Cambados
27 de Decembro de 2009
KALANDRAKA
EN CAMBADOS
UNHA
EDITORIAL FOMENTA A LECTURA EN TODOS OS COLEXIOS DE CAMBADOS
Na
campaña hai contacontos, talleres de escritura creativa e de relatos orais
A
editorial galega Kalandraka, que está especializada en literatura infantil,
empeza o luns, día 30, un ciclo de talleres e obras de teatro nos colexios de
Cambados, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Durante
catro días celébranse tres funcións diarias de teatro nos distintos colexios do
municipio. Trátase de sesións de contacontos con música orientados aos alumnos
de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria. A partir do día 4 de decembro é a
quenda dos escolares matriculados no segundo e o terceiro ciclo de Primaria.
Para
eles hai uns talleres sobre oralidad, nos que poderán aprender algúns dos
segredos das narracións orais, e talleres de escritura creativa, para que os
alumnos poidan desenvolver as súas propias historias. Esta campaña coordínaa o
Concello de Cambados e finánciaa a Dirección Xeral de Política Lingüística. A
editorial Kalandraka é a encargada de levala a cabo, e nas súas visitas aos
colexios deixará en cada un deles un lote de libros.
Teatro
onte na Xuventude
Unha
campaña similar desenvolveuse onte no auditorio da Xuventude, coa participación
de 400 nenos de todos os colexios de Cambados e do Xullo Camba de Vilanova.
Os
pequenos asistiron a dúas funcións de teatro, nas que a Compañía do Trinke
Trinke puxo en escena a súa versión dramatizada de "Vos soños na
gaiola", un poemario de Manuel María.
Esta
campaña denomínase "Bocaberta", e forma parte dun acordo entre a
Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e varias editoriais galegas. No
caso das funcións de onte, foron coordinadas por Xerais de Galicia, que volverá
ser protagonista este sábado da actualidade cultural en Cambados, ao presentar
unha "Poesía Galega Completa" de Cabanillas.
A
UNIÓN EUROPEA CHAMA A CAPITULO A XUNTA POLA SUA ANIMADVERSIÓN O GALEGO.
O
QUE LLE VEN A DAR A RAZÓN A PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO.
Considera
que as «medidas adoptadas contra a lingua galega desde abril supoñen unha
vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos
polo Estado español».
A
European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas
Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística
emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de que este
organismo celebrou onte en Barcelona.
O
texto «informa» á Xunta de Galicia de que «as súas medidas adoptadas contra a
lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados
internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español» e
contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A
EBLUL afirma na súa resolución que «resulta de especial gravidade» que «non só
non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas», senón «que se
desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa»,
entre os que se cita á antiga Red Galega de Escolas Infantís, Galescolas, «a
única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego».
O
documento «anima» ao Goberno galego a «que desenvolva unha política lingüística
de extensión social da lingua propia de Galicia», á vez que lle advirte que «de
continuar a súa política de desprotección» trasladarase a situación aos
diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.
Esta
entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo, e posúe rango de
entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións
Unidas (ONU).