Humor Grandecheo: CADA UN PRA SI, VALE POR SETE

Cambados 24 de febreiro de 2010

O ESCULTOR MANOLO PAZ PRESENTA UN AMBICIOSO PROXECTO

PERANTE OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DO SALNÉS (GDR)

TRÁTASE DA MUSEALIZACIÓN DO SEU TALLER ESCULTÓRICO.

 

 

O escultor  de fama mundial e chalequeiro de Unha Grande Chea, Manolo Paz ven de presentar  perante os Grupos de Desenvolvemento Rural do Salnés un ambicioso proxecto que consiste na musealización dun taller escultórico e dotalo da infraestrutura necesaria. A inversión céntrase na construcción dunha edificación con dúas finalidades, por unha banda habilitar un  espazo para o taller do promotor onde se traballarán as pezas de menor tamaño e por outra banda a construcción do museo aberto ao público en xeral, que a súa vez precisará de equipamento, material de divulgación e outros elementos explicativos. Dentro da zona adicada ao museo será necesario dotalo dunha recepción, aparcamento, aseos públicos, libraría, un office, un almacén e área privada de estancia.

O proxecto ubícase nun entorno de gran valor natural tanto en flora como en fauna, rodeado de rutas de sendeirismo e preto de terreos da Rede Natura 2000.

 

 

Na actualidade Manolo  é propietario dos terreos onde se vai ubicar o proxecto, e xa ten innumerables pezas de alto contido artístico e de gran tamaño completamente integradas na paisaxe do lugar. Son pezas traballadas cos materiais da zona, pedra pais e outros, colocadas estratexicamente nun amplo prado xunto ao mar de xeito que se ven convertidos nun espontáneo museo con vistas da ría de Arousa como fondo.

Os obxectivos son os seguintes:

         Creación dun espazo de exposición de Arte Contemporánea único na comarca e tamén a nivel autonómico e estatal.

         Mellorar as condicións do taller-museo, xa que non están acondicionadas cara ao público.

         Musealizar o espazo taller co material e equipamento para a súa divulgación.

         Ofrecer ao público en xeral un contacto directo coas esculturas integradas nun entorno completamente natural.

         Contribuír á creación dun turismo cultural alternativo ao existente na comarca do Salnés.

         Posta en valor da zona tanto cultural como patrimonialmente.

         Dinamizar a comarca pola xeración de emprego directo e indirecto polo arrastre no sector turístico.

 

 

O proxecto ten un importante carácter innovador xa que se vai a converter no primeiro espazo de exposición de Arte Contemporánea único na comarca do Salnés e tamén a nivel Galicia. Manolo Paz ten unha longa e moi importante traxectoria profesional, xa que os seus traballos foron expostos en sitios como en Bilbao na Galería Windsor-Kulturgintza, exposicións no Museo Barjola, de Gijón, na Fundacíón Pilar i Joan Miró, de Palma de Mallorca, en  Arco´88 e 96, Estación Marítima en A Coruña, Plaza da Quintana en Santiago de Compostela, Galería Fernando Vijande en Madrid, Galería Isabel Ignacio en Sevilla, Palacio de Sástago en Zaragoza, Palacio de la Magdalena en Santander, e a nivel internacional en lugares tan variados como na Galeria Nasoni en Oporto, Centro Cultural Sao Lourenço en Portugal, Chicago Art Fair, Expoarte de México, Altíssima en Turín Italia, Galería Heinz Holtmann en Alemania, UIMP en Argentina, International Sculpture Symposium of Iwate en Japón, en Bruselas, Art Miami, entre outras.

O informe de control de elexibilidade é favorable por parte do GDR do Salnes agora só falta que Agader (Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia), tamén informe favorablemente.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s