Cambados
23 de Novembro de 2009
HOTEL OS PAZOS, FABULOSO ANFITRIÓN
A
XUNTANZA DE CANLES YOU TUBE NON PUDO BUSCAR MELLOR LUGAR
FELICITACIÓN
POR PARTE DOS ASISTENTES A UNHA GRANDE CHEA POLA ORGANIZACIÓN.


1.- membros de Unha Grande Chea brindando cos demais concentrados no Pazo A Capitana.- 2.- Carmelo xerente do Hotel Os Pazos facendo a queimada despois da cea.
Como
ben sabedes o pasado sabado celebramos a II Xuntanza de Amigos das Canles
Galegas You Tube, cun programa de actos moi completo, Pavitren, Recepción no
Concello, Ruinas de Santa Mariña, Pazo a Capitana, e debido a choiva non
poidemos asistir a outros lugares que tiñamos programados, pero tiñamos certo temor
a Hotel Os Pazos, porque nunca
celebraramos nada ali pese a estar no centro de Cambados, pero os
temores volveronse en satisfaccións porque a acollida por parte de Carmelo e
familia foi maravillosa, a comida excelente (felicitacións as cociñeiras) e o
prezo excepcional, Carmelo tivo a delicadeza de facernos ademais despois da cea
unha boa queimada con aturuxo incluido, todo elo adornado con gaiteirada tanto
despois de comer como despois de cear. Podes ver un resumo fotográfico en “As
nosas fotos” e videos nas canles you tube XOANARCODAVELLA e ETERNIA7. Os
asistentes que o longo da tarde noite foron aumentando ata chegar a treinta
persoas, marcharon contentisimos pola vila, pola xuntanza, pola nosa organización
e sobre todo polo Hotel Os Pazos, lugar que recomendamos expresamente para
calqueira clase de celebración. Tamén lle queremos agradecer o Pazo A Capitana
pola súa acollida e por facernos partícipes dos seus excecelentes caldos como
Albariño, Espedeiro e Tinto Barrantes. Xornada completa quizais un pouquiño
deslucida pola choiva pero na maravillosa terra na que estamos tampouco é de
extranar. Grazas a todos os asistentes por facernos tan felices.