Cambados 7 de abril de 2010
PITBULL MALTRATADO EN CAMBADOS
O REFUXIO DE ANIMAIS FIXOSE CARGO DO MESMO
O SEU PROPIETARIO XA FOI LOCALIZADO
A policía local localiza o pitbull que podedes ver na foto no porto de Tragove (Cambados) atado aínda o coche e á choiva. Unha testemuña que paseaba co seu can di ver a unha parella (a moza era loura) pegándolle ao can e cando chegaron preto deles , estes marcharon a pé deixando ao can alí atado. Posteriormente chegou a policía que avisou a protección civil e á protectora de animais. Cando nos chegamos (Refuxio de Animais) os axentes estaban acariñando e tranquilizando ao can, en ningún momento mostrouse agresivo, todo o contrario. O can sangrábanlle as pezuñas e no medio das patas. Pasámoslle o lector de microchip e si tiña. O número é 9810981020099039, non aparece na base de datos do REGIAC. Polo cal necesitabamos saber quen colocara este microchip e porque non estaba dado de alta, pero grazas a coloboración dos seguidores do "Refuxio de Animais" o seu propietario foi localizado. Que ledicia. Agora Balto, así era o seu nome, está no albergue alleo a toda polèmica e feliz. En nome do Refuxio e no meu propio grazas polo voso apoio e difusión da noticia. Grazas a esta rede social e ás persoas agregadas. Algúns pensan que como Cambados é un pobo é un pobo pequeno quedará impugne o tema de malos tratos e abandono. Que non se confíen porque desde a parte que me correspónde denunciarei a todos que maltraten ou abandonen aínda ser vivo.
Unha nova do Refuxio Animales Cambados(busca o portal en facebook)