Cambados 29 de Outubro de 2009
O VOLEI CAMBADÉS A ESCENA
SÉNIOR
LOCAL |
RESUL. |
VISITANTE |
SETS |
0-3 |
11-25/12-25/21-25 |
Excelente debut das Sénior contra un prometedor equipo, o Bertamiráns, composto por un cadro repleto de xóvenes xogadoras, que en ningún momento tirou a toalla.
Pero é que as cambadesas saltaron á cancha cun claro obxectivo: vencer e acadar a súa primeira vitoria da tempada. E así foi, o resultado fala de por si da eficacia do cadro de Cambados: 11-25/12-25/21-25
No primeiro set, e a pesar de que o equipo era a primeira vez que xogaba despois da súa renovación, o X.A.V. raiou a perfección e venceu con autoridade ó igual ca no segundo set. Xa no terceiro e último ac ousa estivo un pouco máis disputada pois tras acadar un parcial de 8-17 a favor, as cambadesas cederon un pouco e cometeron algúns erros na recepción e no ataque o que foi aproveitado polas de Bertamiráns que se aproximaron no marcador ata o 17-21. Finalmente,despois de pedir un tempo técnico, a adestradora Paula Rial aleccionou as súas xogadoras e compañeiras que voltaron ó terreo de xogo coa cabeza posta na vitoria.
Xogaron Susana Falcón, Lidia Gómez, Mariel (capitá) e Raquel Oubiña, Paula Rial, Aida e Fátima Cortegoso, Salomé Lois, Celestina Padín, e Tania Mondragón (xuvenil).
O fin de semana que ven verémolas na casa contra un duro rival, o EMEVE B de Lugo.
CADETES:
LOCAL RESULTADO . VISITANTE SETS
Xuvenil Teis A 3-0 XAV Cambados 25-13/25-10/25-22
Lamentablemente as cadetes afrontaron o seu primeiro encontro (coas baixas das lesionadas Iria Cochón e Aida Vidal) contra as viguesas que se impuxeron con autoridade no primeiro e no segundo set diante da súa nutrida afección.
Xa no terceiro, as nosas xogadoras saíron a loitar ata o final decatándose de que a a opción que lles queda nesta competición é só unha: pelexar e facer o seu mellor xogo, deste xeito amosáronse máis seguras no saque e na recepción e acadaron un merecido parcial de 21-21 nun apertado set que finalmente gañou o Teis.
Participaron Sara Baña, Fuen Buceta, Mariña Charlín, Cris Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey e Paula Serantes (capitá) e as infantís Bibi Silva e Tuti Vilanova. Tamén queremos darlle especialmente ánimos
INFANTÍS
LOCAL RESULTADO VISITANTE SETS
Xuvenil Teis 1-3 XAV Cambados A 24-26/9-25/25-21/11-25
Saíron á cancha Tuti Vilanova, Bibi Silva (capitá), Claudia Cores, Celia Bao, Mariña Durán e Carmen Cortegoso, que gañaron o primeiro set nun duro final. No segundo set, entraron Lara Diz por Claudia e Iria Martínez por Celia; gañaron con facilidade. No terceiro set, as novidades foron Sandra Moares, Rita González e Marta Palacios. Pese ós esforzos das rapazas de Teis, o noso equipo gañou con autoridade o cuarto set. O fin de semana que ven contra o Ribeira Sacra A hai que seguir mellorando.
A próxima xornada cadetes e infantís xogan na casa contra o Ribeira Sacra A, un dos rivais máis fortes das súas respectivas competicións. Os encontros celebraranse tralo partido do primeiro equipo do X.A.V. o domingo ás once no Pavillón Municipal do Pombal.
Pola súa banda o equipo xuvenil fai a súa estrea na liga zonal ás 17:30h do sábado no pavillón do Cabanillas e medirase co cadro do C.V. Noia.
Máis información en http://xavcambados.blogspot.com/
Unha crónica de Suso Bao.