Cambados 28 de Decembro de 2009
ACHAGO DE INMENSO VALOR
A MOEDA ATOPADA POR UNHA GRANDE CHEA E VERDADEIRA
FOI ATOPADA O 21 DE NOVEMBRO PASADO NO CON DE SETE PIAS
1.- Comunicacion da Direccion xeral de Patrimonio a Unha Grandechea, confirmando a verosimiltude do achago.- 2.- Anverso da moeada atopada.
Reverso da mesma moeda.
Varios membros da actual xunta directiva, andando a procura de setas polas cercanias do Con de Sete Pias, atoparon a moeda que podedes observar nas fotofrafias. Inmediatamente puxemos os feitos en coñecermento da Dirección Xeral de Patrimonio, quen nos indicou que non dixeramos nada ata ter unha confirmación oficial, que nos chegou precisamente hoxe e di o seguinte:” Preto da moeda achada por Vdes no Con de Sete Pias–Cambados o 21 de Novembro pasado, praceme informarlle, que sen prexuizo do que informen os nosos técnicos nun estudo moito mais en profundidade incluida a proba do Carbono 14, que a mesma ten visos de autenticidade, polo que unha vez comprobada técnicamente esta será remitida o Museo de Pontevedra, previa a indemnización corresponde a esa Asociación segundo a Lei 20/79 de Achado de Tesouros Artisticos e Pezas de Valor, facéndose indicar no lugar donde se ubique no Museo, que foi atopada por Vdes no Ano Cabanillas 2009.
Sen outro particular, reciban un cordial sáudo.”.
Ata aqui a comunicacion que nos enviaron polo de agora ignoramos cal é a indemnización a percibir, pero esperemos que sexa suculenta.