Humor Grandecheo: A TUA CASA LEVARÁS CON QUEN CHORARÁS.

Cambados 29 de Xaneiro de 2010

UN PANO MOI ESPECIAL

DA EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE BARCELONA

CONCRETAMENTE DO PAZO DE FEFIÑANS EXISTENTE NO POBO ESPAÑOL

No pano pódese ler: "Exposición Internacional de Barcelona", "Palacio de los conde de Fefiñanes

 

Chegou o noso poder un pano moi especial, tratase dun pano de 1929 conmemorativo da Exposición Internacional de Barcelona no que se reproduce o Pazo de Fefiñáns que existe no Pobo Español de de dita cidade. O pano  foi adquirido estes dias por unha persoa que prefirese manter no anonimato nunha páxina de internet de antigúedades.

O Pobo español (en catalán Poble espanyol) é un museo ao aire libre situado na montaña de Montjuïc na cidade de Barcelona.
Foi construído no ano 1929 con motivo da Exposición Internacional que tiña que celebrarse ese ano na cidade. A idea foi impulsada polo arquitecto catalán Josep Puig i Cadafalch e concibiuse como un pobo no que se pretendían reunir as principais características dos pobos de España. O proxecto foi realizado polos arquitectos Francesc Folguera e Ramon Reventós, e os artistas Xavier Nogués e Miquel Utrillo.
O museo ocupa un área total de 42.000 m² e nel reprodúcense a escala diversas edificacións, prazas e rúas representativas de diversas cidades españolas entre elas o Pazo de Fefiñans de Cambados, así como o arco existente na praza.

 

     

Distintas imaxes da reproducción do Pazo de Fefiñans existente no Poble Espanyol de Barcelona.

Aínda que nun principio o recinto tiña unha vida programada de seis meses (os mesmos que duraba a exposición), o éxito de público permitiu que se conservase e que chegase ata os nosos días. O nome asignado nun principio era o de Iberona pero a ditadura de Primo de Rivera o rebautizó como "Pobo Español".
Na actualidade o Pobo español, que ten edificios representativos de 15 das comunidades autónomas españolas, ten a función de museo arquitectónico ao aire libre así como de mostra de artesanía popular.
Dentro da sociedade civil catalá, cada dia son máis as voces que queren actualizar o Pobo Español aos acontecimintos ocorridos desde o restablecemento da democracia e así crear unha "Europa" ou "Comunidade Europea" no recinto.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s