Humor Grandecheo: O QUE MOITO FALA MOITO ERRA.

Cambados 1 de febreiro de 2010

CONCERTO SOLIDARIO: “PONTEVEDRA CON HAITI”

Con motivo da crise humanitaria en Haití, o vindeiro seis de febreiro celebrarase na Praza do Teucro un concerto solidario “Pontevedra con Haití” para recaudar todo o posible para o pobo haitiano.
Esta iniciativa xurdiu a partires dun grupo creado na rede social Facebook que se movilizou para crear un concerto solidario na provincia en favor de Haití. Na actualidade este grupo conta con máis de 3.600 seguidores que mostraron o seu interese en participar de diversas formas na causa. Tralo chamamento que fixemos solicitando axuda desinteresada a entidades públicas ou privadas, obtivemos a resposta inmediata e o apoio incondicional do Concello de Pontevedra, así como das empresas privadas: Veteris, Gadis e Ernie Produccións e de numerosos locais da zona vella como: Karma, Rubick, Cordura e o Camarú.
O concerto solidario: Pontevedra con Haití celebrarase o vindeiro 6 de febreiro na praza do Teucro cedida polo Concello de Pontevedra, das 17.00 ás 00.00 h. Nel participarán oito grupos seleccionados entre as cincuenta bandas que mostraron o seu interese por participar. Os grupos que participan son: Portrait, Dismal, Drama, Samuel Levi, Marvel, Eladio Santos y Querido Extraño+ Pulsa Denura.

 

DISMAL

MARVEL

PORTRAIT

 

Do mesmo xeito, unha vez rematado o concerto haberá unha ruta de pubs solidarios onde os asistentes poderán escoitar a mellor música da man dos dj´s: Sergio Lagartija, Illmo.Señor Fiuza, Charli_e, Sandrita Dinamita, Picnic & Dddelirio que pincharán nos locales da zona que colaboran ca causa.
Todos os beneficios destinaranse á Cruz Roja Española para a causa de Haití, por ser unha das organización internacionais máis serias no seu traballo e que contan con experiencia en terreo.
Pedimos a colaboración de todos por unha boa causa, o seis de febreiro únete a esta iniciativa e contribúe no que poidas para axudar a minimizar os efectos devastadores desta catástrofe.
Todo aquel que queira poñerse en contacto coa organización poderá facelo a través do correo electrónico conciertosolidario@hotmail.com ou entrando na páxina de Facebook Concierto Solidario: Pontevedra con Haití.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s