H7umor Grandecheo: A XIADA DE FEBREIRO, MATA A VACA E MAILO LEIRO.

Cambados 8 de Abril de 2010
MARTÍN CÓDAX ORGANIZOU UN DESFILE DE MODA GALEGA NO QUE UNE A ENOLOXÍA E O ESTILO

 

O prestixioso fotógrafo Kake

Adegas Martín Códax apoia a moda galega coa organización dun defile e unha sesión fotográfica na que participaron os modelos máis recoñecidos e o prestixioso fotógrafo Kake, quen realizou unha sesión para plasmar as creacións dos modistos galegos. 
As sesións fotográficas (realizaronse máis de 1.000) comezaron no porto de Tragove, onde os modelos luciron o estilo máis mariñeiro subíndose ao barco máis antigo de Cambados para mostrar as tendencias do verán no que a traxes de baño refírese. Tras pasar por algunha batea, que tamén quedou inmortalizada, desembarcaron na illa de Sálvora, onde se viron os vestidos con estampados florais e xeométricos.

Sarah López

Xa pola tarde, os modelos desprazaronse ata as instalacións da Adega Martín Códax, cuxo salón de actosfoi testemuña das instantáneas de alta costura que os deseñadores galegos propón para as noites do verán.
Entre outros modelos estiveron en Cambados Sarah López, Jorge Saavedra e Juan Carlos Rivera, que pousaron baixo a dirección de arte de Belén Correa e luciron deseños de grandes modistos e firmas galegas como Siempreesviernes, Miguel de Lúa, Viriato, Ferpes, Covadonga Gutiérrez, Alba Conde, Roberto Verino, Enmanuel e a Escola de Xoiería do Atlántico. Os irmáns Pedro e Estefanía Orgaz levaronn varios días ultimando todos os detalles de estilismo que precisa unha sesión destas características, que conta co apoio decisivo das Adegas Martín Códax. 

Covadonga Gutiérrez

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s