate arrincarche a lingua, o idioma neborento dunha suplica, escorrerá polas súas pernas para atopar a fenda, o pesadume, o sorriso acoitelado na cara, e as correntes alporizadas dos ríos eléctricos, no seu fluxo de cuspe e cobiza, vaite matar, irmá, vai, e doerache, e correras coa boca cega de pingas de xoaniñas, e fíos de xugo de cereixas polas veas, fenderache polo istmo dos teus brazos para que procures os seus tecidos na carne, e vai vir dicirche, cando queiras maio, cando a queiras chuvia, vai vir espetarche que morres por ela, que está escribindo a ferro o teu mármore, e a maior parte dos insectos do seu corpo nu son oníricos, e no o velcro dun bico vaite facer adoecer no ferrollo do pube, degolando o acto coa fatalidade da ledicia, agatuñando pola marusía de obirgarche a arfar sobre a súa man espiñenta, ata rematarte polas costas coa cóchega da area, a cambra da harpa, e o coito da daga apurada.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s