Humor Grandecheo: HOME DE PEDRA, HOME DE MERDA

Cambados 28 de decembro de 2009

OS LUNS: A POESIA DE RAMON R. NOGUEIRA E XOSE MARIA VILA RIBADOMAR

 

Ramon R. Nogueira

“O ATRACTIVO DO EFEMERO”

“Quero o meu nome cunha flor”

Nunha ponte de unión entre o “si” e o “non”
a hipótese de si é certo
son verbas levadas polo ar
simplificadas
á máis ínfima das formas
unha morboadicción
unha enfermidade do vermello
axitada
pola contrariedade de posuír efixie
nada máis que unha cuberta
forxar unha estructura ósea na periferia
un esquelete forasteiro

es benvido na acrópole dos versos.

 

Xose Maria Vila Ribadomar

 

SABAS EN BRANCO‏

Enfróntome ás sabas en branco, por veces non sei que escribir, por veces non sei se escribirche, non sei sequera se será xa bo escribirche tan cedo. Tal é como che sinto, síntome moi só diante das túas sabas en branco, e para que demo madrugas tanto? A cama queda baldeira e a miña caligrafía vaina esluir a chuvia interior. Busco na escrita unha forma para que aparezas, busco na escrita un xeito de que desaparezas. Na lentura dos tecidos deixas as túas contornas de cal viva que desfiguran as quenturas nos papos dos meus dedos e o borrallo das túas fazulas déixache un fume de sombras nas pálpebras cando todo comeza a estar claro e vou repasando unhas miradas ventaneiras contra a parede. As vogais fican abertas e as inguas mudas. Nada, nada está escrito.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s