Humor grandecheo: O QUE PODE E NON QUERE, CANDO QUEIRA NON PODERÁ

Cambados 23 de marzo de 2009

O ENÓLOGO JORGE HERBELLA RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE

VEN DE SER PREMIADO NO BACCHUS 2010 (MADRID) E EN VINALES INTERNATIONALES 2010 (PARIS).

Se xa era Hervella coñecido a nivel nacional e a nivel estatal , este rivadaviense afincado en Cambados,  tamén agora ven de ser recoñecido a nivel internacional. Cos viños que  elabora, concretamente o Laxas (2009) e o Señorio de Rubiós (2007) ven de conseguir ou Bacchus de Ouro 2010 e con Castro Baroña o Bacchus de Prata 2010. A edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus tivo lugar do 12 ao 16 de marzo de 2010 en Madrid durante estas cinco xornadas foi capital mundial do viño da man de Bacchus e a Unión Española de Catadores, organizadora, desde a súa creación no ano 1996, deste certame de calidade. Boa parte do prestixio adquirido polo Concurso Internacional de Viños Bacchus débese á participación, edición tras edición, dun panel de catadores do máis alto nivel representativo do sector vinícola, tanto nacional como internacional. Bacchus conxugou nos seus máis de 70 catadores convocados, o perfil crítico que achegan figuras da talla de Luís Lopes Ramos (Director Revista de Vinhos), Andrés Proensa (Director Revista Planetavino), Pierre Casamayor (xornalista, Revue de Vin du France) ou Franco Ziliani (crítico especializado, Decanter) co aspecto máis técnico de entre outros John Salvi (Master of Wine), Beatrice Dá Ros (Presidenta de VINOFED), Carlos Abarzúa (Presidente da Federación de Enólogos Brasileira) ou Hernán Amenábar (Presidente da Asociación de Enólogos de Chile), un cadro de persoal de xurados que confirma a aposta pola seriedade e rigorosidade dun concurso como Bacchus.

Cun Albariño dá zona concretamente o Segrel de adegas Pablo Padin de Meaño ven de conseguir tamén a medalla de prata no certame Vinales Internationales 2010 celebrado en Paris. Sinal de credibilidade dos seus recoñecementos, as Vinalies Internationales invitan a máis de 100 catadores do mundo enteiro. A súa misión : valorar as 3000 mostras sometidas ao seu padal, apreciando as peculiaridades dos territorios de orixe. O seu obxectivo final : pór de realce cada viño mediante un comentario de cata detallado .Toda unha eminencia ou Sr. Hervella.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s