Humor Grandecheo: QUE FERMOSA É A HUMANIDADE. “UN CANÍBAL.”

Cambados 26 de setembro de 2009

AS CLASES PARA ADULTOS TRASLADÁNSE  “A MERCED”

O INICIO DO CURSO ESTÁ PREVISTO PARA O VINDEIRO DÍA 2 DE OUTUBRO

O vindeiro venres, día 2 de outubro, vaise celebrar nas instalacións da Escola Obradoiro a presentación do alumnado e profesorado para o curso de educación secundaria de adultos 2009-2010, prevéndose o inicio das clases para o luns 5.
Este ano prodúcese un cambio significativo: as clases vanse trasladar, agás nos primeiros días que se celebran na Pastora, ó centro sociocultural da Merced que está adaptado para acoller a discapacitados e, concretamente, a un alumno matriculado que se despraza en cadeira de rodas.
As clases impartiranse de luns a venres, en horario de 20,30 a 22,30 horas, para os arredor de 40 inscritos neste curso. As idades dos alumnos-nas matriculados oscilan entre os 17 e os 50 anos, e con carácter xeral sitúanse nun nivel socioeconómico medio e medio-baixo.
 Concello pioneiro
Cambados foi un dos concellos pioneiros nesta modalidade de ensino, incluindo os cursos de alfabetización. Nos 15 anos deste servizo, sempre se rexistrou un elevado nivel de demanda, como o demostra o feito de que neste tempo pasaron polas aulas da Pastora máis de 500 alumnos.
Os matriculados renderán exame no Instituto de Educación Pública de Adultos (EPA), en Pontevedra. Nos últimos cursos acudiron a estas clases unha media de vintecinco persoas por día que se presentaban a exame cada dous meses. A  asistencia a clase non é obligatoria, por tratarse de ensinanza a distancia.
O grupo de alumnos adoita ser heteroxéneo, pertencentes a distintos sectores laborais, que por distintas razóns non puideron estudar no seu momento e agora pretenden recuperar a formación perdida, amosándose en xeral moi satisfeitos con esta iniciativa.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s