Cambados 8 de Abril de 2010
1º CONCURSO LOITA DE BANDAS MESTURASONS
BASES DO CONCURSO
1.- Co fin de promover e difundir a música, independentemente do seu estilo, convócase o PRIMEIRO CONCURSO LOITA DE BANDAS MESTURASONS.
2.- Poderán participar tódolos grupos ou solistas noveis que o desexen, que non houbesen editado disco no mercado cunha compañía discográfica.
3.- Poderán participar tódolos grupos que o desexen, con independencia de seus estilos (rock, hip-hop, metal, pop, etc…).
4.- Cada grupo ou solista deberá presentar un mínimo de dous temas ou cancións, sendo orixinais en canto á composición de letras e música. Se entre as cancións presentadas, houbese plaxios, copias ou versións, o xurado non as considerará válidas.
5.- Os temas enviaranse o correo do festival info@mesturasons.comentre os días 10 de marzo e o 30 de abril ás 00:00 h, data límite para entregar as inscricións.
6.- As cancións deberán ir acompañadas dun dossier con biografía, encabezado co nome artístico, unha foto do grupo ou solista e indicando se ten myspace ou sitio web.
7.- Para asegurarse de que o festival recibíu a inscrición, enviarase a cada solicitude un correo advertindo que todo está correcto.
8.- De tódolos grupos que participen no concurso, clasificaranse os tres mellores valorados polo xurado do Mesturasons e polo voto popular recollido na web oficial do Festival http://www.mesturasons.com. Estes tres grupos terán que participar nun Concerto-Concurso, no que o gañador será invitado a participar no III FESTIVAL MESTURASONS. Ademais dun incentivo económico de 200 Euros.
9.- O Concerto-Concurso relizarase nunha data a acordar no mes de maio.
10.- Xurado: Estará composto por membros da organización do festival que seleccionarán os tres grupos que actuarán no concerto-concurso. A suma do resultado do xurado e máis o voto popular-web será inapelable e darase a coñecer o día 1 de maio.
12.- Cada grupo ou solista deberá dispoñer de instrumental propio e backline para o concerto-concurso. A organización poñerá a disposición dos grupos un equipo de son e iluminación.
13.- O gañador do concerto-concurso coñecerase momentos despois de finalizar dito acontecemento.
14.- A participación neste concurso, implica a aceptación da totalidade das bases, e un compromiso de actuación de tódolos grupos participantes.
15.- Para calquera cuestión non dubidedes en escribir un correo a info@mesturasons.com.
+ INFO: