Humor Grandecheo: SE CHOVE O DIA DE SANTA BIBIANA, CHOVE 40 DIAS E UNHA SEMANA.

Cambados 30 de Abril de 2010

HISTORIA DE MARIAS

UNHA ESCULTURA DE CESAR LOMBERA

Chon Presidente de Unha Grande Chea, coas Marias.

Cada día, son moitos os turistas que na súa visita obrigada pola Alameda compostelá páranse fronte a unha estatua que representa a dúas mulleres maiores cuxos coloristas vestidos chaman a atención. A foto, como non, é obrigada. Con todo, afástanse das Marías, -as dúas en punto, como as coñecen aínda centenares de composteláns- sen saber quen foron realmente.

Agora, un grupo creado na rede social por antonomasia, Facebook, clama pola recuperación da memoria de Maruxa e Coralia e pola colocación dunha placa fronte á súa escultura que explique o que lle ocorreu ás dúas irmás. O grupo conta, a día de hoxe, con 1.160 persoas adheridas.

E é que a pesar de ser personaxes entrañables da historia da capital de Galicia, a súa vida pouco tivo que ver co recordo afable que aínda sobrevive na cabeza de moitos veciños. Parte da familia Fandiño Ricart, composta por once irmáns, a súa é unha historia das tantas que deixou a represión franquista. Tres dos seus irmáns militaban, durante a Segunda República, na anarcosindicalista Confederación Nacional de Traballadores (CNT). Cando a Guerra Civil estalou, o fascismo cerneuse sobre toda a familia. Dous dos seus irmáns foron encarcerados. Antonio Fandiño, que chegou ater responsabilidades dentro da CNT, foi liberado a inicio da década dos 50, pero faleceu por mor das malleiras que lle propinaron en presión. O seu irmán Manuel, pintor de profesión, escondeuse ao comezo da guerra e reapareceu en 1945 militando na clandestinidade. Ademais, o terceiro irmán Alfonso , fuxiu pouco días despois do golpe nun barco que saíu de Muros. Tempo despois, apareceu de novo na Coruña, militando na clandestinidade.

César Lombera, autor das Marias.

Maruxa e Coralia sufriron unha gran presión dos fascistas para que revelasen onde se escondían os seus irmáns. Foron torturadas pola policía e ata se fala de que unha das dúas foi violada no Pedroso. Consecuencia de quedar marcadas como «vermellas», quedaron apenas sen traballo. Mantíñanse grazas ao seu labor como costureras, pero os clientes deixaron de facer encargos. Algunhas familias comezaron a deixarlles produtos de alimentación pagados nos supermercados e ata recadaron diñeiro para arranxarlles o tellado.

O artista César Lombera foi o autor da escultura. 1953 Nace en Baracaldo (Biscaia). Vive e traballa en Catoira e Santiago de Compostela, está casado con Asun , gran amiga de Chon.

ESTUDIOS1971-73 Económicas, Universidade de Santiago de Compostela1973-74 Artes Plásticas na Universidade Vincennes, Francia.

César é un vello coñecido de Unha Grande Chea, e  un dos maís destacados dos nosos seguidores.

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s