Humor Grandecheo: UN CRAVO, SACA OUTRO CRAVO.

Cambados 18 de Maio de 2010

XAQUIN XESTEIRA PROTAGONISTA NO DIA DAS LETRAS GALEGAS

ACTUOU EN CAMBADOS E VILAGARCIA

COA BANDA DE VILAGARCIA INTERPRETOU O TEMA “UNHA GRANDE CHEA”

Xaquin coa gaiteira Olaia do Rosal e coa Banda de Castrelo.

 

Onte Xaquin Xesteira foi o grande protagonista en Cambados e en Vilagarcia de Arousa do día das letras Galegas 2010. En Cambados ás 12 de mañá e baixo un sol de xustiza (estas cousas tenas que preveer o Concello e poñer un palco cuberto), deu na compaña da Banda de Música de Castrelo un fenomenal concerto que encantou o númeroso público ali presente. Xa pola tarde baixa ás 20.30 horas e esta vez  xunto coa Banda Municipal Sinfónica de Vilagarcia de Arousa  baixo a dirección de Suso Nogueira tivemos a sorte inmensa de asistir  a un espectácular concerto no que Xaquin volveu a estar na súa liña: impresionate, pero deste vez preparavanos unha sorpresa os de Unha Grande Chea que estivemos ali presentes, xa que dentro do seu programa figuraba a peza composta por el mesmo  e titulada precisamente “Unha Grande Chea” e adicada a esta Asociación, xa interpretara de xeito informal unha vez no Auditorio da Xuventude de Cambados co gallo da presentación do seu "Médoto de Gaita II" e que podes ver premendo AQUÍ. Dende aquí damolle os nosos parabéns a quen para nos é sen dubida algunha o mellor gaiteiro de Galicia, mestre, amigo e participe de todas as nosas “caralladas”. Estuvo acompañado   en tres pezas , concretamente en “Unha Grande Chea”, “Muiñeira dos Pendellos” e “ Rillachavos”, por dous monstruos da música  como son Anxo e Roi Xesteira, os seus fillos, membros tamén a súa vez da Banda de Vilagarcia de Arousa.

 

Programa de Onte en Vilagarcia onde podemos ver a peza "Unha Grande Chea".

 

Estamos seguros de Xaquin Xesteira tamén lle houbera gustado estar na Praza do Obradoiro na manifestación da Plataforma “Queremos Galego” que foi un éxito sen precedentes,  ten moitos dons pero polo de agora non ten o da ubicuidade, pero todo se andará con este home nunca se sabe. O presidente de Unha Grande Chea si estivo nesa praza aborratada como voceiro de “Queremos Galego Salnés”  e porque non cun cachiño de Xaquin Xesteira .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s