Humor Grandecheo: VAIAMOS Ao GRAN. “UN DERMATÓLOGO”

 

 

Cambados  29 de setembro de 2009

UN SERVIZO USADO POR MOITA XENTE.

O CENTRO DE DINAMIZACIÓN DO SALNÉS PECHA AS SÚAS PORTAS O DÍA 30 DE SETEMBRO

 

O centro rexistrou, desde xaneiro de 2007, máis de 600 usuarios e usuarias e impartiu case un cento de obradoiros.

 A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías no Salnés. Neste mes estivose a impartir un obradoiro tecnolóxico, “Retoque dixital: Gimp”, cunha duración de 10 horas e no que se están a formar catro persoas (2 homes e 2 mulleres). Asemade, 14 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuítoas instalacións en “aula aberta” e/ou asistir a todas as iniciativas que o CDSI oferta. En setembro foi utilizada nun total de 96 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar nesta comarca en xaneiro de 2007, foron xa 646 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 97 obradoiros nos que se formou a 809 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 10 charlas e 6 iniciativas, nas que participaron 258 persoas.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s