Humor Grandecheo: QUEN CHE MANDOU CANTAR MEU FRADE? QUEN CHE MANDOU CANTAR QUE CHE PAGUE.

Cambados 31 de marzo de 2009

TOÑO MONTEIRO PRESENTA "TERRAS DE OESTRIMNIA"

NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

 

Toño Monteiro é un escultor autodidacta, pero como di Maíta Rodríguez, profesora de arte no IES Chamoso Lamas do Carballiño, “logra construír unha obra orixinal, plena de forza, beleza e ás veces grandiosidade, facendo un crisol dos movementos ou tendencias plásticas máis importantes do mundo contemporáneo das que ningún artista logra escapar”.

 

 

A súa escultura é unha mestura do cubismo coa linguaxe expresionista e con certas pinceladas oníricas do surrealismo. Maíta Rodríguez continúa describindo así a súa obra: “podendo sorprender ecos de Archipenko no ensamblamento de xeometrías arbitrarias, a continuidade espacial de Boccioni, as formas pulidas, puras e traballadas de Brancusi, as deformacións nas xesticulacións xeometrizadas de Zadkine, a monumentalidade arquitectónica e a unión elocuente de ocos e baleiros de Moore e a configuración simplificada do propio Gargallo que xoga co espazo, a masa e as arestas fornecéndoas dunha forza inusual”

 

 

Serán as verbas do propio artista as que mellor definan o por qué desta exposición: “Máis alá de onde se perden os tempos, entre frondosas fragas, fermosos vales e impresionantes montañas viviron as tribos dos Coelernos, Cilenos, Caporos, Arronios, Nerios, Guigurros, Aidones, Tiburos e outras tantas espalladas polas numerosas lombeiras da nosa xeografía. Segundo Ptolomeo, Estrabón, Plinio, Trileuco e mesmo Avieno, estes historiadores, mercaderes e cartógrafos así nomeaban a estas tribos; e nos seus textos dicían que eran os habitantes de chozas, castros ou citanias do noroeste peninsular. Transformando estas antergas tribos en Druídas, Fadas ,Trasnos, Musas, Deuses, entre outros seres da nosa cultura mitolóxica, compuxen TERRAS DE OESTRIMNIA. E así poder mergullarvos neste mundo máxico e onírico onde estas ancestrais tribos conviviron no pasado, poñéndolle un pouquiño de imaxinación para poder transportalas ao noso mundo moderno”

 

A súa última exposición, “Terras de Oestrimnia” que presenta durante este mes de abril no Centro Comarcal do Salnés desvela unha faceta ata agora descoñecida do artista; a pasión pola investigación histórica dos máis remotos habitantes destas terras. Deste afán, e tras o falecemento de Xaime Quesada, quen gostaba de contar lendas e historias dos Oestrimnios e outras tribus antigas, Toño Monteiro decide recuperar o entusiasmo do seu mestre , investigar con máis profundidade e facer unha obra con esta base.

 

Para acadar máis información poden porse en contacto co persoal do centro no 986 526013 ou no correo ccsalnes@comarcasdegalicia.com

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s