Humor Grandecheo: EN sAN MARTIÑO REMONTA CADA DIA UN FERRADIÑO.

                            Cambados 28 de Abril de 2010

                      XAV CAMBADOS "MISIÓN CUMPLIDA" 

                      

 

As xogadoras cadetes do XAV Cambados lograron o obxectivo de meterse de novo entre os oito mellores equipos de Galicia que disputarán na nova temporada 2010-11 a Liga Galega Cadete.
Foi un camiño largo que pasou por ser primeiras, sen ninguha derrota, na Liga Zonal Cadete e acabou este domingo 25 na final zonal a catro disputada no Pavillón Municipal do Pombal.
Celebráronse as semifinais pola mañá. As dez e media deron comenzo os encontros, cun entretenido e disputado partido entre o Boiro e o IES Ames, que rematou co resultado
Boiro Voleibol 2 – 3 ** IES Ames (25-17/25-19/12-25/11-25/4-15). As rapazas de Ames levantaron un resultado que tiñan moi en contra, conseguindo chegar á final.
As doce e media xogaron as nosas contra as ourensás e dominaron de maneira rápida e convincente: XAV Cambados 3 – 0 ** Escola Municipal Ourense Dompa Gestion (25-9/25-14/25-9).
O longo día de voleibol continuou ás catro e media da tarde con terceiro e cuarto posto. Nun partido moi igualado, a Escola Municipal Ourense Dompa Gestion gañoulle 3 – 0 ó Boiro Voleibol (25-21/25-22/25-22).
Cun pouquiño de antelación ás seis e media, comenzou a final. A pesares da incertidume inicial polo resultado, as xogadoras de Mariel Oubiña tomaron nos tres sets o mando do partido cando se chegaba ó punto quince e ofrecéronnos unha victoria que nos deixou a todos cun moi bó sabor de boca: XAV Cambados 3 – 0 ** IES Ames (25-18/25-20/25-17).

Entre a alegría das cadetes, entregáronse os trofeos. Agradecémoslle o señor alcalde Luis Aragunde, que lle fixo entrega da copa á nosa capitana Paula Serantes, a súa presencia nos dous partidos do XAV Cambados.
Felicitamos a Mariel Oubiña e as súas deportistas: Paula Serantes (capitá), Bibiana Silva (líbero), Sara Baña, Fuensanta Bugallo, Zoe Cacabelos, Andrea Carbajal, Iria Cochón, Cristina Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey, Aida Vidal, Claudia Cores, Mariña Durán, Rita González e Estela Vilanova. Os esforzos feitos durante toda a temporada nos entrenamentos deron o seu resultado
.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s