Humor Grandecheo: ATA MAÑÁ SE EU QUERO. “DEUS”

Cambados 30 de setembro de 2009

JOSÉ BUGALLO SENRA, NOVO DIRECTOR

DO CONSERVATORIO E DA ESCOLA DE MÚSICA

          

1.- José Bugallo Senrra.- 2Lorena Varela.- 3.-Marco Lucato.

O profesor José Bugallo Senra, pontevedrés de 37 anos, foi nomeado polo goberno municipal como novo director do Conservatorio Elemental de Música e da Escola de Música, sucedendo no cargo á profesora Lorena Varela que continúa formando parte do equipo directivo como secretaria. O xefe de estudos deste renovado equipo será o profesor Marco Lucato.
O proxecto de dirección presentado polo profesor Bugallo reúne, a criterio da xunta de goberno, as condicións de idoneidade que se axustan ás indicadas institucións de docencia musical, por recoller de xeito amplo e pormenorizado o desenvolvemento das actividades educativas nas materias que se van impartir.
José Bugallo Senra cursou estudos de flauta e piano nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, respectivamente. Actualmente, está rematando estudos de formación bandística na Universidade de Trento (Italia). Foi profesor durante os 5 anos anteriores no Conservatorio de Lalín e nos dous últimos exerceu o cargo de xefe de estudos.
O vindeiro venres, ás 16,30 horas, o alcalde Luis Aragunde e o novo director, José Bugallo, presentarán o programa do curso 2009-2010 no salón de plenos do Concello. Neste acto explicarán os criterios a seguir no planeamento formativo que rexerá a partir desta nova andaina que comeza a primeira semana de outubro.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s