Cambados 25 de Abril de 2010
ENTREVISTA A ÑAJO PADIN
DIRECTOR TÉCNICO DO CAMBADOS TM
Non hai escusas. Ñajo Padín, director técnico do Cambados TM, recoñece sen reparos que a tempada dos seus principais conxuntos foi «mala». E razóao: «Descenderon os dous equipos e non contabamos con que pasase».
-E por que se baixou?
-Porque saíron as cousas mal e ademais non tivemos sorte. A clave foi perder en Eivissa. Alí non tiñamos que perder e eles ademais tiveron máis fortuna nun par de partidos.
-Haberá cambios?
-Cambios ten que haber. Estamos a empezar a estudalo. Queremos fichar a un estranxeiro para que xogue no equipo de Primeira e que leve a escola. O que está claro é que Junhui ao baixar xa non pode estar non equipo.
-É unha pena, porque ou traballo coas categorías inferiores parece que está a dar vos seus froitos…
-Se, é certo. Queremos apostar polo que temos na casa máis ou estranxeiro que leve a canteira, para intentar volver pelexar polo ascenso.
-Que xogadores subirán dás categorías inferiores?
-Fernando Padín estará no primeiro equipo e Martín Regueiro xogará co de Segunda.
-E Eduardo Barreiro e Adrián Vidal? Seguirán?
-Tamén o estamos mirando. Estamos a negociar. Agora mesmo non podemos dicir se han de seguir os dous, un ou ningún.
De todo os xeitos os nosos parabéns dende Unha Grande Chea polo traballo realizado, porque sabemos por expericia propia o que costa levar un club, o traballo que costa mantelo e buscar financiamento. Animo e adiante Ñajo e todo ou seu equipo.