Cambados 24 de Setembro de 2009
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
NOS MUSEOS DE CAMBADOS
Os dias 26 e 27 de Setembro, coincidindo coas festas da vendima os museos de Cambados celebrarán as súas xornadas de portas abertas. Esta é unha ocasión magnífica para visitalos nosos museos, xa que moitos cambadeses non os visitaron nunca, xa sabemos que non son o Museo do Prado nin o Moma, pero son parte da nosa propia historia, polo que tentemos coñecer outras cousas coñecendo tamén as nosas.
Este tipo de iniciativas funciona moi ben noutros lugares de España, sendo moi apreciadas pola cidadanía xa que achega a cultura á rúa, xa saben, non hai escusa posible.
Fonte: www.cabamdosweb.net