Cambados 28 de Xaneiro de 2010
UNHA GRANDE CHEA REIVINDICA AS ANTIGUAS ESCALINATAS DA EIREXA DE FEFIÑANS
ESTA APROBADA POLO PARLAMENTO DE GALICIA A SUA REFORMA NO ANO 2005
¿PORQUÉ NON SE LEVOU A CABO?
“””Na monumental praza de Fefiñáns —que os vellos de antes chamaban O Eirado e que dos nosos país aprendemos a chamar praza do Mercado ou O Mercado—, que ata o séc. XVIII estaba aberta ó mar na cara oeste, o visitador compostelán viu a ermida-hospital de San Bieito, que posteriormente se reformaría para dar lugar á actual igrexa dedicada ó mesmo santo, con catro arcos de medio pun¬to na bóveda principal, que presenta a orixinalidade de estar feíta de pedriñas, algunhas pequerrechiñas. As dúas torres barrocas da fachada principal teñen cadansúa escaleiriña de caracol que dalgún xeito lembran a impresionante escaleira de San Domingos de Bonaval. A igrexa de San Bieito (popularmente San Benito por castelanización, pero os apelidos son os galegos Viehes ou Viéitez) está construida a unha altura maior có resto dos edificios da praza, polo que hai que subir ó adro por diversas escaleiras de pedra. A escalinata orixinaria do muro principal do adro, o que da á praza, foí totalmente reformada nos pasados anos 70, a pesar das protestas. O Parlarnento galego aprobou no 2005 que se restaure a escalinata coa estética orixinal, pero falta o orzamento necesario.”””
Despois deste fenomenal texto recollido do libro de Francisco Fernández Rei “A Memoria de Cambados” ,temos que exisir do Parlamento de Galicia que leve a cabo a reforma e repoña as escaleiras o seu estado orixinal que eran moito mais, bonitas é por certo era un lugar ideal para sacar fotos de grupo. As fotos desta reportaxe foron recollidas algunhas do citado libro, outras do blog http://fotosantigascambados.blogspot.com/ e outras de colleita propia.