Humor Grandecheo: O QUE TEN A LINGUA AGUDA, TEN QUE TER A COSTELA DURA.

Cambados 31 de Xaneiro de 2010.

A EXPOSICIÓN “…UNHA VIAXE CON RAMÓN CABANILLAS…” EN VIGO

CANDEA É AUNICA ENTIDADE QUE SEGUE A TRABALLAR REMATADO O “ANO CABANILLAS 2009”.

 

 

O xoves 4 de febreiro do 2010 ás 20 horas, inaugúrase no Verbum, Casa dás Palabras de Vigo a exposición fotográfica "unha viaxe con Ramón Cabanillas", e estará desde o 4 de febreiro ata o 21 de marzo do 2010, grazas a colaboración de Candea "Asociación de Ensinantes do Salnés"  a Concelleria de Cultura do Concello de Vigo.

Os autores que participan son: Iñaki Abella, Quico Álvarez, Eduardo Apariz, Mónica Irago, Luís Barreiro, Martina Misser, Emilio Moldes, Carlos Puga, Xaquín Rosales, Mónica Vila, José Luiz Oubiña , estes fotografos ofrecen a  súa visión sobre o intelectual e poeta galego a partir dos seus versos, que tamén poderán escoitarse neste proxecto.

Para esta ocasión o Verbum, publicou un pequeno caderno da exposición que sera entregado a todos os asistentes.

VERBUM – Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos, o seu horario e de 10:00 a 19:00 horas  e está situado na Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s