Cambados 6 de marzo de 2010
RIFA RADIOFÓNICA
ENTRE A GALEGA JULIO OTERO E O FACHA ARCADI ESPADA
A PROPÓSOTO DE ROSA DIEZ
SE VALENTE COMA JULIA OTERO E DEFENDE O GALEGO.
A presentadora galega Julia Otero e impresentable teruliano Arcadi Espada.
Escoitamos unha peza radiofónica que nos deixou pampos, patidifusoss, alucinados e encabuxados a moreas. Atención á rifa entre Julia Otero (bravo por ela) e un lamentable Arcadi Espada, que –aparte de defender as polémicas declaracións de Rosa Díez sobre os galegos, no seu termo «máis pexorativo»– non se corta en insultar e menosprezar tamén á xornalista galega e a todos os galegos en xeral. Incluídos os medios de comunicación. Collan aire porque se fala de «estupidez aldeá, cantonal, provincial… pueblerina». Preme AQUÍ para escoitar o audio do programa en Onda Cero. Non ten desperdicio.