Humor Grandecheo: A CASA ROUBADA, PORTAS DE FERRO

Cambados 20 de marzo de 2010

FESTIVAL A PROL DA NOSA LINGUA ORGANIZADO POR  “QUEREMOS GALEGO”.

 

 

 

 

O  día 17 de abril terá lugar no recinto feiral de Pontevedra un Festival en defensa da nosa lingua, que contará coa colaboración desinteresada dalgúns dos máis importantes grupos do panorama musical galego actual, mostrando o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura:

A QUENLLA, ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS, BERROGÜETTO, ESPIDO, FIA NA ROCA, FUXAN OS VENTOS, GALEGOZ, GARCIA MC, LAMATUMBÁ, LUAR NA LUBRE, MILLADOIRO, OS CARUNCHOS, OS TRES TREBÓNS, RUXE RUXE e ZURRUMALLA.

Este festival terá un importante contido lúdico e cultural mais especialmente mobilizador e reivindicativo, nun momento no que se está a intensificar o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua, como se evidenciou coa non admisión a trámite da ILP de Queremos Galego, polo que é importantísimo garantir a maior asistencia de público posíbel.

A hora de inicio está fixada para as 19.30. No interior haberá diferentes barras con comida e bebida.

Entradas:

          O prezo de venda anticipada será de 10€ e o propia día de 12€.

          Os pontos de venda anunciaranse  na páxina web da plataforma e nas diferentes redes sociais.

          Tamén se poderán comprar as entradas por internet a través da páxina web: http://www.queremosgalego.org

Voluntariado para o festival:

Farán falta voluntarias e voluntarios de cada comarca para realizaren os seguintes traballos:

          Recollida de sinaturas da Iniciativa popular de Queremos Galego.

          Venda de material ( bonos, camisetas, chapas…)

          Venda de bonos para as consumicións

          Control das entradas ao recinto.

          Colocación de faixas e bandeiras no recinto..

Para calquera dúbida, consulta ou suxerencia podedes chamar ao 653 573 367 (Marcos Maceira) ao 609 861 682 ( Fran Rei) ou ao 981563885.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s