Humor Grandecheo: CORRUPCIÓN, SACRAMENTO DOS CORRUPTOS.

Cambados 31 de outubro de 2009

CAMBADOS CENTRO DE EUROPA

NOVENTA CONFRARÍAS EUROPEAS PARTICIPAN NO VII CONGRESO DE CAMBADOS

A maior representación corresponde a Italia con 34 agrupacións e o estado español con 32.

 

Unhas noventa confrarías enogastronómicas de oito países europeos inscribíronse para participar no VII Congreso Europeo que se celebra os días 6, 7 e 8 de novembro en Cambados e Santiago de Compostela e que terá como presidenta de honra á Infanta Dona Elena de Borbón. A delegación con máis ampla representación é Italia, con 34 confrarías, seguida de España con 32 e, a unha considerable distancia, Portugal con dez agrupacións.
Dende Francia está prevista a chegada de seis confrarías, tres dende Bélxica, outras tantas de Grecia, e só unha dende Hungría igual que dende Estonia. En total xuntaránse en Cambados, na primeira fin de semana de novembro, arredor de cincocentas persoas ataviadas coas súas singulares vestimentas. Para a celebración deste encontro europeo en Galicia, a organización tivo en conta a coincidencia coa celebración do Ano Cabanillas, en Cambados, e a inminencia do Ano Santo Compostelano 2010.
Na reunión celebrada o pasado sábado, coa presencia do presidente de Ceuco, o valenciano Carlos Martín Cosme, do delegado territorial da Xunta, José M. Cores Tourís, do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e do presidente de Fecogal, Pedro Piñeiro, entre outros, acordouse o programa de actividades do congreso que se iniciará o venres, día 6, coa asemblea xeral de Ceuco, ás 19 horas, no auditorio da Xuventude. De seguido celebraráse unha recepción, ás oito da tarde, no Parador do Albariño,  e unha degustación de produtos típicos galegos.
O sábado, día 7, inaugúrase o sétimo congreso europeo no Auditorio da Xuventude, ás 10 da mañá, coa presentación de diversas ponencias que darán paso, ao mediodía, é entrega dos premios Aurum, entre outros á mellor confraría europea de 2009 xunto coa entrega do bastón de mando ó próximo país organizador do oitavo congreso.
Sobre as 13,45 horas os participantes no congreso trasladaránse ó salón de exposicións de Peña onde se celebrará o Convivio Europeo, coa degusstación de produtos típicos traídos polas confrarías de cada rexión europea presente. Ás 17 horas sairá o desfile das 90 confrarías dende o pazo de Montesacro, en San Tomé, cara a praza de Fefiñáns acompañadas da Real Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra, grupos folclóricos galegos e os danzantes de Cobas.  
O domingo terá lugar o traslado de tódolos participantes ata Santiago de Compostela, onde se desenrolará unha concentración das confrarías na entrada do Camiño Xacobeo na cidade e peregrinación ata a praza do Obradoiro entrada na catedral e participación na misa do Peregrino oficiada polo arcebispo de Compostela. Tamén está previsto que os máis de 500 confrades europeos sexan recibidos no Obradoiro por un alto responsable da Xunta de Galicia.
Aproveitando este evento preto de mil persoas, tendo en conta a familiares e amigos dos confrades, visitarán a comarca de O Salnés durante a primeira semana de novembro, o cal suporá un salientable beneficio para a hostelería, a restauración e a promoción turística de toda a comarca.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s