Humor Grandechea: CANEANDO (FACENCO CANAS) QUE É XERUNDIO

Cambados
23 de Novembro de 2009

O NOSO CASTI O MELLOR TIRADOR…DE CANAS

O MELLOR DO ESTADO ESPAÑOL



As “canas” son unha das consumicións máis populares en case calquera bar. Pero
aínda que o acto de encher un vaso con cervexa de barril pareza sinxelo ten a
súa arte, e nas escolas de hostalería ensínanse diferentes técnicas para “tiralas”.
Un veciño de Cambados de 23 anos, Alberto Castiñeiras Cacabelos, pode considerarse
como un dos mellores “tiradores” de canas de cervexa de toda España.
Alberto Castiñeiras estuda Cociña na Escola de Hostalería de Santiago de
Compostela e tras realizar un curso de coctelería con Juanjo Fernández “presidente
da Asociación Galega de Barman” en abril deste ano participou no campionato
galego de Coctelería, alzándose coa vitoria na categoría de mozas.
Grazas a ese triunfo invitáronlle a dous campionatos nacionais, un celebrado en
maio en Sitges (Barcelona) “organizado por unha marca de ron”, e outro
convocado pola Federación de Asociacións Españolas de Barman, que tivo lugar
hai pouco en Palma de Mallorca.
A cana perfecta
Este torneo de Palma dividíase en tres modalidades distintas: elaboración de
gin-tónic, coctelería e tiradores de cervexa, e Castiñeiras gañou este último.
O xurado requiría unhas normas moi estritas: debían encher de cervexa o 70 por
cento do vaso, e este debía manter unha inclinación de 45 graos con respecto á
billa.
Outra condición era que a cana tivese dous dedos de espuma “sen que pasase en
ningún momento o bordo do vaso” e o xurado analizaba tamén a técnica e a
posición do camareiro detrás da barra.
Alberto Castiñeiras tardou entre tres e catro minutos en completar cada unha
das dúas “canas” que tivo que servir, pero ao final o xurado valorou que ambas
se achegaban moito ao que se considera a “cana ideal”, polo que lle outorgaron
a máxima puntuación na súa categoría.
“Nun concurso así non podes tirar a cervexa toda de golpe. Eu fíxeno en tres
tempos”, comentaba Alberto Castiñeiras, un mozo apaixonado pola cociña, tanto
que nin sequera os seus éxitos como barman fanlle dubidar se escolleu ben a
especialidade que estuda na escola de Hostalería.
“Isto todo foi grazas a Juanjo Fernández e a José Soto “o relacións públicas da
Asociación Galega de Barman”, que son quen estiveron comigo e os que máis
fixeron por min”, comentaba un exhultante Castiñeiras ao seu regreso de Palma
de Mallorca.
Vocación hostaleira
Alberto Castiñeiras foi xogador de baloncesto e na actualidade adestra o equipo
junior feminino do Xuventude de Cambados, e é o segundo adestrador do filial
deste mesmo club. Tras terminar os estudos secundarios matriculouse en
Relacións Públicas na Coruña, pero non chegou a terminar os estudos. Recorda
que “sempre quixen dedicarme á hostalería, desde pequeño”, de modo que ao final
deixou as relacións públicas e buscou o seu lugar na escola de cociña de
Santiago.
Está convencido de que ese é o oficio ao que desexa dedicarse “co que terá a
oportunidade de continuar a excelente tradición de restauradores que ten
Cambados” e que a cociña é o seu.
A pesar de todo, non nega que os traballos de barra tamén lle atraen, e de
feito xa decidiu participar no próximo campionato galego de Coctelería, co
obxectivo de obter o billete para o nacional.

Texto
e foto Faro de Vigo.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s