Humor Grandecheo: ACORDARSE DE SANTA BARBARA CANDO TRONA.

Cambados 15 de marzo de 2010

OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.

 

RAMON R. NOGUEIRA

“A VIDE OU A VIDA”

 

Participa na vendima dos sentimentos coma uva

madura

que podrece pendurada do acio

namentras as outras agardan esa final

arrebatado polo ferro dunhas tasoiras

 

Ao final no chan ou nun capacho.

 

 

 

XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR

 

 

“BRIS DE ESPERA‏”

 

Hoxe, estonas o zume da mañá coas uñas  e as miñas camisas son azuis no ceo do teu padal, esgázanse na  ferida húmida do tecido, que vento maino se acubillou o teu sono abanos de ás? estaba hoxe o mar detrás das portas? medrou unha selva de látegos de aletas por baixo da túa cama de comportas? cando foi a última

vez que choveu de corpo nas túas virillas? hoxe non podo, non,

agardo, escoito a josé larralde nos bares das terras ermas, pero sei que todo é preciso, entre os meus miolos centrífugos e unha  tormenta árida, co tintinexo do segundeiro no cristais das esferas e as fiestras, pero acaróaste e pechas os chamados cos beizos encarnados,  ergues os teus peitos para que espreite o torreiro da baixamar, no refluxo do sol incandescente baixas polo ventre ata o cuarto das alturas, hoxe é sábado e só os dous o sabemos, o tempo muda o nadir da túa roupa interior, a noite  anóvase no día, ía polo río das calexas un bris de frío pero sabía que ti estabas a vir, que tiñas unha  badalada encaixada no peito que aguilloaba as horas da espera, pero nas túas mans cheas teces de feituras o meu corpo e fica nu, en cada fío estou máis perdido, máis prendido, e o día adianta o meu anhelo nalguhas nubes iradas, e, ó cabo, pañaches na sobremesa amorodos sobre os panos, mirástesme detrás daquel  sorriso dunha cidade calquera, unha cidade preto do inverno, e baldeirastes os meus ollos nela, hoxe.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s