Cambados 18 de maio de 2009
A FAMILIA GONZALEZ PORTAS DA O SALTO A TV.
FAMOSA POLO SEU “ZOOLOXICO” DE AVES
A familia González Portas o completo.
A familia González Portas saltou a fama grazas o fotografo Eduardo Apariz quen no seu video “Pajaros en la cabeza” fixo un mágnifico traballo que podes ver premendo AQUÍ. Unha Grande Chea fixose eco deste video , e a familia deu o salto a prensa escrita, donde posteriormente o falcón Thor protagorizara unha bonita historia de desparición e posterior aparición. A familia ten un verdadeiro zooloxico de aves na sua casa de Covas de Lobos en Vilariño e deles coidan Evaristo e a súa muller Moncha, así como os seus fillos Noelia Belinda e Vani. Pois ben hoxe deron xa o salto a TVG donde foron protagonistas durantes uns minutos e en riguroso directo dende a súa casa de Covas de Lovos no programa “Bos Días”.