Humor Grandecheo: O QUE A BO ARBORE SE ARRIBA, BOA SOMBRA O ACOBILLA.

Cambados 18 de Xaneiro de 2009

OS LUNS: A POESIA DE RAMÓN R. NOGUEIRA E XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR.

HOXE MOI REIVINDICATICOS.

 

RAMON R. NOGUEIRA

TERRA ETERNA

 “Escrito con ” Un Galicien Libre Á Paris” de fondo de Carlos Núñez”.

DIANTE da miña bandeira
de pé
ergueito collido da súa man.

Inspírame co teu vermello
(estrela afogada no río da saudade)
Inspírame co teu vermello
oh gaita, NAI.

Arredados da neve, pálida e fría.
Inspírame co teu vermello
pobo ancián, son solitario e vello.

Oh terra nai
non esquezas quen es!
Unha vella gaiteira
de versos e historias,
ancián e algareira…
recolle o pandeiro
e voa.

Oh Galiza, miña nai.
Un sentido esquecido de sal
levado polas pombas.
Un son esvaecido
devolto nas ondas.
Un mar solitario
único e azul,
de verde saiolo
e berro cru.

Escoitade meus irmáns!
Entre os meus beizos
aínda se escoitan
antigas cantigas
de trobadora morta.
Escoitade meus irmáns
o eterno son
que nunca afoga.

 

 

XOSÉ MARIA VILA RIBADOMAR

 

"ABAIXO OS PARIAS DA TERRA"

Foi xa hai anos, cando comecei a sentir ese picada de estrelas vermellas e apuntadas no pulso, todo principiou cunhas marteladas moxenas e logo unhas abandeiradas postelas ata que me fun dando de conta de que non era ó único que tiña aqueles incómodos estigmas, non, e axiña se comprobou que aquela cor encarnada que en tanta estima e esperanza tiña ó ser humano non era máis que a cor do sangue, a tiranía do sangue.
Abaixo, os parias da Terra!

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s