Humor Grandecheo: DE SANTOS A NAVIDÁ HAI INVERNO DE VERDÁ.

Cambados 25 de Abril de 2010

MAÑÁ , XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO I.E.S.  ASOREY

O instituto Francisco Asorey de Cambados celebrará mañá unha xornada de portas abertas, que leva por título Uns estudos, unha profesión. A intención é a transmitir a oferta educativa do centro.

A idea forxábase hai agora catro anos e desde entón foise perfeccionando. Desde o primeiro momento perseguíase un contacto directo con empresas e outro coa cidadanía en xeral, non só de Cambados. A actual situación de crise achega aínda maior protagonismo a estes cursos, xa que significa unha vía formativa de calidade e unha posibilidade de reciclaxe profesional a ter en conta.

Durante toda a xornada de mañá, o Asorey acollerá a visita de diferentes alumnos e profesores doutros centros educativos. Os primeiros serán os do IES A Basella de Vilanova. Acto seguido acudirán os do Ramón Cabanillas de Cambados e para rematar, os que están a cursar estudos no CPI de Mosteiro-Meis. Xa pola tarde haberá unha visita guiada polos talleres e aulas do centro onde se realizarán demostracións.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s