Cambados 27 de Decembro de 2009
MANOLO “O PORTUGUÉS” UN GRAN HOME
FOISE CALADIÑO RODEADO DOS SEUS.
Aqui vemos a Manolo nun momento feliz en Cambados a donde acudia visitar o seu fillo e os amigos deste.
Manuel Dominguez “O Portugués”, pai do noso “Domin” abó de Jacobo e de Alberto, foise sen facer ruido. Este home traballador incansable, taxista, hostaleiro, facia de todo un pouco…, deixonos para sempre. Calquera de Cambados que fora a Palas e parara na casa do Portugués tiña as portas abertas para todo, comida, bebida, descanso, encantaballe que tanto o seu unico fillo como os seus netos levaran xente, notabaselle na cara a súa alegria e gozaba da nosa compañía. Os que lle queiran dar o seu derradeiro adeus poden facelo mañan en Palas de Rei as 17.30 horas. ¡¡¡Ata sempre Manolo!!!.
agradecementos a unhagrandechea e a todos os amigos que estuveron con nos tanto fisica como de pensamento,graciñas de todo corazón familia Dominguez os queremos