Humor Grande Chea: ESTO ESTA FEITO NUN RIF ROCK

Cambados 28 de Novembro
de 2009

O DESPREGABLE 22 XA ESTA NA
RUA

PODELO ATOPAR NOS SITIOS
DE COSTUME


Entrevistamos a Luis Barrerio, un artista de Meaño que presentou
a súa obra Aus Schmalegg no pasado Proxecta de
Vilagarcía.

O noso poeta de
referencia, Juan Carballo preséntanos o seu poemalibro “A Casa do Poeta”
que ademáis dos seus versos, conta como é habitual coas ilustracións de Nuria
Díaz
, nun paso máis do seu macroproxecto músico-poético no que tamén se
acompaña de Moncho Núñez en directo. (“A Casa do Poeta” está editado en
colaboración coa Embaixada Prusiana, e que podedes conseguir con este mesmo exemplar).


Dende Cataluña chega ás
nosas páxinas Llibert Fortuni, unha das figuras máis relevantes dos jazz
estatal, que nos atendeu para falar dos seus novedosos proxectos, dende o
Electric Quintet ata dirixir Big Bands, e por suposto o seu novo traballo: Triphasic.

Ana de Rada, a nosa corresponsal londinense falounos do graffiti
nesa cidade a través dun espacio no que está permitido utilizar os sprays sen
represalias.

No apartado de R.F. temos a visita de Emerson Díaz,
fotógrafo guatemalteco que actualmente vive en Vilagarcía e que compartiu con
nós as súas impresións desta parte do mundo.

O colectivo gráfico RuAn leva o blog http://cgruan.blogspot.com/ e unha intensa actividade artística. Preséntanos "Levado de
Ñapa" no apartado de banda deseñada do Despregable.

O artigo “Moonshine &
Sunshine” de Eduardo Fernández achéganos á vida e obra do grandísimo Hank
Williams, unha desas figuras tan enormes (e prematuras) coma insuficientemente
recoñecidas.

Tamén vos ofrecemos
varias entregas das ‘Crónicas Despregables’, ademáis de tóda-las seccións
habituais, o boletín do SPJ; unha nova entrega de La Cara B que nos destripa a
saga de filmes de Terminator, así como a nova entrega de Tarantino Malditos
Bastardos
. E por suposto para poñer o punto e final as nosas recomendacións
de Ruídos Vs Melodías.

Unha nova   de http://embaixadaprusiana.blogspot.com/

—————————————————————————————————————————————————————-

Podes
ver todos os videos da II Xuntanza  de
Amigos das Canles You Tube premendo
AQUÍ e AQUI

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s