Cambados 24 de Setembro de 2009
TROCOS DE DATAS DE TRES ACONTECEMENTOS
“LA CASA DE BERNARDA ALBA”, “EL ZOO DE CRISTAL” E A “HOMENAXE A RAMÓN ULLOA”
A representación de “La Casa de Bernarda Alba”, que ía realizar a Escola Municipal de Teatro o vindeiro venres, ás 20 horas, no auditorio da Xuventude, aprázase por cuestións técnicas para o sábado, 24 de outubro, no mesmo escenario e á mesma hora.
A posta en escena de “El Zoo de Cristal”, de Tennessee Williams, prevista para este domingo, ás 19 horas, vaise trasladar para o domingo, 18 de outubro, á mesma hora no escenario do auditorio da Xuventude.
O concerto homenaxe ó mestre Ramón Ulloa, que se programou para este sábado, ás 20,30 horas, celebraráse finalmente o domingo día 11 de outubro por mor dun compromiso de Manso e amigos. O concerto incluirá unha fotobiografía do lembrado organista con acompañamento musical.
Durante a fin de semana (sábado e domingo) celebraráse as xornadas de portas abertas nos museos cambadeses para que os poidan visitar libremente todas as persoas que o desexen.
quero felicitar a ulloa de paco o monaguillo este donde estecon todo cariño