Humor Grandecheo: NO MES DE XANEIRO SUBE Ó OUTEIRO, E SI VES VERDEAR PONTE A CHORAR.

Cambados,  8 de Abril de 2010

O ENOLOGO JORGE HERVELLA FAI QUE O “SEÑORIO DE RUBIÓS” VIAXE A SUECIA
IMPORTADORES SUECOS ELIXEN CINCO RÍAS BAIXAS PARA COMERCIALIZAR ALBARIÑO NO PAÍS NÓRDICO

Os suecos quedaron encantados cos viños de denominación de orixe Rias Baixas, especialmente co "Señorio de Rubiós"  do enólogo Jorge Hervella.

Cinco albariños de tres adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas foron preseleccionados por tres destacados importadores suecos durante unha cata que tivo lugar onte no Pazo de Mugartegui entre eles “Señorio de Rubiós” obra do eminente enólogo Jorge Herbella, con despacho laboral en Cambados (Rúa Hospital) , no marco dunha misión inversa destinada a seleccionar marcas para a súa comercialización no mercado deste país nórdico. Estes cinco viños foron escollidos tras unha cata libre de entre 25 marcas pertencentes a Rías Baixas que o Consello Regulador puxo á súa disposición, cumprindo cos requisitos establecidos polos importadores.
“Estaban interesados en catar Rías Baixas Albariños que tivesen parte da súa produción destinada á exportación pero que aínda non dispuxesen de distribuidor en Suecia”, explicou a responsable de mercadotecnia do Consello Regulador, Eva Mínguez, quen destacou que os importadores “coñecían xa os nosos viños posto que en 2009 exportáronse a Suecia case 55.000 litros polo que se trata dun mercado de gran interese para a nosa denominación, o oitavo en volume de exportación”.
De feito os Rías Baixas Albariño serán os únicos que os importadores suecos caten en Galicia e neste sentido remarcou que “coñecen a alta calidade dos nosos viños e tiñan moi clara a súa aposta pola autenticidade e o autóctono dos produtos polo que confiamos en que estes contatos frutifiquen en novas relacións comerciais para as adegas”, concluíu.

 

As adegas "Señorio de Rubiós" quen grazas o enólogo Jorge Hervella, saltaron a fama internacional o gañar o primeiro premio da festa do Albariño.

Tras a cata, os importadores suecos iniciaron os contactos coas distintas adegas, entre ela Coto Redondo, propietaria de “Señorio de Rubios” elaborado por enólogo de fama internacional Jorge Hervella, con obxecto de coñecer a súa filosofía de traballo, volume de produción e política de prezos, así como a dispoñibilidade destas adegas para enviar mostras de viños a Suecia onde un catador da empresa volveraos a catar para determinar finalmente que marcas serán as seleccionadas.
Estes encontros, que se materializaron con entrevistas persoais nas propias adegas, foron posibles grazas á intermediación do Servizo de Información Europea da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). A través da rede europea Enterprise Europe Network, á que pertence a CEG, este departamento mantén relación con case 600 centros en toda Europa para pór en contacto a distintas empresas, brindándolles a posibilidade de abrirse aos mercados europeos ou aos doutros países cos que Europa mantén relacións comerciais como Estados Unidos, Chile ou Suíza.

Dous presidentes: o enólogo Jorge Hervella, presidente da "Peña Bar Germán" e Chon , presidente de Unha Grande Chea

“O noso obxectivo é ofrecerlles asesoramento xurídico e comercial para que as empresas en Galicia poidan aproveitar ao máximo todas as oportunidades que ofrece o mercado europeo, facilitándolles o acceso ao financiamento, ao coñecemento da normativa europea e adaptándonos ás súas necesidades concretas para darlles unha resposta eficaz”, explica Araceli de Lucas, directora do Servizo de Información Europea da CEG, quen fixo fincapé nas posibilidades que este servizo ofrece aos empresarios galegos a través de contactos directos entre empresas xa que lles permite abrir novos mercados no exterior.
No caso dos importadores suecos, esta empresa, que distribúe viños a través da canle Horeca, estaba interesada especificamente nos Rías Baixas xa que, segundo explicaban, trátase de viños moi valorados na restauración sueca, onde se distribúen en restaurantes de alto nivel. A súa visita a o estado español continuará ao longo da semana para coñecer os viños doutras denominacións.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar un comentario