Cambados 14 de Marzo de 2010
CONCENTRACIÓN EN VILAGARCIA CONTRA O DECRETO DO GALEGO
LUNS, AS 20 HORAS NA PRAZA DE GALICIA DE VILAGARCIA
¡¡¡ACUDE A SALVAR O TEU IDIOMA!!!
Feijoo está empeñado en acabar co noso idioma, hai que impedilo.
Como xa nos teñen acostumbrados este goberno do PP, con nocturnidade e alevosia, o sr. Feijoo e o seu goberno ten presentado este sabado o proxecto do "decretazo" contra o galego no ensino. Unha vez mais o PP da motras de querer seguir adiante coa sua pretension de acabar co noso idioma. Frente a esta pretensión do Sr. Feijoo, de contentar a dereita mais reaccionaria e españolista. A Plataforma Queremos Galego do Salnés convoca unha concentración de urxencia este luns as 20:00h. na Plaza de Galicia de Vilagarcía de Arousa. É importante que se acuda e tamén difundir esta mensaxe chamando a participación de todas as persoas. Entre todos temos que parar este decretazo.
Non deixemos que acaben coa nosa lingua!!
Podes contactar coa plataforma en
www.queremosgalego.org
salnes@queremosgalego.org