Cambados 25 de outubro de 2009
COCTEL DE NOVAS
DO TEATRO O ALBARIÑO
TEATRO
Onte tivemos a sorte de asistir a estrea de obra “La Casa de Bernarda Alba”, por parte da Escola Municipal de Teatro, temos que dicir e aparte dos nervos da presentación ante o gran público, que poidemos gozar dunha noite de teatro , unha boa interpretación e unha boa posta en escena, quedamos sorprendidos gratamente sobro todo de rexistro que poden acadar algunhas persoas a hora de interpretar, dentro do bo ton xeral das interpretacións, xa que todas as actrices raiaron a gran altura destacar o papel da aztriz que facia de nai de Bernarda Alba, excepcional interpretación a desta muller. Se hai algo que criticar e a pouca experiencia teatral do público o rirse en escenas dramáticas, pero esto non deixa de ser anécdotico.
RETRANCA
Se estades interesados en apadriñar unha páxina da revista de humor galego "Retranca" de Kiko da Silva por só 5 euros, podedes contactar coa libraría Ramón Cabanillas no tel.986 542952. Se o facedes estardes contribuindo a que unha revista de humor en galego siga manténdose no mercado por moito tempo.
ANISIA MIRANDA
O outro día foi o pasamento da escritora Anisia Miranda, muller do gran escritor galego X.Neira Vilas. Os dous escritores foron homenaxeados en Cambados en xaneiro de 2007. Neira Vilas no seu último libro titulado "Lóstregos", adícalle un dos artigos a esta homenaxe e a súa visita casa museo do poeta cambadés, titulado "Na terra de Ramón Cabanillas", que remata decindo: "Foi moi reconfortante esta viaxe a Cambados".
CANDEA
O luns comezan as II Xornadas “Cabanillas na Escola”.
As persoas que non se matriculen poden asistir a algunha actividade libremente, e máis concretamente as seguintes
CONFERENCIAS:
Luns 26, ás 19 horas:
Cabanillas tradutor. Esperanza Mariño
Xoves 29, ás 18,30:
Ramón Cabanillas e a construción dunha Patria e unha Lingua. Francisco Fernández Rey
Xoves 29, ás 19,30:
PRESENTACIÓN DO LIBRO: Agoiña milagreira. Tomás Ares Güimil (TESAL)
Venres 30, ás 16,30: Ruta polo Salnés e visita ao Pazo Barrantes (Manuel Núñez)
AUDIS
Onte podia ver esta curiosa estamba na Praza de Fefiñas, todos os coches aparcados son de marca Audi, o parecer habia unha concentración en el algún lugar preto da nosa vila e fixeran a correspondente parada nunha das Prazas máis bonitas de Galicia.
VIÑOS
A Adega Martin Codax acaba de lanzar o marcados tres viños con tres nomes ven curiosos que son Alba unha nova marca de Albariño da adega, Anxo un raxul afrutado e exquisito e Mara un godello tamén de moi boa calidade podelos catar onte no Restaurante Pandemonium de Cambados.