Cambados 29 de Outubro de 2009
CINEMAS DIXITAIS
“O PEQUENO E FERMOSO”
O 30 DE OUTUBRO AS 18 HORAS NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
CATRO ESCULTORES:
Vídeo sobre os escultores Enrique Velasco, Manolo Paz, Francisco Leiro e Francisco Pestana e parte das súas esculturas. Director: Eloy Lozano , Xénero: Arte e Patrimonio , Modalidade: Documental, Duración: 18 min, Ano de produción: 1986 Idioma: Galego.
Virxilio Vieitez construíu sen sabelo cos seus peculiares retratos de estudio a memoria dun pobo. O álbum de Virxilio é o álbum da Galicia que foi. Director: Marcos V. del Pino Xénero: Arte e Patrimonio , Modalidade: Documental, Duración: 15 min , Ano de produción: 2006 , Idioma: Galego.
Documental creativo sobre José Ernesto Diaz-Noriega, un cineasta independente nado en Madrid e chegado a Galicia nos anos 50. Conseguiu filmar unha serie de filmes en formatos domésticos. A súa sombra protectora e inspiradora foi a semente de gran parte de dos cineastas galegos dos 70 e 80. Director: Marcos Nine Búa , Xénero: Historia e Biografía, Modalidade: Documental, Duración: 16 min, Ano de produción: 2006, Idioma: Galego.
OS SEÑORES DO VENTO:
Eles idearon un sistema para dominar o vento… Dirixiron centos de botellas desafiando o ceo mais, coma elas, a vida tamén dá voltas… Cada vez quedan menos… Eles son… "Os señores do vento"., Director: Xurxo González, Xénero: Sociedade, Modalidade: Documental, Duración: 11 min, Ano de produción: 2008, Idioma: Galego.