Humor Grandecheo: SANTA LUCIA, QUITALLE A NOITE E PONLLE O DIA

Cambados 30 de abril de 2010

DESAPARECE UN FERMOSO FALCON

PARTICIPARA NO VIDEO “PAJAROS EN LA CABEZA” DE EDUARDO APARIZ.

     

O pasado domingo rexistrábase en Cambados a desaparición dun falcón. Os donos, a familia González , comezaban ese mesmo día coa procura, que segue sendo infrutuosa. Días despois un señor atopábao en Vilalonga (Sanxenxo) e daba parte á Garda Civil, que acabou derivando o caso ao Seprona. Un dos responsables deste corpo acabouno soltando no alto do monte Xiabre e aí perdéuselle a pista definitivamente. O curioso e preocupante do caso é que o animal leva un aparello emisor que debería de achegar información fiable da súa localización actual, pero non é así. Quizais porque se atopa fóra do radio de alcance do sinal ou quizais porque foi desactivado ou inhibido dalgún modo. O único certo é que os seus donos seguen sen saber nada del. Ademais desta pequena estación emisora, leva dúas correas de coiro nas patas, dúas pihuelas (anacos de cordel trenzado) e un cascabel. O falcón ten tres anos e medio de idade, case medio metro de envergadura e pesa algo menos de 1 quilo. Ante a incerteza que supón non saber absolutamente nada del e co enfado que teñen os donos por como ocorreron os feitos, xa se puxeron en contacto cos altos cargos do Seprona e barallan ata denunciar o caso da solta. Mentres tanto piden a axuda da cidadanía. Se alguén viu ou ve este falcón deberá dirixirse ao Seprona de Pontevedra (Cotobade) e dar parte. Mentres tanto, o operativo segue aberto. Este falcón foi o que participou no video realizado por Eduardo Apariz “Pajaros en la cabeza” que podes ver a continuación.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s