Humor Grandecheo: DE CABALO REGALADO QUÍTASELLE O PREZO…

Cambados 1 de septembro de 2009

APUNTAMENTOS DE XOSÉ MARIA

"OCOS"

Xosé Maria Vila Ribadomar

Teño ese xeito estraño de lémbrarme de todo, de lembrar todo. Deixo rabiosos ocos no meu diario, coma, se cadra quixera volver. Pero todos saben que me fun, que entre aquelas pedras que forman un cóbado de séculos funme, era o vento do sur, era un vento húmido, que me deixa sempre as mans enxoitas e a gorxa limpa para dicir o que sempre mil veces penso en dicir. Non sei, a mañá esta despoboada, o verán latexa, co peito aberto, coma nunha cirurxía desesperada, apartando a carne e as costelas para atopar a bomba, pulso a pulso, o seu pulo chega ata as últimas consecuencias, ata derradeira pinga de sangue. Adoito perderme moitas veces para sempre nos bosques, alí están os únicos seres que me salvan das profundidades, algúns mesmo foron creados por min mesmo, e sábeno, doulles moito, doulles noxo. Eses grandes mastros que brúan no lobo, que laian no miñato, que senten a motoserra na alma, no ámbar, son cumpridos coas estacións que os estarrecen, que os deixan anelados. E cando comezo a ter conciencia, os que tanto me reclaman arríncanme da carne, para ser peixe, para ser peixe lañado nos muros, arríncanme de min mesmo, desa forma de ser que mesmo me dá medo, pero pola que teño un compromiso atroz con cada sorriso, que sei que ó cabo me vai doer, heino pagar. Polo de hoxe abonda, coa acordanza.

Autor: Xoxé Maria Vila Ribadomar.

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s